Abrir o menú principal

Isabel Soto

crítica literaria e tradutora galega

María Isabel Soto López, nada en Vigo o 18 de xullo de 1969, é unha crítica literaria e tradutora galega.

Isabel Soto
Isabelsoto2014.jpeg
A tradutora viguesa Isabel Soto.
Nacemento 18 de xullo de 1969 (49 anos)
Lugar Galicia Vigo, Galicia
Nacionalidade España
Alma máter Universidade de Santiago de Compostela
Xéneros Ensaio e tradución
Estudos Filoloxía Hispánica
editar datos en Wikidata ]

Índice

TraxectoriaEditar

Licenciouse en Filoloxía Hispánica en 1992 pola Universidade de Santiago de Compostela. Graduouse coa memoria de licenciatura Heraclio Pérez Plácer. Obra e narrativa completa en galego. Edición e analálise literaria, publicada anos máis tarde (1998) polo Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades. Así mesmo, comezou a súa tese de doutoramento baixo a dirección de Anxo Tarrío sobre a "Formación e análise da crítica literaria galega".

É unha das principais coñecedoras das figuras de Heraclio Pérez Placer[1] e de Agustín Fernández Paz, autor este último sobre o que publicou diversos estudos analíticos, como "Agustín Fernádez Paz: procesos de reescrita"[2], "Encontro con Agustín Fernández Paz"[3], "@afernandezpaz"[4], "Agustín Fernández Paz: un escritor excepcional"[5] ou "A representación da escola e da educación na obra literaria de Agustín Fernández Paz"[6], amais de varias publicacións en formato libro que recompilan a súa obra ensaística, como O rastro que deixamos (Xerais, 2012) e Un mundo de palabras (Xerais, 2017).

Foi secretaria de redacción[7][8] da revista Golfiño nas súas dúas épocas (Con Xerais entre 1999 e 2001; con La Voz de Galicia entre 2002 e 2004). Tamén foi secretaria do Boletín Galego de Literatura (1998-2014), primeiro canda Xabier Campos Villar e máis tarde, dende 2006, xunto a Marta Neira Rodríguez[9]. Tamén secretaria de Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil no período 1995-2005. Foi axudante da comisaria Henrike Fesefeldt na organización do congreso do IBBY en Santiago de Compostela en 2010[10].

No tocante á faceta de crítica de Soto, foi colaboradora da páxina de cultura LG3 (2003-2012), do programa da Televisión de Galicia Libro aberto (2006-2009)[11] e de revistas e xornais como ProTexta, El Correo Gallego, Malasartes, Lazarillo ou CLIJ. De igual maneira, encargouse das panorámicas anuais de literatura infantil e xuvenil para o Anuario Grial de Estudos Literarios Galegos.

Tradución literariaEditar

Traballa como tradutora profesional dende 1996. Nunha primeira etapa, principalmente co libro de texto; a partir da década de 2000, sobre todo vertendo literatura estranxeira cara ao galego e ao castelán[12] dende as linguas francesa, portuguesa ou italiana[13].

No ámbito galego, publicou con Edebé-Rodeira, Kalandraka, Edicións Xerais de Galicia, Editorial Hugin e Munin, El Patito Editorial, Hércules de Edicións, Edelvives-Tambre. No ámbito estatal, con selos como Destino, Alianza Editorial, Bruño, Vicens Vives, Ediciones SM, Akal, Anaya, Ediciones B, Edelvives e Planeta & Oxford.

Cabe sinalar que realizou un importante número de traballos en tándem co tradutor Xavier Senín, entre eles diversos números de Astérix[14], tanto na versión galega coma na castelá, ou obras de relevo de autores como Raymond Roussel, Daniel Pennac, François Bégaudeau, Villiers de L'Isle-Adam, Juan Farias ou Rosa Navarro Durán.

ObraEditar

EnsaioEditar

TraduciónsEditar

 
Os tradutores Isabel Soto e Xavier Senín, xunto co editor Alejandro Tobar, durante a presentación da tradución de Locus Solus en Cambados.
  • O outro río: a emigración galega a Río de Xaneiro, de Érica Sarmiento da Silva, 2006, 3C3 Editores.
  • Coida o teu planeta, de Jean-Michel Billioud, 2007, S. M. Xerme (Vigo).
  • Cordelúa, de Elia Barceló, 2007, Rodeira.
  • Os corvos do xardín, de Aldous Huxley, 2007, S. M. Xerme.
  • As desgrazas de Sophie, de Valérie Dayre, 2007, S. M. Xerme.
  • A sopeira e o cazo, de Michael Ende, 2007, S. M. Xerme.
  • Agardarei por ti en África, de Blanca Álvarez, 2008, Planeta-Oxford.
  • De profundis, de Miguelanxo Prado, 2008, El Patito.
  • Fuxida cara ao sur, de Juan Madrid, 2008, Rodeira.
  • Galego á beira do mar, de Juan Farias, 2008, Kalandraka.
  • Flanagan Flash-Back, de Andreu Martín e Jaume Ribera, 2009, Xerais.
  • Geronimo Stilton. O meu nome é Geronimo Stilton, 2009, Destino (Barcelona).
  • Geronimo Stilton. O misterioso manuscrito de Nostrarratus, 2009, Destino.
  • Geronimo Stilton. Na procura da marabilla perdida, 2009, Destino.
  • Geronimo Stilton. A carreira máis desatinada do mundo, 2010, Destino.
  • Geronimo Stilton. O galeón dos gatos piratas, 2010, Destino.
  • Geronimo Stilton. Unha aloucada viaxe a Ratiquistán, 2010, Destino.
  • Isto é París, de Miroslav Sasek, 2010, El Patito.
  • Lóbrego romance, pálido pantasma: as lendas espectraies de Malvadia, de Jack Mircala, 2010, El Patito.
  • Geronimo Stilton. O misterio do tesouro desaparecido. 2011, Destino.
  • Geronimo Stilton. O sorriso da Mona Ratisa. 2011, Destino.
  • Geronimo Stilton. Vaite de aí, cara de queixo!. 2011, Destino.
  • Elias Portolu, de Grazia Deledda, 2012, Hugin e Munin.
  • Un matrimonio provinciano, de Marquesa Colombi, 2014, Hugin e Munin.
  • Matarte lentamente, de Diego Ameixeiras, 2015, Akal.
  • Isto non é un conto, de Denis Diderot, 2015, BIVIR[15]..
  • Fosca, de Igino Ugo Tarchetti, 2016, Hugin e Munin.
  • Últimas cartas de Jacopo Ortis, de Ugo Foscolo, 2016, Hugin e Munin.
  • A contrafío, de Joris-Karl Huysmans, 2016, Hugin e Munin.
  • Thérese Raquin, de Émile Zola, 2017, Hugin e Munin.
  • Conduce rápido, de Diego Ameixeiras, 2017, Akal.
  • A obra, de Bruno Sperani, 2017, Hugin e Munin.
  • Filibuth ou o reloxo de ouro, de Max Jacob, 2018, Hugin e Munin.

EdiciónsEditar

Obras colectivasEditar

 
Na imaxe (2016), de esquerda a dereita, as filólogas Isabel Mociño, Carmen Ferreira Boo, Mar Fernández Vázquez, Blanca-Ana Roig Rechou (coordinadora), Eulalia Agrelo Costas, Isabel Soto e Marta Neira, redactoras da obra Historia da Literatura Infantil e Xuvenil Galega, publicada en 2015 por Xerais.
  • A nosa literatura infantil e xuvenil 2000, 2002, Gálix/Xunta de Galicia.
  • Multiculturalismo e identidades permeábeis na literatura infantil e xuvenil, 2006, Xerais. Con Blanca-Ana Roig e Pedro Lucas.
  • Teatro infantil. Do texto á representación, 2007, Xerais. Con Pedro Lucas e Blanca-Ana Roig.
  • A Guerra Civil española na narrativa infantil e xuvenil, 2008, Xerais. Con Blanca-Ana Roig e Pedro Lucas.
  • A poesía infantil no século XXI (2000-2008). 2009, Xerais. Con Blanca-Ana Roig e Marta Neira Rodríguez.
  • Reescrituras do conto popular (2000-2009), 2010, Xerais. Con Marta Neira Rodríguez e Blanca-Ana Roig.
  • O Álbum na Literatura Infantil e Xuvenil (2000-2010), 2011, Xerais. Con Marta Neira Rodríguez e Blanca-Ana Roig.
  • A narrativa xuvenil a debate (2000-2011), 2012, Xerais. Con Blanca-Ana Roig e Marta Neira.
  • Premios Literarios e de ilustración na LIX, 2013, Xerais. Con Blanca-Ana Roig e Marta Neira.
  • Inmigración/Emigración na LIX, 2014, Xerais. Con Blanca-Ana Roig e Marta Neira.
  • Historia da Literatura Infantil e Xuvenil Galega, 2015, Xerais.
  • Reflexos das dúas guerras mundiais na LIX, 2016, Xerais. Con Blanca-Ana Roig e Marta Neira.

Traducións colectivasEditar

  • O tolo da ría, de Juan Farias, 2005, Luis Vives. Con Xavier Senín.
  • Algúns nenos, tres cans e máis cousas, de Juan Farias, 2006, Planeta. Con Xavier Senín.
  • A Odisea contada aos nenos, de Rosa Navarro Durán, 2007, Rodeira. Con Xavier Senín.
  • A clase, de François Bégaudeau, 2008, Xerais. Con Xavier Senín.
  • A fabulosa lenda do Rei Artur, de Jordi Sierra i Fabra, 2008, Rodeira. Con Xavier Senín.
  • Mal de escola, de Daniel Pennac, 2008, Xerais. Con Xavier Senín.
  • O aniversario de Astérix e Obélix. O libro de ouro, Albert Uderzo, 2009, Salvat. Con Valentín Arias e Xavier Senín.
  • Locus Solus, de Raymond Roussel, 2012, Hugin e Munin. Con Xavier Senín.
  • Asterix e os pictos, de Didier Conrad e Jean-Yves Ferri, 2013, Xerais. Con Xavier Senín.
  • A Eva futura, de Auguste Villiers de L'Isle-Adam, 2014, Hugin e Munin. Con Xavier Senín.
  • Astérix e os godos, de René Goscinny e Albert Uderzo, 2015, Xerais. Con Xavier Senín.
  • Astérix gladiador, de René Goscinny e Albert Uderzo, 2015, Xerais. Con Xavier Senín.
  • Astérix. O papiro do César, de Didier Conrad e Jean-Yves Ferri, 2015, Xerais. Con Xavier Senín.
  • A volta á Galia de Astérix, de René Goscinny e Albert Uderzo, 2016, Xerais. Con Xavier Senín.
  • Ástérix en Italia, de René Goscinny e Albert Uderzo, 2017, Xerais. Con Xavier Senín.[16]

PremiosEditar

NotasEditar

  1. Ficha de Obra Narrativa en galego de Heraclio Pérez Placer, no CRPIH.
  2. Agustín Fernández Paz: procesos de reescrita.
  3. Capítulo publicado como parte do libro A mémoria nos livros: história e histórias (Porto, Deriva editores, 2009, pp. 113-121) (en portugués).
  4. Publicado en Agustín Fernández Paz. Na casa da esperanza (Fundación Otero Pedrayo, 2014).
  5. Publicado na revista Lazarillo, nº 36, 2016, pp. 90-97 (en castelán).
  6. Publicado en Sarmiento. Anuario galego da historia da educación, nº 20.
  7. Golfiño e os invasores, o agardado regreso dun clásico da BD galega, artigo de Fran P. Lorenzo para El Correo Gallego o 16 de xuño de 2011.
  8. Ficha da revista en Tebeosfera (en castelán).
  9. CV de Marta Neira, p. 14.
  10. Actas do Congreso IBBY, p. 5
  11. Ficha do persoeiro en IMDb (en inglés).
  12. Ficha da autora en Dialnet (en castelán).
  13. Obras de Soto López, Isabel na Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes (en castelán).
  14. Astérix volverá falar galego da man de Xerais, nova en Praza Pública o 23 de agosto de 2013.
  15. Isto non é un conto en formato PDF.
  16. Ficha da obra na páxina da editorial.
  17. Informe de Literatura 2008 no CIRP, páxina 1535. Extracto da recensión de Paula Fdez. “Desde A Odisea”, Faro de Vigo, “Faro da Cultura”, n.º 231, “Infantil/Xuvenil”, 10 xaneiro 2008, p. VII.
  18. A viguesa Isabel Soto foi a gañadora da XVIª edición do Premio Plácido Castro de Tradución pola obra Fosca de Iginio Ugo Tarchetti., nova en XornaldeGalicia o 29 de xuño de 2017.

Véxase taménEditar