Astérix o Galo

álbum de banda deseñada da serie de Astérix

Astérix o Galo[1][2] (en francés: Astérix le Gaulois) é o primeiro volume da serie de banda deseñada Astérix, creada por René Goscinny (historia) e Albert Uderzo (ilustración). Prepublicado na revista Pilote no n°1 (29 de outubro de 1959) e no n°38 (14 de xullo de 1960) e publicado como álbum en outubro de 1961.[3]

Astérix o Galo
Título orixinalAstérix le Gaulois
Autor/aRené Goscinny
Ilustrador/aAlbert Uderzo
CubertaAlbert Uderzo
Orixe Francia
Linguafrancés
ColecciónAstérix
Xénero(s)Banda deseñada
EditorialFrancia Dargaud
Galicia Mas-Ivars
Data de pub.Francia 1961
Galicia 1977
FormatoTapas duras
Páxinas48
ISBNISBN 978-84-216-8535-8
Seguido porO fouciño de ouro
TraduciónEduardo Blanco Amor (1977)
Antonio Pichel (1996)
Valentín Arias, Xavier Senín e Isabel Soto (2010)
editar datos en Wikidata ]

Foi traducido ó galego por Eduardo Blanco Amor en 1977.[1][4][5][6] En 1996 publicouse de novo da man de Editorial Galaxia, con tradución de Antonio Pichel Lorenzo.[7] En novembro de 2010 publicouse unha nova tradución de Valentín Arias, Xavier Senín e Isabel Soto pola Editorial Salvat.[8][9]

Sinopse editar

Xa conquistada a Galia polos romanos, hai unha aldea que resiste grazas a que os seus habitantes empregan unha beberaxe máxica que lles dá unha forza sobrehumana. Ao saberen o segredo da resistencia, os lexionarios dun campamento achegado á aldea capturan o vello druída que prepara a apócema, e o guerreiro principal do poboado vai rescatar o ancián.

Personaxes editar

  • Astérix – Guerreiro galo, heroe das aventuras.
  • Obélix – Repartidor de menhires. Amigo de Astérix.
  • Panorámix – Druída da aldea. Fabrica a apócema máxica.
  • Abraracúrcix – xefe da tribo gala.
  • Asurancetúrix – Bardo da aldea.
  • Caius Bonus – Centurión romano a cargo do campamento en Petibónum.
  • Marcus Sacapus - Segundo xefe romano, axudante de Caius Bonus.
  • Calígula Minus - Lexionario romano que fai de espía na aldea gala.
  • Xulio César – Emperador do Imperio Romano.

Notas editar

  1. 1,0 1,1 Astérix o galo. Traducido por Eduardo Blanco Amor (1ª ed.). Valencia: Mas-Ivars. 1977. ISBN 84-85146-61-1 – vía Biblioteca da Tradución Galega. 
  2. Culturagalega.gal (ed.). "Banda deseñada - Astérix o galo". Consultado o 18 de abril de 2018. 
  3. Bernard de Choisy, Uderzo-Storix, Jean-Claude Lattès, 1991, p.154
  4. "El BNG reclama la traducción al gallego de los tebeos de Astérix", El País, 16 de agosto de 2007 (en castelán).
  5. "40 anos de Astérix en galego", GCiencia, 5 de xaneiro de 2016.
  6. "O novo de Astérix, en galego o 19 de outubro da man de Xerais" Arquivado 13 de setembro de 2019 en Wayback Machine., Edicións Xerais, 13 de outubro de 2017.
  7. Astérix o galo. Traducido por Antonio Pichel (1ª ed.). Vigo: Editorial Galaxia. 1996. ISBN 84-8288-080-2 – vía Biblioteca da Tradución Galega. 
  8. Astérix o galo. Traducido por Valentín Arias, Xavier Senín e Isabel Soto (1ª ed.). Editorial Salvat. 2010. ISBN 978-84-216-8535-8 – vía Biblioteca da Tradución Galega. 
  9. "Astérix fala galego desde 1976". Sermos Galiza. 31 de maio de 2019. Arquivado dende o orixinal o 25 de setembro de 2019. Consultado o 11 de setembro de 2019.