Un conto de Nadal

Este artigo trata sobre o libro, para as adaptacións véxase A Christmas Carol

Un conto de Nadal (A Christmas Carol) é un libro de Charles Dickens. O libro foi escrito en menos dun mes orixinalmente para pagar as débedas que Dickens, mais tornouse un dos maiores clásicos de Nadal de todos os tempos. Charles Dickens describiuno coma o seu "libriño de Nadal", e foi primeiramente publicado o 19 de decembro de 1843, con ilustracións de John Leech. A historia transformouse instantaneamente nun éxito, vendendo máis de seis mil copias nunha semana.

Un conto de Nadal
Ilustración do conto
Título orixinalA Christmas Carol
Autor/aCharles Dickens
Ilustrador/aJohn Leech
OrixeInglaterra (Reino Unido)
Linguainglés
Xénero(s)Christmas fiction e novela curta
EditorialChapman & Hall (inglés); Xerais e Kalandraka (galego)
Data de pub.19 de decembro de 1843 (inglés); 1985 (galego)
Precedido porMartin Chuzzlewit
Seguido porThe Chimes
editar datos en Wikidata ]

Sinopse editar

 
Scrooge atopa as almas penadas.

Ebenezer Scrooge é un home avarento que non gusta do Nadal. Traballa nun escritorio en Londres co coitado de Bob Cratchit, o seu pobre, mais feliz empregado, pai de catro fillos, cun cariño especial ao seu Pequeno Tim, que ten problemas nas pernas.

Nunha véspera de Nadal Scrooge recibe a visita do seu ex socio Jacob Marley, finado había sete anos naquel mesmo día. Marley dille que o seu espírito non pode ter paz, xa que non fora bo nin xeneroso en vida, mais que Scrooge había ter unha oportunidade, e por iso tres espíritos o visitarían.

O primeiro espírito chega, un ser cunha luz que abrollaba da súa cabeza e un apagador de candeas embaixo do brazo a xeito de chapeu. Este é o Espírito dos Nadais Pasados, que leva Scrooge de volta no tempo e mostra a súa adolescencia e o inicio da súa vida adulta, cando Scrooge aínda amaba o Nadal. Triste coas lembranzas, Scrooge enfía o chapeu na cabeza do espírito, ocultando a luz. O espírito desaparece deixando Scrooge de volta ao seu cuarto.

O segundo espírito, o do Nadal Presente, é un xigante riseiro cunha coroa de acivro e un fachuzo na man. Amosa a Scrooge as celebracións do presente, incluíndo a humilde noiteboa dos Cratchit, a familia do seu empregado, onde ve que, malia careceren de cartos, son moi felices e unidos. O facho na man do espírito ten a utilidade de dar un sabor especial á cea daqueles que fosen "contemplados" coa súa luz. Na fin da viaxe, o espírito revela baixo o seu manto dous cativos de caras terríbeis, a Ignorancia e mais a Miseria, e pide que os homes teñan coidado con elas. Despois diso marcha.

O terceiro espírito, o dos Nadais Futuros, preséntase coma unha figura alta envolta nun traxe negro que oculta o seu rostro, deixando só unha man aparente. O espírito non di res, mais apunta, e mostra a Scrooge a súa morte solitaria, sen amigos.

Logo da visita dos tres espíritos, Scrooge amence coma outro home. Pasa a amar o espírito do Nadal, e a ser xeneroso cos que precisaban, e a axudar ao seu empregado Bob Cratchit, tornándose un segundo pai para o Pequeno Tim. Disque ninguén celebraba o Nadal con máis entusiasmo ca el.

Despois da obra editar

 
Marley e Scrooge. Ilustración da primeira edición d'Un conto de Nadal.

Talvez o personaxe máis coñecido inspirado nesta obra sexa Scrooge McDuck (nome en inglés), coñecido en España coma Tío Gilito e en Portugal coma Tio Patinhas , o pato avarento do Universo Disney que, xunto con Mickey Mouse, protagonizou a versión animada Mickey's Christmas Carol, baseado n'Un conto de Nadal.

É posíbel encontrar tamén unha referencia no filme Shrek. Na parte final, cando os personaxes cantan xuntos, o bonequiño de xenxibre di, apoiado nunha muleta: "Deus benza a todos". Esa é unha fala de Tiny Tim, que tamén ten deficiencia. O que mostra a referencia de Charles Dickens en tempos actuais.

Houbo tamén en 1988 unha relectura a través do filme Scrooged, onde Bill Muray interpreta un presidente, arrogante e sádico, dunha grande empresa de comunicación que é visitado na véspera de Nadal polas tres pantasmas.

Outra referencia feita é no filme The Polar Express, con Tom Hanks. Nel o protagonista que non cre no Nadal pasa por un vagón no tren ateigado de bonecos. Un monicreque de nariz aquilino preséntase como Ebenezer Scrooge e o chama de escéptico.

En 1992, The Muppets adaptaron a obra no filme The Muppet Christmas Carol, que protagonizou Michael Caine no papel de Scrooge e a ra Kermit (chamada Gustavo en España e sapo Cocas en Portugal) no papel de Bob Cratchit. Gonzo aparece no papel do propio Charles Dickens, que é o narrador do filme.

Outra homenaxe ás obras de Nadal de Dickens é pouco coñecida. Á luz da morte do escritor, unha meniña que vendía flores ás portas dun teatro de Londres falou: "Morreu Dickens? E o Papá Noel, será que morreu tamén?"[1]

O filme Barbie in a Christmas Carol é considerada a versión feminina d'Un conto de Nadal. A historia fala de Eden Starling, unha cantante famosa (porén egoísta) que odia o Nadal. Hai personaxes que son análogos: Eden Starling (Ebenezer Scrooge), Catherine Britto (Bob Cratchit) e Marie (Jacob Marley).

En 2009, a Disney lanzou o filme de animación en 3D, A Christmas Carol, en Galiza dobrada ao castelán co título Cuento de Navidad, no que Jim Carrey interpreta Scrooge con captura de movemento.

O día 25 de decembro de 2010, retransmitiuse un especial de Nadal da serie británica Doctor Who, que levou o nome A Christmas Carol, adaptando máis unha vez o conto de Nadal de Charles Dickens.

A finais de 2011, a DC Comics lanzou a graphic novel Batman: Noel. Escrita e deseñada por Lee Bermejo, Batman: Noel mostra o Cabaleiro das Tebras como un amargado e sen esperanzas Scrooge, Catwoman coma a pantasma do pasado, Superman coma a pantasma do presente, e o Joker coma a pantasma do futuro.

Traducións ao galego editar

 
Diversas edicións de Un Conto de Nadal

Xerais publicou en 1985 Un conto de Nadal en tradución de Alfonso Prada[2].

Kalandraka publicou a obra en 2011 co título Canto de Nadal, en capa dura, con 308 páxinas e traducido por Carlos Acevedo.

En 2012 a editorial Vicens Vives publicou dúas adaptacións da obra a cargo de Isabel Soto, unha para a colección "Pillota", destinada ao ensino primario, co título Noiteboa de pantasmas[3], e outra para a colección infantil "Cucaina" que se chamou Conto de Nadal[4]; así mesmo, en 2013 a editorial catalá sacou unha terceira versión, nesta ocasión unha tradución directa, na colección xuvenil "Aula das Letras", intitulada Canción de Nadal, a cargo de Iolanda Mato[5].

Un filme de 2006 foi dobrado ao galego pola TVG.

Notas editar

  1. Cântico de Natal & Os Carrilhões
  2. Ficha da obra Arquivado 22 de maio de 2018 en Wayback Machine. en BiTraGa.
  3. Ficha en BiTraga Arquivado 21 de maio de 2018 en Wayback Machine..
  4. Ficha da obra Arquivado 22 de maio de 2018 en Wayback Machine. na páxina web da editorial.
  5. Ficha da obra Arquivado 22 de maio de 2018 en Wayback Machine. na páxina web da editorial.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar