William Smith (lexicógrafo)

lexicógrafo inglés

Sir William Smith, nado no municipio de Enfield, no Gran Londres, o 20 de maio de 1813, e finado en Londres o 7 de outubro de 1893, foi un distinguido lexicógrafo inglés.[1][2][3] Foi doutor en dereito civil nas universidades de Oxford e Dublín, e recibiu o título honorífico de cabaleiro do Imperio Británico en 1892, o ano antes do seu falecemento.[2][4]

William Smith
Datos persoais
Nacemento20 de maio de 1813
LugarEnfield
Inglaterra
Falecemento7 de outubro de 1893
Lugar Londres
Inglaterra
Soterradocemiterio de Highgate
Nacionalidade Británica
EtniaPobo inglés
Actividade
CampoLexicografía, filoloxía clásica, historiografía e edición
Alma máterUniversity College London
Contribucións e premios
Premios1892: Knight Bachelor.
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria Editar

 
Retrato de William Smith.

Estudante Editar

William Smith naceu nunha familia de puritanos anglicanos e cursou os seus primeiros estudos xunto co seu irmán na escola Madras House, en Hackney, da man do relixioso John Allen.[5]

Smith comezou estudos de teoloxía, aínda que acabou por graduarse en dereito. No seu tempo libre e dun xeito autodidacta accedeu á lectura dos autores clásicos, e cando entrou no University College, en Londres, recibiu diversos premios relacionados cos mundos grego e romano.[4]

Chegou a inscribirse na escola profesional de dereito Gray's Inn en 1830, aínda que renunciou a proseguir estes estudos para ocupar un posto na University College School, onde comezou a escribir sobre o mundo clásico.[4]

Lexicógrafo e editor Editar

 
Portada da 2ª edición de A Dictionary of Greek and Roman Antiquities., de William Smith. Boston, 1859.

Centrou a súa atención na práctica lexicográfica. O seu primeiro estudo foi un dicionario das antigüidades das antigas Grecia e Roma titulado Dictionary of Greek and Roman Antiquities, cuxa primeira edición apareceu en 1842, editado por el e autor da maioría do seu contido.[4]

En 1849 publicou o "Dicionario de biografía e mitoloxía gregas e romanas" (Dictionary of Greek and Roman Biography and Mythology) e en 1854 o "Dicionario de xeografía grega e romana" (Dictionary of Greek and Roman Geography), este último xunto con William George Smith e Charles Anthon.[4]

En 1850 publicou o primeiro dos seus dicionarios escolares e en 1853 iniciou a serie Principia, que supuxo un grande avance no ensino do grego e do latín. Máis tarde foi o editor principal de Students' Manuals of History and Literature ("Manuais do estudante de historia e literatura"). O desenvolvemento desta tarefa foi apoiado polo editor John Murray, quen se ofreceu a colaborar cando os editores orixinais comezaron a ter problemas financeiros. Murray era o editor do grande dicionario Latin–English Dictionary based upon the works of Forcellini and Freund, que Smith completou en 1865. [3][6]

The Atlas ("O Atlas"), que contou coa colaboración de George Grove, apareceu en 1875.[4][7]

Smith foi tamén autor de obras moi relevantes acerca de temas relixiosos, sempre desde un punto de vista lexicográfico, entre os que salientan un dicionario da Biblia (Dictionary of the Bible), publicado entre 1860 e 1865, outro sobre as antigüidades cristiás (Dictionary of Christian Antiquities), entre 1875 e 1880, e un terceiro acerca das biografías de personaxes cristiáns (Dictionary of Christian Biography), entre 1877 e 1887.[4]

Entre 1853 e 1869 Smith exerceu como examinador de filoloxía clásica na Universidade de Londres e, logo da súa xubilación, foi elixido membro do Senado, onde formou parte da comisión que se ocupou da regulación dos dereitos de autor. Durante varios anos foi secretario do Royal Literary Fund, unha institución benéfica de axuda a escritores con dificultades económicas. Ademais, foi o editor deEdward Gibbon, con notas de François Guizot, en 1854 e 1855.[4]

En 1867 converteuse en editor da revista política e literaria Quarterly Review, posto que exerceu ata o seu falecemento.[1][4]

Obras salientables Editar

Notas Editar

  1. 1,0 1,1 "William Smith (1813-1893)". Bibliothèque nationale de France.
  2. 2,0 2,1 "Smith, Sir William". Oxford Dictionary of National Biography.
  3. 3,0 3,1 "Latin-English Dictionary". En Ecclesiastical Latin.
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 4,5 4,6 4,7 4,8 "Smith, Sir William". En Encyclopædia Britannica. 1911.
  5. Baker, T. F. T. (1995). "Hackney: Education". En A History of the County of Middlesex: Volume 10: Hackney. Institute of Historical Research.
  6. "Latin-English Dictionary". En Ecclesiastical Latin.
  7. Talbert, R. J. A. (1992). "Mapping the classical world: major atlases and map series 1872-1990." En Journal of Roman Archaeology 5:5-38.

Véxase tamén Editar

Outros artigos Editar