Enderezo descoñecido

novela de Kressmann Taylor

Enderezo descoñecido[1] (título orixinal en inglés: Address Unknown) é o primeiro libro da escritora estadounidense Kathrine Kressmann Taylor, escrito baixo o nome de pluma Kressmann Taylor, publicado por primeira vez na súa versión completa en Story Magazine en 1938 nos Estados Unidos, un ano antes do estalido da segunda guerra mundial .

Enderezo descoñecido
Título orixinalAddress Unknown
Autor/aKathrine Kressmann Taylor
OrixeEstados Unidos de América
LinguaInglés
ColecciónBiblioteca Galega de Clásicos Universais
Xénero(s)Novela
EditorialGalicia Edicións Xerais
Data de pub. 1938
Galicia 2002
FormatoRústico
Páxinas69 (gl)
ISBNISBN 84-8302-764-X
TraduciónEmma Lázare Rodríguez
editar datos en Wikidata ]

Toma a forma dunha correspondencia epistolar ficticia do 12 de novembro de 1932 ó 3 de marzo de 1934 entre dous moi bos amigos, Martin Schulse, de 40 anos, alemán e pai de tres mozos, e Max Eisenstein, de 40 anos, solteiro de orixe xudía. Ámbolos dous son socios dun próspero negocio de pintura en San Francisco, a Galería Schulse-Eisenstein.

Foi traducida ó galego por Emma Lázare Rodríguez e publicada por Edicións Xerais no ano 2002.[1] No ano 2005, foi publicado de novo cunha tradución de Lázare Rodríguez dentro da colección Biblioteca Galega de Clásicos Universais.[2] No ano 2010, foi publicada de novo por Edicións Xerais.[3]

Notas editar

Véxase tamén editar

Outros artigos editar