Madame Bovary

novela de Gustave Flaubert

Madame Bovary[1] é unha novela escrita por Gustave Flaubert. Publicouse por entregas en La Revue de Paris dende o 1 de outubro de 1856 até o 15 de decembro do mesmo ano; e en forma de libro, en 1857.

Madame Bovary
Portada da primeira edición de 1857.
Título orixinalMadame Bovary
Autor/aGustave Flaubert
OrixeFrancia
LinguaFrancés
ColecciónBiblioteca Galega de Clásicos Universais
Xénero(s)Novela
EditorialFrancia Michel Lévy Frères
Galicia Editorial Galaxia
Data de pub.Francia 1857
Galicia 1994
Páxinas368 (gl)
ISBNISBN 84-7154-900-X
TraduciónAntonio Pichel
editar datos en Wikidata ]

Foi traducida ó galego por Antonio Pichel e foi publicada pola Editorial Galaxia no ano 1994.[1] No ano 2005, foi publicado de novo cunha tradución de Pichel dentro da colección Biblioteca Galega de Clásicos Universais.[2]

Contexto histórico editar

A orixe do realismo, movemento da segunda metade do século XIX, atópase intrinsecamente ligado á novela épica, á novela naturalista e á novela máxica. Ademais de ser unha das seleccións literarias por excelencia no xénero do chamado romanticismo tardío, Madame Bovary constitúe un dos puntos de referencia para o movemento do realismo.

Porén, a historia tamén se acha estreitamente unida ó que se coñeceu como a novela alegórica, sendo tamén unha crítica á sociedade burguesa do século XIX, posterior á Revolución Francesa e ó goberno absolutista de Napoleón en Francia. Esta obra desenvolveuse en devanditos anos

En tres partes, cunha incrible agudeza literaria, Gustave Flaubert amósanos o seu punto de vista sobre a vida da sociedade de alto rango na Francia do temperán século XIX, ó casar o personaxe principal con alguén que nada lle ofrece máis que exhibila coma se fose un trofeo. Madame Bovary é, pois, máis que unha novela, un retrato fiel e un paradigma para a literatura realista e universal e para a filosofía francesa dos séculos XIX a XX.

Notas editar

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar