Pitágoras de Samos, en grego Πυθαγόρας, nado na illa de Samos no ano 582 a.C e finado en Metaponto no 496 a.C, foi un filósofo e matemático grego, famoso polo seu teorema, o Teorema de Pitágoras.

Modelo:BiografíaPitágoras

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(grc) Πυθαγόρας ὁ Σάμιος Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(grc) Πυθαγόρας Editar o valor en Wikidata
586 a. C. ↔ 569 a. C. Editar o valor en Wikidata
Samos, Grecia Editar o valor en Wikidata
Mortedécada de 490 a. C. Editar o valor en Wikidata
Metaponto, Italia Editar o valor en Wikidata
ResidenciaCrotone Editar o valor en Wikidata
RelixiónPitagóricos Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoXeometría, matemáticas, Ética, política, filosofía, astronomía, música e metafísica Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónmatemático, escritor, musicólogo, político, filósofo, teórico da música Editar o valor en Wikidata
Período de tempoGrecia Antiga e filosofía grega Editar o valor en Wikidata
MovementoPitagóricos e Filosofía occidental Editar o valor en Wikidata
ProfesoresAnaximandro de Mileto, Temistocleia (pt) Traducir, Hermodamas (en) Traducir, Ferécides de Siros e Tales de Mileto Editar o valor en Wikidata
AlumnosFilolao e Empédocles Editar o valor en Wikidata
Influencias
Obra
Obras destacables
Familia
CónxuxeTeano de Crotone Editar o valor en Wikidata
FillosTelauge, Arignote, Mnesarchus, Myia, Damo Editar o valor en Wikidata
PaiMnesarchus Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteEnciclopedia Católica, (sec:Pythagoras and Pythagoreanism)
Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1160617 Musicbrainz: 37d51ffa-e38a-4c20-8f79-4cb842c94e70 Editar o valor en Wikidata

Fontes biográficas

editar

Os datos verificables sobre a vida de Pitágoras son escasos dado que non existen textos da súa autoría nin biografías firmadas por contemporáneos.

Os primeiros escritos detallados, que datan de entre 150 e 250 anos despois da súa morte, se basean en historias transmitidas de maneira oral e mostran grandes diferenzas entre si. Así mesmo, moitos mitos e lendas se forxaron en torno á súa persoa, motivados probablemente por el mesmo, pero tamén debido á natureza da doutrina pitagórica e dos seus seguidores: unha confraternidade hermética, rexida por símbolos místicos e costumes esotéricas.

Nos séculos posteriores á súa morte, as anécdotas sobre Pitágoras e as súas fazañas se vigorizaron, alimentadas por esta falta de información directa, pero tamén grazas á influencia da escola pitagórica mesma. No século I a.C., era común representalo coma un ser sobrenatural. Algúns tratados incluso foron escritos no seu nome e no doutros pitagóricos,​ e moitas fábulas e invencións foron recollidas e esaxeradas por algúns filósofos neoplatónicos e neopitagóricos.

Traxectoria

editar

O pai de Pitágoras foi Mnesarco, un mercador de Tiro, e a súa nai Pythais, orixinaria de Samos, en Xonia. A maioría dos historiadores concordan en que a súa vida pública xorde cara ó 532 a.C., en tempos de Polícrates e de Tarquinio o Soberbio.[nota 1]

Pitágoras viviu os primeiros anos da súa vida en Samos e acompañou ó seu pai en moitas das súas viaxes; era certamente instruído: aprendeu a tocar a lira, a escribir poesía e a recitar a Homero. É posible que o seu pai o levase a Tiro e que alí recibise instrución de caldeos e homes instruídos de Siria. Entre os seus profesores, menciónase a tres filósofos: Ferécides de Siros, a quen a miúdo se describe como o mestre de Pitágoras; Tales e o pupilo deste, Anaximandro. Segundo Iámblico, na súa Vida de Pitágoras, á idade de 18 ou 20 anos, Pitágoras visitou a Tales, en Mileto. Aínda que Tales xa debía ser un ancián nese entón, exercería unha forte impresión no mozo Pitágoras, interesándoo polas matemáticas e a astronomía, e aconsellándolle visitar Exipto para aprender máis sobre estas cuestións. Anaximandro impartía as ensinanzas de Tales, lecturas ás cales asistiu Pitágoras, e moitas das súas ideas sobre xeometría e cosmoloxía influíron na súa propia visión.

 
Cidade de Crotone na Magna Grecia, área de influencia de Pitágoras e os pitagóricos.

Foi crenza común na Antigüidade que Pitágoras emprendeu longas viaxes co propósito de recompilar a información científica alcanzable da súa época directamente das fontes.[nota 2] Con este fin visitaría non só Exipto, senón tamén Arabia, Fenicia, Babilonia e mesmo a India. O paso de Pitágoras por Exipto pode ser visto como máis que probable; Polícrates establecera unha alianza e existían fortes lazos entre a illa de Samos e Exipto nese momento. En 525 a. C. Cambises II, rei de Persia, invadiu Exipto. A alianza con Polícrates rompeu e, trala Batalla de Pelusium, Cambises capturou Heliópolis e Memphis. Segundo Iámblico, Pitágoras foi conducido a Babilonia como prisioneiro de guerra polos seguidores de Cambises. Alí, asociaríase cos «magies», instruíndose nos seus ritos sacros e os «cultos mistéricos dos deuses», así como as ciencias matemáticas cultivadas polos babilonios. Non está claro como obtén a súa liberdade, aínda que as mortes de Polícrates e de Cambises -ambas acaecidas en 522 a. C.- poden ser factores determinantes para que Pitágoras emigrase ó sur de Italia e se establecera na cidade de Crotone.

Non existe ningunha certeza sobre o tempo que Pitágoras pasou en Exipto ou no Leste, nin das súas vicisitudes en Samos ou outras cidades gregas antes da súa chegada a Italia. Tampouco hai evidencia directa do tipo e a cantidade de coñecementos que puido adquirir, nin de como chegou ás súas conclusións filosóficas definitivas. Algúns relatos suxiren que visitou os templos e participou en discusións cos sacerdotes, iniciándose nos ritos e crenzas que logo imporía á sociedade que fundou en Italia. Entre os novos costumes que Pitágoras adoptou, poden mencionarse os segredos, o vexetarianismo, o rexeitar vestir roupas feitas de pel de animais e a súa teimosía na pureza. Con todo, é difícil determinar ata que punto Pitágoras é tributario dos sacerdotes exipcios, ou sequera se lles debe algo do todo; estas características só exhiben o que facilmente podería ser desenvolvido por unha mente grega exposta ás influencias ordinarias do seu tempo. Incluso as fontes máis antigas apuntan a resultados similares ó tentar conectar as peculiaridades relixiosas e ascéticas de Pitágoras cos misterios órficos ou de Creta,[1] ou co oráculo de Delfos. Porfirio sinala que Pitágoras aprendeu xeometría dos exipcios, pero dado o carácter soamente práctico do cultivo desta ciencia polos matemáticos exipcios, a influencia directa a partir dos ensinos de Tales e de Anaximandro parece máis probable. Das visitas que realizou a varios lugares en Grecia -Delos, Esparta, Fliunte, Creta, e outros cos que se lle relaciona-, Pitágoras aparece comunmente retratado no seu carácter de relixioso ou de lexislador.

As razóns polas que elixiu Crotone como centro das súas actividades son fonte de especulación. Segundo Dióxenes, fíxoo para escapar da tiranía de Polícrates, aínda que é máis probable que fose debido ó escaso éxito con que foron acollidas as súas ensinanzas na súa cidade natal, ademais de que se lle esixía que participase dos asuntos públicos e de política. Tamén se menciona a fama desta cidade no cultivo da medicina como posible influencia.

En Crotone, fundou unha escola filosófica e relixiosa que rapidamente cobrou notoriedade e atraeu numerosos seguidores. Pitágoras foi a cabeza desta sociedade dentro dun restrinxido círculo de adeptos coñecidos como matematikoi. Segundo algúns relatos, casou con Téano, de Crotone, e tiveron unha filla, Damo, e un fillo, Telauges, outros din que foron dúas fillas, Damo e Myia, outros dan noticia de que xa tiña esposa e filla cando chegou a Italia.

A evidencia sobre o lugar e o ano da morte de Pitágoras é incerta. Unhas fontes indican que morreu en 532 a. C.,[2] pero realmente, en 508 a. C. a Sociedade Pitagórica de Crotone foi violentamente atacada e Pitágoras escapou a Metaponto, lugar onde terminaría os seus días (algúns autores afirman que se deixou morrer de fame). Iámblico refire a seguinte versión dos feitos: Cilón, un cidadán nobre de Crotone, líder por nacemento, rico e poderoso, pero tamén violento e tiránico, desexaba ansiosamente participar do modo de vida dos pitagóricos. Achegouse a Pitágoras, para entón un home maior, pero foi rexeitado en virtude dos defectos de carácter antes mencionados. Cilón decidiu tomar vinganza e xurou perseguir aos pitagóricos ata o último home. Esta é a versión maioritariamente aceptada polos historiadores, pero Iámblico discútea, argüíndo que o ataque de Cilón foi un asunto menor e que Pitágoras regresou a Crotone. Certamente a Sociedade Pitagórica prosperou por moitos anos despois deste acontecemento e propagouse cara a outras cidades italianas.[nota 3]

A súa tumba foi exhibida en Metaponto en tempos de Cicerón.

  1. A información cronolóxica respecto das datas de nacemento e morte de Pitágoras, así como a duración da súa vida, foron estimadas na Antigüidade e non permiten fixar as datas exactamente, aínda que adoita recoñecerse que viviu ata unha idade avanzada.(Guthrie, op. cit. p. 173) Aristóxeno (citado en Porfirio, Vida de Pitágoras, 9) indica que Pitágoras abandona Samos durante o reinado de Polícrates, á idade de 40 anos. Antíloco e Eratóstenes sitúan o seu nacemento a finais do século VII a.C. Pola súa banda, Iámblico calcula que tería ó redor de cen anos ó morrer (Vida pitagórica, 265).
  2. Dióxenes, Porfirio, Iámblico
  3. Segundo P. Gorman, isto reforza a idea de que Pitágoras volveu a Crotone, e cita como evidencia a súa lonxevidade, así como o feito de que varias fontes aseguran que ensinou a Empédocles, co que tería que vivir ata despois de 480 a. C. (P. Gorman, Pythagoras, a life, 1979).
Referencias
  1. Iámblico, 25; Porfirio, 17; Dióxenes Laercio, viii, 3.
  2. Ríos Pedraza, Francisco; Haya Segovia, Fernando (2009). "La filosofía antigua". En Amodeo Escribano, Marisa; Scott Blacud, Elizabeth; López Vera, Eduardo; García Olaya, Silvia. Historia de la Filosofía. San Fernando de Henares: Oxford Univesity Press España, Sociedad Anónima. p. 5. ISBN 9788467351477. Consultado o 15 de maio de 2017. 

Véxase tamén

editar