Carlos Pedreira López

naturalista, ornitólogo, delineante e mestre galego

Carlos Pedreira López, nado o 8 de setembro de 1945 en Pontedeume, é un naturalista, ornitólogo, delineante naval e mestre de educación primaria galego.[1]

Infotaula de personaCarlos Pedreira López
Biografía
Nacemento8 de setembro de 1945 Editar o valor en Wikidata (79 anos)
Pontedeume, España Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor en Wikidata
Formación profesionaldelineante naval, diplomado en educación primaria
Actividade
Ocupaciónnaturalista, ornitólogo e tradutor
LinguaLingua galega e lingua castelá Editar o valor en Wikidata

BNE: XX1063550 BUSC: pedreira-lopez-carlos-1945 Dialnet: 205638

Traxectoria

editar

Cursou os estudos de Delineación naval e, posteriormente, os da diplomatura de educación primaria, na Escola de Maxisterio de Santiago de Compostela, exercendo como mestre de educación primaria no antigo CEIP Bispo Guerra Campos,[1] de Bertamiráns (hoxe CEIP A Mahía),[2] até a súa prexubilación en 2006.

Foi membro fundador do Grupo Ornitolóxico Galego (GOG), no que ocupou o cargo de vicepresidente, e un dos promotores da creación da Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN), da que foi membro activo.

Interesado especialmente pola nomenclatura das aves galegas, realizou, en colaboración con Xosé Manuel Penas Patiño a recollida e estudo desas voces, que deron como froito varios artigos aparecidos na revista de filoloxía Verba, da Universidade de Santiago de Compostela.

Colaborou na Gran Enciclopedia Gallega en voces sobre avifauna e algunhas outras.

Así mesmo, dirixiu cursos de ornitoloxía e educación ambiental dirixidos preferentemente a alumnas e alumnos de educación primaria e ESO, e participou en programas de educación para a saúde, para os que elaborou:

  • Manual e cadernos de saúde bucodental, e
  • Manual e cadernos de prevención de drogodependencias.

Á parte das súas obras de ornitoloxía, educación ambiental e educación para a saúde, traduciu do francés, portugués e inglés varias obras de literatura infantil.

Publicacións

editar

Libros

editar

Artigos en revistas

editar
  • 1975 - "Nomes galegos do Erithacus rubecula e do Troglodytes troglodytes", con Xosé Manuel Penas Patiño. Verba, nº 2, páxs. 295-306.[3]
  • 1976 - "Nomes galegos das aves do xénero Streptopelia e Columba", con Xosé Manuel Penas Patiño. Verba, nº 3, páxs. 347-356.[4]
  • 1977 - "Nomes galegos de aves piciformes", con Xosé Manuel Penas Patiño). Verba, nº 4, páxs. 343-354.[5]
  • 1977 - "Lista patrón das aves de Galicia. I", con Xosé Manuel Penas Patiño. Braña. Bol. Soc. Galega Hist. Nat.. Ano 1977. nº 1-2, páxs. 131-142.[6]
  • 1978 - "Lista patrón das aves de Galicia. II", con Xosé Manuel Penas Patiño. Braña. Bol. Soc. Galega Hist. Nat.. Ano 1978. nº 2, páxs. 25-36.[7]
  • 1980 - "Nomes galegos das aves da familia Fingillidae", con Carlos Pedreira López. Verba, nº 7, páxs. 355-378.[8]
  • 1990 - "Nomenclatura das aves do concello de Ames", con Isabel Costoya, Flora López e Gonzalo Otero. Verba, vol. 17, páxs. 117-144.[9]

Traducións

editar
  1. 1,0 1,1 "Pedreira López, Carlos", en Quién es quien en la Galicia del siglo XXI, Santiago de Compostela: Editorial Compostela, 2002, ISBN 84-8064-113-4.
  2. "Ames revisa su historia y cambia el nombre al colegio Bispo Guerra Campos por el de A Maía", La Voz de Galicia, 10/03/2010.
  3. Ler texto en Minerva. Repositorio Institucional da USC.
  4. Ler texto en Minerva.
  5. Ler texto en Minerva.
  6. Xosé Manuel Penas Patiño e Carlos Pedreira López (1977). "Lista patrón das aves de Galicia. I" (PDF). Braña. Boletín científico da Soc. Galega Hist. Nat. pp. 131–142. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 22 de febreiro de 2019. Consultado o 22 de febreiro de 2019. 
  7. Xosé Manuel Penas Patiño e Carlos Pedreira López (1978). "Lista patrón das aves de Galicia. II" (PDF). Braña. Boletín científico da Soc. Galega Hist. Nat. pp. 25–36. 
  8. Ler texto en Minerva.
  9. Ler texto en Minerva.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar