Biblioteca Nacional de Francia

biblioteca nacional de Francia
(Redirección desde «Bibliothèque nationale de France»)

A Biblioteca nacional de Francia (en francés: Bibliothèque nationale de France), coñecida polo acrónimo BnF e chamada tamén Biblioteca Nacional de París, é unha das bibliotecas máis importantes de Francia e do mundo. Ten o estatuto de estabelecemento público. As súas actividades desenvólvense en diferentes sedes, sendo François Mitterrand a principal, situada no barrio de Tolbiac, na beira sur de París. As outras son a Richelieu-Louvois e a Louvois.

Sala de lectura da Biblioteca Richelieu.

A Biblioteca é moi coñecida pola súa versión dixital, chamada Gallica. Un decreto do ano 1537, que aínda segue en vigor, esixe que a Biblioteca Nacional de Francia garde un exemplar de tódalas obras que se publican en Francia. Actualmente acolle máis de 13 millóns de libros e 350 000 volumes de manuscritos, así como coleccións de mapas, moedas, documentos, selos e rexistros de son.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar