Winterthur

Coordenadas: 47°29′56″N 8°43′43″L / 47.49889, -8.72861

Winterthur é unha cidade suíza situada no cantón de Zúric, ao norte do país. Con 109.775 habitantes, é a sexta cidade da Confederación por volume de poboación. Chamada abreviadamente polos seus habitantes Winti, hoxe Winterthur é unha cidade de servizos e un importante centro da industria de alta tecnoloxía.

Winterthur
Winterthour
Wappen Winterthur.svg
View of Winterthur.jpg
Localización
Karte Gemeinde Winterthur 2007.png
PaísSuíza Suíza 
CantónFlag of Canton of Zürich.svg Zúric
DistritoWinterthur
Xeografía
Altitude439 msnm
Superficie68,05 km²
Demografía
Poboación109 775
Densidade1 613
Outros datos
Código postal8400
AlcaldeErnst Wohlwend (SPS)

XeografíaEditar

Situada a unha altitude media de 439 metros, Winterthur aséntase nas marxes sur e leste do río Töss. Outro río, o Eulach transcorre tamén pola cidade, motivo polo cal Winti recibe o nome de Cidade do Eulach. A cidade de Zúric está a tan só 30 kms en dirección suroeste.

HistoriaEditar

A historia de Winterthur principia co asentamento romano de Vitudurum. As primeiras edificacións da cidade propiamente dita datan do século VII, e xa no XI era unha cidade amurallada con foxo e torres. No século XIII os Habsburgo adquiriron a vila, pertencendo aos seus dominios ata o ano 1467.

Foi o escenario da batalla homónima en 1799 entre Francia e Austria, no contexto das guerras revolucionarias francesas. Golpeada duramente pola Gran Depresión nos anos 30, Winterthur recuperou o seu pulo económico tras a segunda guerra mundial.

CulturaEditar

A Orquestra de Winterthur (Orchester Musikkollegium Winterthur), a máis vella orquestra de música clásica suíza fundada en 1875, posúe unha recoñecida traxectoria. En 1989 a cidade recibiu o Premio Wakker en recoñecemento pola súa posta en valor e preservación do patrimonio arquitectónico.

O Museo de Arte de Winterthur (Kunstmuseum Winterthur) é o máis importante da cidade. As súas exposicións son de arte comtemporánea, dende o Impresionismo ata os nosos días. Entre as súas pezas atópanse obras de Claude Monet, Paul Cézanne, Vincent van Gogh ou Pablo Picasso.

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar