François Guizot
François Pierre Guillaume Guizot, nado en Nimes o 4 de outubro de 1787 e finado en Val-Richer o 12 de setembro de 1874, foi un historiador e político francés.
François Guizot | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 4 de outubro de 1787 e 1787 |
Lugar de nacemento | Nîmes |
Falecemento | 12 de setembro de 1874 e 1874 |
Lugar de falecemento | Abbey of Val-Richer |
Soterrado | Saint-Ouen-le-Pin |
Nacionalidade | Francia |
Relixión | Calvinismo |
Alma máter | Universidade de Xenebra |
Ocupación | político, diplomático, historiador, tradutor, escritor e crítico literario |
Pai | André Guizot |
Nai | Élisabeth-Sophie Bonicel |
Cónxuxe | Pauline de Meulan e Marguerite Guizot |
Fillos | Pauline de Witt, Guillaume Guizot e Henriette Guizot de Witt |
Irmáns | Jean-Jacques Guizot |
Premios | Cabaleiro da Orde do Vélaro de Ouro, Orde do Mérito das Ciencias e as Artes, Gran cruz da Lexión de Honor, Fellow of the American Academy of Arts and Sciences, Grand Cross of the Order of the Redeemer, Ordem de São Januário, Orde do Vélaro de Ouro e Orde do Elefante |
Na rede | |
![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Traxectoria Editar
Naceu no seo dunha familia burguesa hugonote, logo da morte do seu pai na guillotina durante a época do Terror da Revolución francesa, marchou a Xenebra coa súa nai, unha liberal influída polos principios de Jean-Jacques Rousseau. En 1805 trasladouse a París para estudar dereito e a partir de 1809 comezou a colaborar coa prensa parisiense. Casa en 1812 pola primeira vez, e nese ano comezou a dar clases de historia moderna na Sorbona, o 11 de decembro deu a súa primeira lectura e deu comezo ao rexurdimento da investigación histórica en Francia e conseguiu unha destacada posición social na capital francesa, ao tempo que entraba en contacto con Pierre Paul Royer-Collard, un dos líderes do partido liberal francés e serviu no primeiro goberno de Luís XVIII como secretario xeral do Ministerio do Interior, tras a volta de Napoleón dimite e volve aos seus estudos literarios. Na segunda restauración foi secretario xeral do Ministerio de Xustiza ata a súa dimisión en 1816. En 1819 volveu á política como director xeral de comunas e departamentos ata 1820, nese anos converteuse no principal líder dos doutrinarios, partidarios dunha vía intermedia entre o goberno absolutista e o popular. Foi un dos líderes da oposición a Carlos X. Entre 1822 e 1830 publicou dúas importantes coleccións de fontes históricas as Mémoires de l’Histoire d’Angleterre en 26 volumes e Mémoires sur l’Histoire de France en 31 volumes. En 1828 publicou Histoire de la civilisation en Europe e en 1830 a súa Histoire de la civilisation en France en 4 volumes.
Tras a caída de Carlos X e a subida de Luís Filipe ao trono francés, Guizot foi ministro do interior entre agosto e novembro de 1830. En outubro de 1832 ocupou o ministerio de instrución pública e reorganizou o ensino primario, introduciuse o sistema de inspección e dobrouse o número de escolas durante o seu mandato ata que deixa o posto en 1837. Nomeado embaixador no Reino Unido en 1839, asumiu o ministerio de exteriores en 1840. Foi presidente do consello de ministros entre 1847 e 1848, oposto ás reformas parlamentarias e electorais vese obrigado a deixar o poder e marcha ao Reino Unido, regresou en 1849