Oskar Schlemmer

pintor, escultor, deseñador e coreógrafo alemán

Oskar Schlemmer, nado en Stuttgart o 4 de setembro de 1888 e finado en Baden-Baden o 13 de abril de 1943, foi un pintor, escultor e deseñador alemán relacionado coa Escola da Bauhaus.

Oskar Schlemmer
Oskar Schlemmer by Hugo Erfurth, 1920.jpg
Nacemento4 de setembro de 1888
 Stuttgart
Falecemento13 de abril de 1943
 Baden-Baden
SoterradoWaldfriedhof Stuttgart
NacionalidadeReich Alemão
Ocupaciónescultor, pintor, monicrequeiro, artista, libretista, catedrático de universidade, fotógrafo e deseñador
CónxuxeHelena Schlemmer
FillosKarin Schlemmer e Ute-Jaïna Schlemmer
editar datos en Wikidata ]
Bauhaustreppe (Escaleira da Bauhaus) de Schlemmer (1932), Museum of Modern Art (MoMA), Nova York.

TraxectoriaEditar

Nado en Stuttgart, tivo unha formación en marquetaría. Entrou na Bauhaus de Weimar en 1920. Traballou durante algún tempo no obradoiro de escultura mural e, despois, no de escultura. A súa obra máis famosa é «Triadisches Ballett» (1922), no que os actores aparecen disfrazados de formas xeométricas. Igualmente en Slat Dance e Treppenwitz, o vestiario dos intérpretes fai deles esculturas vivas, coma se fosen parte do escenario. Tamén para o eido da danza fixo o vestiario de "Blonde Marie" con Trudi Schoop en 1938.[1]

En 1923, foi contratado como mestre do obradoiro de teatro. Cando a Bauhaus se trasladou a Dessau, creou teatros de ensaio.

As súas cartas privadas, especialmente as dirixidas a Otto Meyer e Willi Baumeister, e o seu diario persoal deron valiosas referencias do que ocorría na Bauhaus. Especialmente, fala de como o persoal e os estudantes reaccionaban ós moitos cambios e desenvolvementos que ocorrían na escola.

NotasEditar

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

  • VV.AA.: Los maestros de la pintura occidental, volumen II, Taschen, 2005. ISBN 3-8228-4744-5