Tom Hanks
Thomas Jeffrey "Tom" Hanks, nado o 9 de xullo de 1956 en Concord (California) é un actor estadounidense gañador dos Premios Óscar e do Globo de Ouro, considerado un dos máis versátiles e talentosos do cine.
Tom Hanks | |
---|---|
![]() Hanks en 2019. | |
Nome completo | Thomas Jeffrey Hanks |
Nacemento | 9 de xullo de 1956 (67 anos) |
Lugar | Concord (California) ![]() |
Nacionalidade | Estados Unidos de América e Grecia |
Etnia | Luso-americanos e British Americans |
Relixión | Cristianismo ortodoxo e Igreja Ortodoxa Grega |
Educado en | Chabot College, Skyline High School e Universidade estatal da Califórnia em Sacramento |
Pai | Amos Mefford Hanks |
Nai | Janet Marylyn Frager |
Cónxuxe(s) | Samantha Lewes (1978–1987; divorciado) Rita Wilson (1988–presente) |
Fillos | Colin, Elizabeth, Chester, Truman |
Profesión | Actor, produtor, director, guionista |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Traxectoria editar
Os seus pais divorciáronse cando tiña apenas cinco anos. Viviu co seu pai, que era cociñeiro, e que cambiaba constantemente de lugar de traballo e de parella. Por iso é polo que Hanks viviu en diferentes cidades e estados do país, ata que se asentou en Oakland (California).
Tom Hanks comezou a actuar en obras teatrais no instituto e posteriormente na universidade de Sacramento. Pouco despois trasladouse a Nova York, onde coñeceu á que sería a súa esposa, a actriz teatral Samantha Lewes. A voda levarona a cabo en 1978, pero tras uns anos de matrimonio, nos que tiveron dous fillos, divorciáronse en 1985.
A primeira película de Tom Hanks foi o filme de terror Hei knows you're alone, en 1980. Posteriormente encasillouse durante uns anos no xénero da comedia. A popularidade chegoulle cando apareceu na película 1, 2, 3... Splash, de 1984, á beira de Daryl Hannah.
En 1988 Hanks contraeu matrimonio por segunda vez, coa actriz Rita Wilson, á que coñeceu na rodaxe da película Volunteers (1985), e con quen tivo outros dous fillos. Con Forrest Gump acadou a fama e converteuse nun dos actores máis solicitados dos últimos anos.
Tom Hanks gañou dous Oscar por Filadelfia (1993) e por Forrest Gump (1994), e foi nomeado noutras tres ocasións por Big (1988), Saving Private Ryan (1998) e Cast Away (2000). Tamén conseguiu catro Globos de Ouro e dous nomeamentos adicionais a este premio.
Logo de realizar algúns episodios de series televisivas como Talles from the Crypt, Tom Hanks debutou en 1996 como director de longametraxes con That Thing You Do!.
Filmografía destacada editar
Como actor editar
- Saving Mr. Banks (2013)
- Captain Phillips (2013)
- O atlas das nubes (2012)
- Tan forte e tan preto (2011)
- Larry Crowne (2011)
- Toy Story 3 (2010) (voz)
- Angels & Demons (2009)
- The Great Buck Howard (2009)
- The Simpsons Movie (2007) (voz)
- Charlie Wilson's War (2007)
- The Da Vinci Code (2006)
- The Polar Express (2004) (voz)
- The Terminal (2004)
- The Ladykillers (2004)
- Catch Me If You Can (2002)
- Road to Perdition (2002)
- Cast Away (2000)
- A milla verde (1999)
- Toy Story 2 (1999) (voz)
- Tes un correo (1998)
- Saving Private Ryan (1998)
- That Thing You Do! (1996)
- Toy Story (1995) (voz)
- Apollo 13 (1995)
- Forrest Gump (1994)
- Filadelfia (1993)
- Algo para recordar (1993)
- A League of Their Own (1992)
- Radio Flyer (1992)
- Joe Versus the Volcano (1990)
- The Bonfire of the Vanities (1990)
- Turner & Hooch (1989)
- The 'burbs (1989)
- Punchline (1988)
- Big (1988)
- Dragnet (1987)
- Every Time We Say Goodbye (1986)
- Nothing in Common (1986)
- The Money Pit (1986)
- The Man with One Red Shoe (1985)
- Volunteers (1985)
- Bachelor Party (1984)
- Splash (1984)
- He Knows You're Alone (1980)
Como director editar
Como produtor editar
Premios editar
Óscars editar
Ano | Categoría | Película | Resultado |
---|---|---|---|
2000 | Óscar ó mellor actor | Cast Away | Candidato |
1998 | Óscar ó mellor actor | Saving Private Ryan | Candidato |
1994 | Óscar ó mellor actor | Forrest Gump | Gañador |
1993 | Óscar ó mellor actor | Filadelfia | Gañador |
1988 | Oscar ó mellor actor | Big | Candidato |
Globos de Ouro editar
Ano | Categoría | Película | Resultado |
---|---|---|---|
2000 | Globo de Ouro ó mellor actor - Drama | Cast Away | Gañador |
1998 | Globo de Ouro ó mellor actor - Drama | Saving Private Ryan | Candidato |
1994 | Globo de Ouro ó mellor actor - Drama | Forrest Gump | Gañador |
1993 | Globo de Ouro ó mellor actor - Comedia ou musical | Algo para recordar | Candidato |
1993 | Globo de Ouro ó mellor actor - Drama | Filadelfia | Gañador |
1988 | Globo de Ouro ó mellor actor - Comedia ou musical | Big | Gañador |
Premios Emmy editar
Ano | Categoría | Serie | Resultado |
---|---|---|---|
2002 | Mellor miniserie | Band of Brothers | Gañador |
Mellor dirección nunha miniserie, telefilme ou especial dramático | Band of Brothers | {Gañador |