Shrek
Shrek é un filme de animación 3D gañador do Premio da Academia de animación, baseado no conto de William Steig titulado Shrek! (1990). Foi dirixido polo neozelandés Andrew Adamson e animado por DreamWorks Animation SKG en maio de 2001. Converteuse na primeira película gañadora do premio Oscar ao mellor filme de animación, categoría introducida no ano 2001. Publicouse en DVD en novembro dese mesmo ano. Foi aclamado pola crítica como unha película de animación merecedora de interese adulto, con moitas bromas e temas dirixidos ao público adulto pero un guión sinxelo dabondo para atraer aos nenos.
Shrek | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Shrek |
Director | Andrew Adamson Vicky Jenson |
Produtor | Jeffrey Katzenberg Aron Warner John H. Williams |
Guión | Ted Elliott |
Intérpretes | Mike Myers Eddie Murphy Cameron Diaz John Lithgow |
Música | Harry Gregson-Williams John Powell |
Montaxe | Sim Evan-Jones |
Distribuidora | DreamWorks Pictures |
Estrea | 18 de maio de 2001 9 de abril de 2009 (TVG) |
Duración | 92 minutos |
Orixe | Estados Unidos |
Xénero | Animación, Comedia |
Orzamento | $60 000 000[1] |
Recadación | $484 400 000 |
Filme seguinte | Shrek 2 |
Na rede | |
https://www.dreamworks.com/movies/shrek | |
O filme tivo un grande éxito coa súa estrea en 2001 e axudou a establecer a DreamWorks coma o principal competidor de Walt Disney Pictures no campo do cine de animación, en particular da animación dixital. De feito, Shrek pasou a se converter na mascota das producións de animación da compañía. Este filme ten tres continuacións: Shrek 2 (2004) e Shrek the Third (2007) e Shrek Forever After (2010).
Estreouse en galego na TVG o 9 de abril de 2009.[2]
Sinopse
editarShrek é un ogro que vive nun horrible pantano; odia ser molestado e é moi celoso "da súa intimidade", pero ve o seu fogar invadido repentinamente por un grupo de personaxes de contos de fadas que foron desaloxados por un malvado e baixiño tirano (Lord Farquaad), que é o malvado da historia, con aspiracións de converterse en rei.
Enfadado, Shrek acode con este personaxe tan estraño para esixirlle que lle devolva o seu pantano e saque ós personaxes dos contos que el mesmo enviou aí, para así recuperar a súa amada soidade. Pero este, a cambio, ofrécelle un trato: devolverlle o seu pantano a condición de que rescate a unha princesa que está prisioneira nun castelo custodiado por un enorme dragón lanza-lume e así poder cumprir o seu obxectivo de casar con ela.
Daquela Shrek, acompañado por un asno falante chamado simplemente Asno, diríxese ó castelo onde se atopa retida a princesa. A terrible criatura lanza-lume que vixía o lugar resulta ser unha dragoa, e logo de correr grandes aventuras durante o rescate de devandita princesa, finalmente dáse conta de que o mundo non é tan malo como cría, pois atopa a amizade sincera no asno e o amor na princesa que debía rescatar.
Personaxes
editar- Mike Myers como Shrek
- Eddie Murphy como Asno
- Cameron Diaz como Princesa Fiona
- John Lithgow como Lord Farquaad
- Vincent Cassel como Monsieur Hood
- Conrad Vernon como Home de xenxibre
- Chris Miller como Geppetto/Espello máxico
- Cody Cameron como Pinocho / Os tres porquiños
- Simon J. Smith como Os tres ratos cegos
- Christopher Knights como Thelonius
- Aron Warner como Lobo feroz
- Jim Cummings como Capitán dos gardas
- Kathleen Freeman como Muller vella, ex-propietaria de Burro
- Andrew Adamson como Duloc Mascot
- Bobby Block, Elisa Gabrielli e Eddie Murphy como Os tres osiños
- Elisa Gabrielli como Voces adicionais
- Frank Welker como Dragón
- Michael Galasso como Peter Pan
Banda sonora
editarA música de Shrek foi composta por Harry Gregson-Williams, pero ademais na película incluíronse temas vocais de diferentes artistas. Estes temas son:
- Stay Home - Self
- I'm a Believer - Smash Mouth
- Like Wow! - Leslie Carter
- It Is You (I Have Loved) - Dana Glover
- Best Years Of Our Lives - Baha Men
- Bad Reputation - Halfcocked
- My Beloved Monster - Eels
- You Belong To Me - Jason Wade
- All Star - Smash Mouth
- Hallelujah - Rufus Wainwright
- I'm on My Way - The Proclaimers
- I'm a Believer (Reprise) - Eddie Murphy
Premios
editar- 2001
- BAFTA Childrens' - Best Feature Film
- Bogey Award in Silver
- Golden Screen
- NBR - Best Animated Feature
- 2002
- Annie
- Outstanding Achievement in an Animated Theatrical Feature
- Outstanding Individual Achievement for Directing in an Animated Feature Production
- Outstanding Individual Achievement for Effects Animation
- Outstanding Individual Achievement for Music Score an Animated Feature Production
- Outstanding Individual Achievement for Production Design in an Animated Feature Production
- Outstanding Individual Achievement for Storyboarding in an Animated Feature Production
- Outstanding Individual Achievement for Voice Acting by a Male Performer in an Animated Feature Production
- Outstanding Individual Achievement for Writing in an Animated Feature Production
- ASCAP - Top Box Office Films
- BAFTA - Best Screenplay - Adapted
- BFCA - Best Animated Film
- Blimp - Favorite Voice from an Animated Movie
- BMI Film Music - ¿?
- DFWFCA - ' Best Animated Film
- FFCC - Best Animation
- Golden Reel - Best Sound Editing - Music - Animated Feature
- Karlovy Vary International Film Festival - Audience Award
- KCFCC - Best Animated Film
- OFCS - Best Animated Feature
- Oscar ó mellor filme de animación
- People's Choice Award - Favorite Motion Picture
- Saturn - Best DVD Special Edition Release
- Sierra Award - Best Animated Film
- Young Artist Award - Best Family Feature Film - Animation
- Annie
Notas
editar- ↑ BoxOfficeMojo.com
- ↑ "Shrek na TVG". Diario Siglo XXI. 8 de abril de 2009. Arquivado dende o orixinal o 29 de xuño de 2013. Consultado o 29 de marzo de 2013.