Autobiografía
A autobiografía[1] é un xénero literario consistente no relato da propia existencia.

Exemplos Editar
Na literatura galega é moi pouco frecuente a autobiografía pura. Non obstante, existen obras de corte autobiográfico como Arredor de Si de Otero Pedrayo en que o escritor se converte en testemuña dunha época e dun colectivo. Neste caso, Otero achéganos a evolución ideolóxica da Xeración Nós. Tamén Ricardo Carvalho Calero nos amosa na súa novela Scórpio os seus anos de mocidade e intúese a de escritores contemporáneos.
Este xénero gaña protagonismo na segunda década dos anos 2000 na literatura mundial. En Galiza, nos últimos anos, certos escritores danlle pulo a este xénero literario. Berta Dávila publica Illa Decepcion e Carrusel, Gonzalo Hermo Diario dun enterro e Xosé Carlos Carracedo o libro Diario dun Confinamento.
Notas Editar
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para autobiografía.
Véxase tamén Editar
Outros artigos Editar
Este artigo sobre literatura é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |