Cicerón

xurista, político, filósofo, escritor e orador romano
(Redirección desde «Marcus Tullius Cicero»)

Marco Tulio Cicerón[1][2][3] (en latín Marcus Tullius Cicero, pronunciado ['mar.kʊs 'tul.liʊs 'ki.ke.ro:]; máis coñecido por Cicerón) nado en Arpino o 3 de xaneiro do 106 a. C. e finado en Formia o 7 de decembro do 43 a. C. foi un xurista, político, filósofo, escritor e orador romano. Está considerado coma un dos maiores retóricos e estilistas da prosa en latín da República romana.[4][5]

Modelo:BiografíaCicerón

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(la) M.Tullius M.f.M.n. Cor. Cicero Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento3 de xaneiro de 106 a. C. Editar o valor en Wikidata
Arpino (Roma Antiga) Editar o valor en Wikidata
Morte7 de decembro de 43 a. C. Editar o valor en Wikidata (63 anos)
Formia (Roma Antiga) Editar o valor en Wikidata
Causa da mortehomicidio, decapitación Editar o valor en Wikidata
Senador romano
valor descoñecido – 43 a. C.
Cuestor
75 a. C. – 75 a. C.
Plebeian aedile (en) Traducir
69 a. C. – 69 a. C.
Pretor
66 a. C. – 66 a. C.
Xunto con: Gaius Aquilius Gallus (en) Traducir
Cónsul romano
63 a. C. – 63 a. C.
Xunto con: Caio António Híbrida (pt) Traducir
Áugure (pt) Traducir
53 a. C. – 43 a. C.
Gobernador romano Cilicia
O suxeito ten un papel: procónsul
51 a. C. – 50 a. C. Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónRelixión na Roma antiga Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoFilosofía, Retórica e literatura Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónfilósofo, político da Roma antiga, militar da Roma antiga, avogado, orador, Ancient Roman priest (en) Traducir, xurista, escritor, poeta, teórico político, político Editar o valor en Wikidata
Período de tempoRepública Romana Tardía Editar o valor en Wikidata
MovementoCeticismo acadêmico (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
ProfesoresAntíoco de Ascalón, Filón de Lárisa, Apolónio Mólon (pt) Traducir, Lucius Aelius Stilo Praeconinus (en) Traducir e Tyrannion of Amisus (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
AlumnosSérvio Sulpício Rufo (pt) Traducir e Caio Trebácio Testa (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
FamiliaTullii Cicerones (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
CónxuxePublilia (valor descoñecido–45 a. C.), divorcio
Terentia (79 a. C.–46 a. C.) Editar o valor en Wikidata
FillosTullia
 () Terentia
Marco Túlio Cícero Minor
 () Terentia Editar o valor en Wikidata
PaisMarcus Tullius Cicero Editar o valor en Wikidata  e Helvia Editar o valor en Wikidata
IrmánsQuinto Túlio Cícero Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
58 a. C.exilio
57 a. C.Repatriamento (pt) Traducir
43 a. C.proscrición Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteEncyclopedia of Political Theory (2010 ed.) (en) Traducir, (sec:Cicero, Marcus Tullius (106-43 BCE), p.175-178)
Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Editar o valor en Wikidata
BNE: XX841248 Bitraga: 754 Musicbrainz: 5c8bd706-95c3-4e91-9388-27a944203a16 Discogs: 2648999 Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar
 
Clásicos en Galego 14: Sobre a vellez e Sobre a amizade.

Cicerón naceu nunha antiga familia do Lacio, a quen se lle dera a cidadanía romana soamente en 188 a.C.. O pai proporcionou aos dous fillos, Marco, o máis vello, e Quinto, unha educación moi completa, sendo Marco Tulio entregado aos coidados do célebre senador e xurista romano Mucio Escévola. Viviu nun período especialmente turbulento da historia de Roma. Despois do asasinato de Xulio César, enfronta con Marco Antonio e é degolado cando tenta fuxir para o Oriente.

Cicerón é, con Demóstenes, o mellor expoñente da oratoria clásica. Pola súa voz, postura, xenio, paixón e capacidade de improvisación está dotado para o exercicio da elocuencia. Son famosos os seus discursos contra Verres, en prol da Lei Manilia, contra Catilina (as famosas Catilinarias), en favor de Milón e de Marcelo e contra Marco Antonio. É autor de diversos tratados filosóficos sobre o Estado, o ben, o coñecemento, a vellez, o deber, a amizade etc., que transmiten a tradición do pensamento grego. As súas propias ideas sobre a arte da oratoria, así como unha historia desta, exprésanse en tratados escritos de forma dialogada, como De Oratore, Brutus, Orator etc. Salienta tamén De officiis, escrita en forma epistolar. Ata nós chegan case un millar de cartas de Cicerón sobre temas variados que constitúen un valioso conxunto documental. Cícero desenvolve a prosa latina ata a levar á súa perfección, do mesmo modo que Virxilio e Horacio o fan coa poesía.

Cicerón denuncia a conspiración de Catilina no Senado romano, no 63 a.C. Os seus discursos tornáronse referencia filosófica e base gramatical para o latín.

Recoñecido coma un dos máis importante autores da historia romana, é responsable da introdución das máis célebres escolas filosóficas gregas na literatura republicana, así como da creación dun léxico filosófico en latín. Grande orador e reputado letrado, Cicerón centrou toda a súa atención na súa carreira política. Actualmente é recordado polos seus escritos de carácter humanista,[6] filosófico e político. As súas cartas, a maioría enviadas a Ático, gozaron dun gran recoñecemento pola introdución dun estilo epistolar depurado na literatura europea. Cornelio Nepote destacou a riqueza ornamental destas cartas, escritas «sobre as inclinacións dos xefes, os vicios dos xenerais e as revolucións estatais», que transportan ó lector a esa época.[7]

 
Clásicos en Galego 15: Cartas.

Coma un dos máximos defensores do sistema republicano tradicional, combateu como puido a ditadura de Xulio César. Porén, durante a súa propia carreira non dubidou en cambiar de postura dependendo do clima político. Atribúese esta indecisión ó seu carácter sensible e impresionable, posto que era propenso a reaccionar de xeito excesivo ante os cambios. O erudito Asinio Polión escribiu del:

¡Ogallá puidese soportar a prosperidade con maior autocontrol e a adversidade con maior fortaleza![8][9]
  1. "Cicerón, Marco Tulio". Diccionario enciclopédico galego universal 15. La Voz de Galicia. 2003-2004. p. 124. ISBN 84-7680-429-6. 
  2. "Cicerón, Marco Tulio". Diciopedia do século 21 1. Do Cumio, Galaxia e do Castro. 2006. p. 512. ISBN 978-84-8288-942-9. 
  3. "Cicerón, Marco Tulio". Enciclopedia Galega Universal 5. Ir Indo Edicións. 1999-2002. p. 341. ISBN 84-7680-288-9. 
  4. Rawson, E.: Cicero, a portrait (1975) p.303
  5. Haskell, H.J.: This was Cicero (1964)p.300-301
  6. A. Ortega Carmona El humanismo europeo y otros ensayos
  7. Cornelio Nepote, Atticus trad. John Selby Watson.
  8. Haskell, H.J.:"This was Cicero" (1964) p.296
  9. Castren and Pietilä-Castren: "Antiikin käsikirja" /"Handbook of antiquity" (2000) p.237

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar