Mike Myers
Michael John Myers (n. 25 de maio de 1963) é un actor, guionista, produtor de cine e comediante canadense. Actuou en Saturday Night Live (1988-1995), Wayne's World, nas tres películas de Austin Powers e prestou a súa voz na serie de películas de Shrek. A súa última entrega humorística é "The Love Guru", na que interpreta o papel de Gurú Pitka. En 2002, Myers participou no vídeo musical de Britney Spears, "Boys".
Mike Myers | |
---|---|
![]() | |
Nome completo | Michael John Myers |
Nacemento | 25 de maio de 1963 |
Lugar | Scarborough, Ontario, Canadá |
Nacionalidade | Canadá e Estados Unidos de América |
Cónxuxe(s) | Kelly Tisdale |
Profesión | Actor (1975 - presente) |
http://mike-myers.net | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
BiografíaEditar
Naceu o 25 de maio de 1963 en Scarborough, Ontario, Canadá. Mide 1,73 m. Mike Myers é o fillo menor do vendedor de enciclopedias e antigo cociñeiro do exército británico Eric Myers, e de Alice “Bunny” Myers, procesadora de datos e ex-actriz. Ambos cidadáns ingleses (o propio actor ten pasaporte británico) que emigraron a Canadá desde a cidade portuaria de Liverpool.
O primeiro contacto de Myers co mundo audiovisual foron as súas aparicións infantís en varios anuncios publicitarios. Na súa etapa no instituto Stephen Leacock, Mike tomou leccións de danza e comezou a crear personaxes cómicos. Nos inicios dos anos 80 actuou co grupo de comediantes Second City Comedy de Toronto, e máis tarde formou parella profesional con Neil Mullarkey, con quen Myers virou por Inglaterra representando múltiples actuacións humorísticas. Retornado a Canadá, Myers foi descuberto por Martin Short cando estaba actuando co Second City Comedy. Short propúxolle que se incorporase ao programa de televisión “Saturday Night Live”, todo un escaparate popular para o talento cómico dos seus protagonistas. En 1989, Mike, que actuaba e escribía "sketches", recibiría un premio Emmy polos seus guións.
A súa primeira aparición cinematográfica produciuse ese mesmo ano ao aparecer en “Elvis Stories” (1989), unha curta parodia sobre a desaparición de Elvis Presley, rodado por Ben Stiller.
FilmografíaEditar
CineEditar
Ano | Título | Rol | Nota | |
---|---|---|---|---|
1992 | Wayne’s World | Wayne Campbell | Tamén escritor, película debut | |
1993 | So I Married an Axe Murderer | Charlie McKenzie/ Stuart McKenzie | Primeira película na que Myers fixo máis dun papel. | |
1993 | Wayne's World 2 | Wayne Campbell | Tamén escritor | |
1997 | Austin Powers: International Man of Mystery | Austin Powers / Dr. Evil | Escritor e produtor | |
1998 | 54 | Steve Rubell | ||
1998 | The Thin Pink Line | Tim Broderick | ||
1998 | Pete's Meteor | Pete | ||
1999 | Austin Powers: A espía que me achouchou | Austin Powers / Dr. Evil / Fat Bastard |
Escritor e produtor | |
1999 | Mystery, Alaska | Donnie Shulzhoffer | ||
2001 | Shrek | Shrek | Actor de voz | |
2002 | Austin Powers in Goldmember | Austin Powers / Dr. Evil / Fat Bastard / Goldmember |
Escritor e produtor | |
2003 | Nobody Knows Anything! | 'Eye' Witness | ||
2003 | The Cat in the Hat | The Cat in the Hat | ||
2003 | Shrek 4-D | Shrek | Actor de voz, presente no parque de atraccións | |
2003 | View from the Top | John Witney | ||
2004 | Shrek 2 | Shrek | Actor de voz, é a película con maior recadación da súa carreira como actor | |
2006 | Home | El mesmo | ||
2007 | Shrek the Third | Shrek | Actor de voz | |
2008 | The Love Guru | Gurú Maurice Pitka/El mesmo | Escritor e produtor | |
2009 | Inglourious Basterds | Gen. Ed Fenech | ||
2010 | Shrek Forever After | Shrek | Actor de voz | |
2012 | Oscar Etiquette | Sir Cecil Worthington | Curtametraxe | |
2013 | Being Canadian, Sometimes | El mesmo | Documental | |
2013 | Supermensch: The Legend of Shep Gordon | El mesmo | Director do documental | |
2015 | I Am Chris Farley | El mesmo | ||
2018 | "The Tailor,The Giant & The King | Valentín(Valentine) naa versión original | Actor de voz | |
2019 | Shrek The Fifth | Shrek | Actor de voz |