A Dictionary of Greek and Roman Antiquities
A Dictionary of Greek and Roman Antiquities ("Dicionario de antigüidades gregas e romanas"), de William Smith (1813-1893), é unha enciclopedia en lingua inglesa que trata sobre a Antigüidade clásica.
A Dictionary of Greek and Roman Antiquities | |
---|---|
Título orixinal | Dictionary of Greek and Roman Antiquities |
Autor/a | William Smith. |
Orixe | Reino Unido |
Lingua | inglés |
Xénero(s) | Dicionario enciclopedia. |
Editorial | Taylor and Walton. Londres. |
Data de pub. | 1842 (1ª edición) |
Editor | William Smith |
[ editar datos en Wikidata ] |
Publicouse por vez primeira en 1842 e conta con numerosas reedicións posteriores, tanto en Londres como en Boston e en Nova York, algunhas delas revisadas polo autor e aumentadas. Hoxe todas elas son de dominio público.[1][2]
A enciclopedia ocúpase de aspectos como a lexislación, a relixión, a arquitectura, a guerra ou a vida cotiá, entre outros, sempre desde o punto de vista dun clasicista. Este estudo forma parte dunha triloxía de obras de Smith sobre o mundo clásico, completada por outros dous traballos: un sobre a xeografía (Dictionary of Greek and Roman Geography) e outros sobre as persoas e os personaxes mitolóxicos (Dictionary of Greek and Roman Biography and Mythology).
A publicación desta obra produciuse na mesma época en que saíron á luz outras cunha concepción similar en diferentes linguas europeas, como a francesa Dictionnaire des Antiquités grecques et romaines (de Charles Victor Daremberg e Edmond Saglio, comezada en 1877), a alemá Realencyclopädie der classischen Altertumswissenschaft (de August Pauly e Georg Wissowa, comezada en 1839) e a italiana Dizionario epigrafico di antichità romane (de Ettore de Ruggiero, comezada en 1886).[3][4]
Edicións dixitalizadas
editarAs seguintes edicións, todas en vida do autor agás a derradeira, están dixitalizadas e dispoñibles en Internet Archive:
- A Dictionary of Greek and Roman Antiquities.
- Edición de 1842: Londres. Taylor and Walton.
- Edición de 1843: Nova York. American Book Company.
- Edición de 1847: Nova York. Harper & Brothers.
- Edición de 1849: Boston. Charles C. Little & James Brown.
- Edición de 1853: Londres. Walton & Maberly.
- Edición de 1854: Boston. Charles C. Little & James Brown.
- Edición de 1859: Boston. Little, Brown & Company.
- Edición de 1859: Londres. Walton & Maberly.
- Edición de 1865: Boston. Little, Brown & Company.
- Edición de 1870: Nova York. Harper & Brothers.
- Edición de 1873: Londres. John Murray.
- Edición de 1874: Nova York. D. Appleton & Company.
- Edición de 1878: Londres. John Murray.
- Edición de 1878: Nova York. Harper & Brothers.
- Edición de 1882. Londres. John Murray.
- Edición de 1882. Nova York. Harper & Brothers.
- Edición de 1884: Nova York. Harper & Brothers.
- Edición de 1886. Nova York. Harper & Brothers.
- Edición de 1890: Londres. John Murray.
- Edición de 1891: Londres. John Murray.
- A School Dictionary of Greek and Roman Antiquities abridged from the larger dictionary.
- Edición de 1857. Nova York. Harper & Brothers.
- Edición de 1845. Londres. John Murray.
- Edición de 1846. Nova York. Harper & Brothers.
- Edición de 1854. Nova York. Harper & Brothers.
- A Smaller Dictionary of Greek and Roman Antiquities.
- Edición de 1865. Londres. John Murray.
- Edición de 1868. Londres. John Murray.
- Edición de 1874. Londres. John Murray.
- Edición de 1884. Londres. John Murray.
- Edición de 1885. Londres. John Murray.
- A Concise Dictionary of Greek and Roman Antiquities based on William Smith's larger dictionary, and incorporating the results of modern research.
- Edición de 1898. Warre Cornish, F.; Smith, W. Londres. John Murray.
Notas
editar- ↑ "LacusCurtius Educational Resource: a Selection of Articles from A 19th-Century Classical Encyclopaedia". En LacusCurtius: Into the Roman World.
- ↑ En función da edición, o título pode comezar ou non polo artigo inglés "A". O título da primeira edición comeza por el.
- ↑ Introdución da edición de 1890.
- ↑ Valenti, C. (2006). "« Daremberg et Saglio » ou « Saglio et Pottier » ? La difficile gestation d’un dictionnaire savant". En Anabases. Traditions et R´rceptions da l'Antiquité. 4. Páxinas 159-167.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: A Dictionary of Greek and Roman Antiquities |