Biografía

obra literaria que fala da vida dunha persoa

A biografía (do grego βίος bios, que significa 'vida', e γράφειν grάphein, que significa 'escribir') é a historia da vida dunha persoa narrada desde o seu nacemento ata morte, consignando os seus feitos logrados e os seus fracasos, así como todo canto de significativo poida interesar da mesma.

Terceiro volume dunha edición de 1727 do libro Vidas paralelas de Plutarco, impreso por Jacob Tonson.

Para iso adoita adoptar a forma dun relato expositivo e frecuentemente narrativo e en terceira persoa da vida dun personaxe real desde que nace ata que morre ou ata a actualidade. Na súa forma máis completa, sobre todo se se trata dun personaxe do pasado, explica tamén os seus actos con arranxo ao contexto social, cultural e político da época intentando reconstruír documentalmente o seu pensamento e figura. A biografía pode rexistrarse en forma audiovisual ou en forma escrita; neste último caso constitúe un subxénero literario da Historia que se divide á súa vez en diversos subxéneros.

Orixe e historia

editar

O termo data do século XVII e con el denomínase un xénero autónomo cultivado dende a antigüidade. Nos seus comezos, xa dende as Vidas paralelas de Plutarco, a biografía responde a un propósito edificante e moralizante, orientación que seguiu na Idade Media. Foi no Renacemento cando comeza en Italia o estudo de persoas ilustres de maneira individualizada, o cal contribuíu ao desenvolvemento do concepto da biografía, con persoeiros como Boccaccio, Vasari, Vilani ou Maquiavelo. Posteriormente, no período romántico, o xénero biográfico toma dúas direccións diferentes: afonda na vida psíquica do biografiado ou procura, por enriba de todo, a amenidade literaria, sacrificando a verdade do personaxe.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar