Biblioteca Galega de Clásicos Universais

colección de corenta libros de clásicos da literatura universal

A Biblioteca Galega de Clásicos Universais é unha colección de corenta[1] libros de clásicos da literatura universal traducidos á lingua galega, dirixida por Tucho Calvo, distribuída en Galicia polo xornal La Voz de Galicia durante os anos 2005 e 2006, polo prezo dun euro cada exemplar.[2]

Descrición editar

A maioría dos títulos xa foran publicados con anterioridade por distintas editoriais (Xerais, Galaxia, Tris Tram, Ir Indo, Sotelo Blanco, Edicións do Cumio…).

A primeira entrega, o domingo 4 de setembro de 2005, gratuíta, foi Romeo e Xulieta (o número 4 da colección).

Títulos, autores, tradutores e outros datos da colección:[3][4]

1- Banquete de Platón, 95 pp. Tradución de Carlos Búa Carballo. ISBN 84-9757-186-X.
2 - Sobre a vellez e Sobre a amizade de Cicerón, 150 pp. T. de Xosé Carballude e Xosé M.ª Liñeira. ISBN 84-9757-220-3.
3 - O príncipe de Niccolò Machiavelli, 144 pp. Tradución de Isabel González. ISBN 84-9757-213-0.
4 - Romeo e Xulieta de William Shakespeare, 183 pp. Trad. de Miguel Pérez Romero. ISBN 84-9757-176-2.
5-I - Don Quixote I de Miguel de Cervantes, 631 pp. T. de Valentín Arias et al. ISBN 84-9757-178-9.
5-II - Don Quixote II de Miguel de Cervantes, 700 pp. T. de Valentín Arias et al. ISBN 84-9757-179-7.
6 - O reiciño de Galicia de Victor Hugo, 138 pp. Trad. de Henrique Harguindey Banet. ISBN 84-9757-203-3.
7 - O enfermo imaxinario de Molière, 156 pp. Trad. de Manuel Guede e Eduardo Alonso. ISBN 84-9757-218-1.
8 - Robinson Crusoe de Daniel Defoe, 346 pp. Tradución de Gonzalo Navaza Blanco. ISBN 84-9757-206-8.
9 - Cándido ou o optimismo de Voltaire, 173 pp. Tradución de Henrique Harguindey. ISBN 84-9757-184-3.
10 - Fausto de Goethe, 605 pp. Tradución de Lois Tobío Fernández. ISBN 84-9757-219-X.
11 - Frankenstein de Mary Shelley, 290 pp. T. de Fernando R. Tato Plaza. ISBN 84-9757-191-6.
12 - Contos de Edgar Allan Poe, 222 pp. Tradución do equipo da Editorial Tris Tram. ISBN 84-9757-196-7.
13 - Vermello e negro de Stendhal, 674 pp. Tradución de Antonio Pichel Lorenzo. ISBN 84-9757-202-5.
14 - A Venus de Ille e As ánimas do purgatorio de Mérimée, 124 pp. Trad de C. Pedreira e R. Villanueva. ISBN 84-9757-214-9.
15 - Un conto de Nadal de Charles Dickens, 100 pp. Tradución de Alfonso Prada. ISBN 84-9757-217-3.
16 - A dama das camelias de Alexandre Dumas, 259 pp. Tradución de Antonia Vega Prieto. ISBN 84-9757-182-7.
17 - O manifesto comunista de Karl Marx, 94 pp. Tradución de Franck Meyer. ISBN 84-9757-197-5.
18 - Madame Bovary de Gustave Flaubert, 424 pp. Tradución de Antonio Pichel Lorenzo. ISBN 84-9757-181-9.
19 - Vinte mil leguas baixo dos mares de Jules Verne, 540 pp. T. de Mercedes Pacheco e Llerena Perozo. ISBN 84-9757-212-2.
20 - Un estudo en escarlata de Conan Doyle, 157 pp. T. de Bieito Iglesias Araujo e Manuel Vázquez. ISBN 84-9757-190-8.
21 - Crime e castigo de Fiódor Dostoievski, 721 pp. Trad. de Ekaterina Guerbek. ISBN 84-9757-185-1.
22 - Sobre os males que provoca o tabaco e outras pezas de Chekhov, 94 pp. T. de F. Pillado Mayor. ISBN 84-9757-200-9.
23 - Dr. Jekill e Mr. Hyde de Robert Louis Stevenson, 104 pp. T. de Sara Ruíz e Xosé Ramón Díaz. ISBN 84-9757-225-4.
24 - De profundis de Oscar Wilde, 161 pp. T. de Fidelina Seco Villarino e Luz Cao Losada. ISBN 84-9757-208-4.
25 - A guerra dos mundos de H. G. Wells, 241 pp. Trad. de G. Constenla e Esther Sánchez Rodríguez. ISBN 84-9757-199-1.
26 - Á busca do tempo perdido. I Pola banda de Swann de Proust, 483 pp. T. de Xesús Riveiro Costa. ISBN 84-9757-193-2.
27 - A metamorfose de Franz Kafka, 83 pp. Tradución de Xosé María García Álvarez. ISBN 84-9757-205-X.
28 - A liña de sombra de Joseph Conrad, 171 pp. T. de Benigno Fernández e Ana Isabel Iglesias Francos. ISBN 84-9757-210-6.
29 - Siddhartha de Hermann Hesse, 149 pp. Tradución de Frank Meyer. ISBN 84-9757-192-4.
30 - Galicia vista por un inglés de Aubrey F. G. Bell, 213 pp. Trad. de Xosé María Gómez Clemente. ISBN 84-9757-195-9.
31 - Os sonetos a Orfeu de Rainer Maria Rilke, 79 pp. Tradución de Lois Tobío Fernández. ISBN 84-9757-221-1.
32 - Enderezo descoñecido de Kressman Taylor, 63 pp. Tradución de Emma Lázare Rodríguez. ISBN 84-9757-226-2.
33 - A sinfonía pastoral de André Gide, 94 pp. Tradución de Leandro García Bugarín. ISBN 84-9757-224-6.
34 - Asasinato no Orient Express de Agatha Christie, 276 pp. Trad. de Alberte Álvarez Lugrís. ISBN 84-9757-183-5.
35 - O Principiño de Antoine de Saint-Exupéry, 96 pp. Tradución de Carlos Casares. ISBN 84-9757-209-2.
36 - As palabras de Jean-Paul Sartre, 201 pp. Trad. de Dulce Fernández Graña e François Davo. ISBN 84-9757-227-0.
37 - O terceiro home de Graham Greene, 142 pp. Trad. María Dolores Martínez Torres. ISBN 84-9757-201-7.
38 - Á espera de Godot de Samuel Beckett, 149 pp. T. de Francisco Pillado Mayor. ISBN 84-9757-207-6.
39 - Traballo de campo de Seamus Heaney, 93 pp. Tradución de Vicente Araguas Álvarez. ISBN 84-9757-180-0.
40 - Ana, soror de Marguerite Yourcenar, 95 pp. T. de G. Constenla, M.ª X. Queizán e Esther Sánchez. ISBN 84-9757-198-3.

Notas editar

  1. 41 volumes, por ser dobre Don Quixote (números 5.I e 5.II).
  2. "A Biblioteca de Clásicos recolle o mellor de dous milenios de letras". La Voz de Galicia. 27/8/2005. 
  3. Proxecto Meiga Rede de Bibliotecas de Galicia.
  4. Base de datos de libros editados en España Ministerio de Educación, Cultura e Deporte de España

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar

Imaxes externas
  Imaxes dos lombos

Ligazóns externas editar