República Romana
- Para os Estados modernos do mesmo nome, véxase República Romana (1798-1799) e República Romana (1849).
A República Romana (Res Publica Romanorum, en latín) foi o goberno representativo de Roma e os seus territorios dende o ano 510 a.C. ata o establecemento do Imperio Romano no 27 a.C.
RES-PVBLICA ROMANORVM República Romana | ||||
| ||||
Lema: Senatvs Popvlvsqve Romanvs (SPQR) (Latín: O Senado e o Pobo Romano) | ||||
Provincias romanas na véspera do asasinato de Xulio César, arredor do ano 44 a.C. | ||||
Capital | Roma | |||
Lingua | Latín1 | |||
Relixión | Politeísmo romano | |||
Goberno | República oligárquica | |||
Cónsul | ||||
• 509 - 508 a.C. | Lucio Xunio Bruto Lucio Tarquinio Colatino | |||
• 27 a.C. | Octavio Augusto Marco Vipsanio Agripa | |||
Período histórico | Antigüidade clásica | |||
• Violación de Lucrecia | 529 a.C. | |||
• César procl. ditador | 44 a.C. | |||
• Batalla de Áccio | 2 de outubro de 31 a.C. | |||
• Octavio procl. Augusto | 16 de xaneiro de 27 a.C. | |||
Superficie | ||||
• 326 a.C. | 10.000 km² | |||
• 200 a.C. | 360.000 km² | |||
• 146 a.C. | 800.000 km² | |||
• 100 a.C. | 120,000 km² | |||
• 50 a.C. | 1.950.000 km² | |||
Moeda | Varias | |||
1 Tamén se falaban de xeito non oficial moitas linguas como o exipcio, o grego ou o hebreo. |
HistoriaEditar
Antes do triunviratoEditar
Na república, as atribucións do rei pasaron a ser exercidas por dous cónsules durante un ano que poden, con permiso do Senado romano, designar un ditador con poderes case ilimitados pero temporais (seis meses). Co cambio de réxime comezaron as longas loitas entre dúas clases sociais: os patricios e os plebeos. Arredor do ano 300 a.C. os patricios tiveron que ceder e os plebeos alcanzaron a igualdade legal (máis aparente que real). A causa disto foi a situación exterior de Roma, que ata o ano 202 a.C estivo implicada sucesivamente en guerras contra os etruscos, os latinos, os volscos, os equos e os samnitas (guerras samnitas). Ao final destas guerras, Roma gobernaba toda Italia e estendíase alén do Mediterráneo coa conquista de Taranto (272 a.C.) e, seguindo coa súa política de expansión enfrontouse a Cartago nas guerras púnicas. Tras a derrota destes no ano 146 a.C., Roma pasou a controlar o norte de África. Nese mesmo ano Corinto foi arrasada e Macedonia conquistada; Roma adquiría así o control das dúas beiras do Mediterráneo e emprendía a conquista da Península Ibérica e das Galias.
Tras estas conquistas tivo lugar un intento de reforma agraria por parte dos irmáns Graco que trataba de mellorar a situación da plebe, cada día máis miserábel e numerosa. Pero a tentativa fracasou e a nobreza seguiu conservando a súa superioridade. A guerra de Numidia fixo que Mario destacase pola captura do rei Iugurta no 105 a.C., comezando así unha crise social debida á rivalidade entre Mario (apoiado polas clases populares) e Sila (apoiado pola aristocracia), na que este último venceu e se proclamou ditador sen límite temporal (82 a.C.).
TriunviratoEditar
No ano 60 a.C., tras a abdicación de Sila, Pompeio tomou o poder e formou un triunvirato con Xulio César e Craso. A loita polo poder desencadeou unha guerra civil que deixou a César como ditador ata o seu asasinato en marzo do 44 a.C.. A súa morte levou a unha guerra civil entre Marco Antonio e Octavio Augusto.
Véxase taménEditar
Outros artigosEditar
Este artigo sobre historia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |