Lucky Luke
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde setembro de 2023.) |
Lucky Luke é unha serie de historietas belga, parte parodia e parte tributo ao mítico afastado oeste dos Estados Unidos, protagonizada polo vaqueiro homónimo. Creada polo debuxante belga Morris en 1946 contou con múltiples guionistas, entre os que se conta René Goscinny. Despois de Tintin e de Astérix, Lucky Luke é o cómic máis popular de Europa continental.
Lucky Luke | |
---|---|
Autor(es) | Morris |
Xénero(s) | Cómico |
En galego só se publicou un dos seus álbums, A amnesia dos Dalton (1992), traducido por Henrique Harguindey e publicado por Edicións Xerais de Galicia.[1]
Características
editarAo final de cada debuxo animado, excepto nos primeiros números, Lucky Luke vai cara ao sol que se pon, cantando
I'm a poor lonesome cowboy, and a long way from home
Eu son un pobre vaqueiro solitario, e estou lonxe do meu fogar[2]
En varios dos números, os guionistas burlanse do seu propio recurso: nun cómic, Jolly Jumper, o cabalo de Lucky Luke di:
Creo que xa é hora de que cambies o teu repertorio, cow-boy.
Argumento
editarLucky Luke é coñecido por ser
máis rápido que a súa propia sombra
e é un vaqueiro que se enfronta ao crime e a inxustiza detendo proscritos, escoltando caravanas de pioneiros mormóns e exercendo de mediador do Goberno dos Estados Unidos, en misións diplomáticas especialmente delicadas. O 'cowboy' caracterizouse ao comezo da serie por ter constantemente un cigarro na boca, aínda que Morris substituíuno por unha palla en 1983, o que lle valeu o recoñecemento da Organización Mundial da Saúde.
Personaxes secundarios
editarJolly Jumper
editarO cabalo de Luke é Jolly Jumper,
o cabalo máis intelixente do mundo
Incriblemente eficiente, sempre acode en axuda de Lucky Luke cando é secuestrado ou encarcerado polos seus inimigos. Lucky e Jolly mestúranse perfectamente: de feito, o cabalo entende o que di o xinete e normalmente fai comentarios sarcásticos. Só nalgúns cómics (como en O bandido mecánico), suxérese que Lucky Luke tamén entende o que di Jolly.
Os Daltons
editarOs adversarios recorrentes das historias son os irmáns Dalton,
catro tipos con aspecto estúpido e malvado
que son Joe, William, Jack e Averell
(en orde crecente de altura e torpeza).
Foxen constantemente da prisión onde son detidos para sementar o terror nas cidades veciñas e cumprir o soño de Joe Dalton, acabar con Lucky Luke, que, por suposto, nunca logra.
Ran Tan Plan
editarNo penal onde están recruidos os Dalton atópase de gardián Ran Tan Plan, que é
o can máis estúpido do universo
e é absolutamente incapaz de manter o control. Ran Tan Plan tamén acompaña a Lucky Luke en varias aventuras para a desesperación de Jolly Jumper, que o considera un
erro da natureza.
Ao personaxe de Ran Tan Plan asignóuselle a súa propia serie, traballada por Morris e outros debuxantes, e abarcaba cinco números.[3]
Outros
editarEn varias aventuras, Lucky Luke atopa personaxes reais de Far West, como Calamity Jane, Billy o neno, o xuíz Roy Bean e a banda de Jesse James. Luke tamén participa en acontecementos reais da historia dos Estados Unidos, como a constitución do Pony Express, a colonización de Oklahoma, a aparición do telégrafo e a construción do ferrocarril costa a costa.
Traxectoria editorial
editarO máis famoso dos guionistas da serie é René Goscinny, coñecido polas súas series Astérix e Iznogud. Despois da morte de Goscinny, varios guionistas, como Bob de Groot, Patrick Nordmann,[4] X. Fauche[5] e Jean Léturgie,[6] alternáronse na tarefa de escribir os novos guións e o propio Morris escribiu algúns episodios.
Curiosamente, poucas aventuras deste cowboy publicáronse en inglés.
Notas
editar- ↑ Banda Deseñada en culturagalega.org
- ↑ V. "Cowboy".
- ↑ V. "Serie derivada".
- ↑ Patrick Nordmann (n. 1949): cómico suízo da Radio Suisse Romande; na serie de debuxos animados Lucky Luke, ocupóuse do episodio O profeta (Le Prophète), que escribiu e enviou en 1988 e publicouse no 2000.
- ↑ Xavier Fauche (n. 1946): guionista de historietas, produtor e director de radio e escritor francés.
- ↑ Jean Léturgie (n. 1947): guionista francés de debuxos animados.