René Goscinny
autor francés de banda deseñada
René Goscinny, nado en París o 14 de agosto de 1926 e finado o 5 de novembro de 1977, foi un guionista de historietas.
René Goscinny | |
---|---|
![]() | |
Nome completo | René Goscinny |
Nacemento | 14 de agosto de 1926 |
Lugar de nacemento | 5.º arrondissement de Paris e París |
Falecemento | 5 de novembro de 1977 |
Lugar de falecemento | 17.º arrondissement de Paris |
Causa | infarto agudo de miocardio |
Soterrado | Cimetière du Château |
Nacionalidade | Francia |
Ocupación | editor literario, director de cinema, debuxante de banda deseñada, produtor de cinema, escritor, guionista, escritor de literatura infantil, humorista e Editor-chefe |
Pai | Stanislaus Goscinny |
Nai | Anna Goscinny |
Fillos | Anne Goscinny |
Coñecido por | Asterix, Lucky Luke e O Nicolasiño |
Premios | cabaleiro da orde das Artes e as Letras, Will Eisner Hall of Fame, Alphonse Allais Award, Cabaleiro da Orde Nacional do Mérito e Adamson Awards |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Foi director da revista Pilote. Traballou xunto a Morris nas tiras de Lucky Luke (1955-1973); posteriormente creou xunto ó debuxante Sempé O Nicolasiño[1] (1960-1964) e con Jean Tabary o personaxe de Iznogoud (1962-1977) e Les dingodossiers (1965-1967) con Gotlib.
A súa creación de maior éxito foron as aventuras de Astérix xunto ó debuxante Albert Uderzo en Pilote (1959). Có mesmo colaborador creou o personaxe de Oumpah-Pah (1958-1962), pero non tivo excesivo éxito.
Goscinny é un dos autores franceses de maior éxito en todo o mundo, con máis de 500 millóns de álbums e libros vendidos, traducidos a varios idiomas.
NotasEditar
- ↑ Ficha da obra Arquivado 18 de marzo de 2018 en Wayback Machine. en BiTraGa.
Véxase taménEditar
Ligazóns externasEditar
Este artigo sobre unha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |