Dictionary of Greek and Roman Biography and Mythology

The Dictionary of Greek and Roman Biography and Mythology (obra de 1849 aínda que publicado orixinalmente en 1844 cun título lixeiramente diferente) é unha enciclopedia/dicionario biográfico. Editado por William Smith, o dicionario abrangue tres volumes e 3.700 páxinas. É unha obra clásica da lexicografía do século XIX. A obra é unha compañeira do Dictionary of Greek and Roman Antiquities e do Dictionary of Greek and Roman Geography de Smith.[1]

Dictionary of Greek and Roman Biography and Mythology
Dictionary of Greek and Roman Biography and Mythology TITLE.jpg
Portada do primeiro tomo.
Boston, 1867.

Autor/aWilliam Smith.
OrixeReino Unido Reino Unido
Linguainglés
Tema(s)Antigüidade clásica.
Xénero(s)Dicionario enciclopedia.
EditorialLittle, Brown and Company.
Londres.
Data de pub.1849
Páxinas3.700
EditorWilliam Smith
editar datos en Wikidata ]

Autores e alcanceEditar

 
Extracto da entrada referida a Filolao, un filósofo pitagórico (Charles Peter Mason, 1870)

O traballo recolle trinta e cinco autores ademais do editor, que tamén foi o autor dos artigos sen asinar. Os outros autores eran estudosos clásicos, principalmente de Oxford, Cambridge, Rugby School e da Universidade de Bonn, pero algúns eran doutras institucións. Moitas das entradas mitolóxicas foron obra do expatriado alemán Leonhard Schmitz, que axudou a popularizar a erudición clásica alemá en Gran Bretaña.[2]

Con respecto ás biografías, Smith pretendeu ser abranguente. No prefacio, escribiu:

Os artigos biográficos desta obra inclúen os nomes de tódalas persoas de calquera importancia que aparecen nos escritores gregos e romanos, dende os primeiros tempos até a extinción do Imperio de Occidente no ano 476 da nosa era, e ata a extinción do Imperio de Oriente pola toma de Constantinopla polos turcos no ano 1453.

Gran parte do valor do Dicionario consiste non só na profundidade e no detalle dos artigos individuais, senón nas copiosas e específicas citas a escritores gregos e romanos individuais, así como na erudición moderna dende o Renacemento até mediados do século XIX. Os artigos con frecuencia sinalan tradicións variantes, desacordos entre as autoridades e interpretacións dos estudiosos modernos. Non obstante, debido aos sistemas de numeración variables empregados nas diferentes edicións de obras clásicas, e á dificultade para recoñecer os erros tipográficos nas citas, aínda se deben comprobar as fontes orixinais. Moitos dos artigos do Dictionary foron referidos en traballos máis recentes; así, por exemplo, Robert Graves foi acusado de extraer del as fontes das súas impresionantes referencias cando escribiu The Greek Myths.[3]

Samuel Sharpe pensou que Edward Bunbury plaxiara o seu traballo, como escribira nunha entrada no seu diario no 3 de setembro de 1850:[4]

Sen dúbida sentinme mortificado ao ler os artigos sobre os Ptolomeos no "Dictionary of Classical Biography" do doutor Smith. Todos foron escritos por E. H. Bunbury coa axuda da miña "Historia de Exipto", e sen ningún recoñecemento, e mesmo lle tomou prestado o volume ao meu irmán Dan para iso.

Uso e dispoñibilidade hoxeEditar

A obra está agora de dominio público, e está dispoñible en varios lugares de Internet. Unha recensión da cuarta edición do Oxford Classical Dictionary, aclamada na súa primeira edición en 1949 como "o novo Smith",[5] afirma que:[6]

Aínda [é] sorprendentemente útil sobre asuntos fácticos que dependen máis ou menos exclusivamente de fontes literarias antigas, onde as súas entradas tenden a ser exhaustivas e precisas.

O dicionario de Smith, porén, ten fallos substanciais. Troia e Knossos, por exemplo, "os editores aínda [as] consideraban... como fantasías de xoglares".[7] Falta moito, sobre todo descubrimentos máis recentes (como a Constitución dos Atenienses de Aristóteles ou o desciframento da Lineal B) e material epigráfico.

Por outra banda, o contexto no que se miran, analizan, reconcilian e comprenden os feitos antigos cambiou considerablemente nos séculos posteriores e, igualmente, as teorías modernas e as reconstrucións dos acontecementos tampouco están presentes, aínda que só fose porque foron publicadas décadas e séculos despois do Dicionario de Smith.

NotasEditar

  1. VV. AA. 1911, pp. 270-271
  2. Lowe, Nick (20 de decembro de 2005). "Killing the Graves myth". thetimes.co.uk (en inglés). Archived from the original on 01 de xullo de 2016. Consultado o 3 de xullo de 2022. 
  3. Stray 2007, p. 53. "O que Graves non menciona é que as fontes utilizadas para o seu libro foron seleccionadas dos dicionarios de Smith, como se desprende dunha comparación das súas listas de referencias coas de Smith.."
  4. Clayden 1883, p. 197
  5. Stray 2007, p. 53
  6. Green, Peter (febreiro-marzo 2013). The Johns Hopkins University Press, ed. "Reviewed Work: The Oxford Classical Dictionary by Simon Hornblower and Antony Spawforth, Esther Eidinow". The Classical Journal (en inglés) 108 (3): 369–372. ISSN 2327-5812. JSTOR 10.5184/classicalj.108.3.0369. doi:10.5184/classicalj.108.3.0369. 
  7. Stray 2007, p. 53. Citando a Graves, R (1955). "Introduction". The Greek Myths. Harmondsworth: Penguin.

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

  • Clayden, Peter William (1883). Samuel Sharpe, egyptologist and translator of the Bible (en inglés). Londres: Kegan Paul, Trench & Co. 
  • Stray, Christopher (2007). "Sir William Smith and his dictionaries: a study in scarlet and black". Bulletin of the Institute of Classical Studies. Supplement (101): 35–54. ISSN 2398-3264. JSTOR 43768051. 
  • VV.AA (1911). "Smith, Sir William". Encyclopædia Britannica. Vol. 25 (en inglés) (11ª ed.). Cambridge / Nova York: Cambridge University Press. 

Outros artigosEditar

Ligazóns externasEditar