Abrir o menú principal

Astérix lexionario

álbum de banda deseñada de Astérix

Astérix lexionario[1] (en francés: Astérix légionnaire) é o décimo volume da serie de banda deseñada Astérix, creada por René Goscinny (historia) e Albert Uderzo (ilustración). Foi publicado por vez primeira de forma serializada na revista Pilote nos números 368-389, en 1966,[2] e como álbum en 1967.

Astérix lexionario
Título orixinalAstérix légionnaire
Autor/aRené Goscinny
Ilustrador/aAlbert Uderzo
CubertaAlbert Uderzo
OrixeFlag of France.svg Francia
Linguafrancés
ColecciónAstérix
Xénero(s)Banda deseñada
EditorialFrancia Dargaud
Galicia Mas-Ivars
Data de pub.Francia 1967
Galicia 1976
FormatoTapas duras
Páxinas48
ISBNISBN 84-85146-25-5
Precedido porAstérix e os normandos
Seguido porLe Bouclier Arverne
TraduciónEduardo Blanco Amor (1976)

Foi traducido ó galego por Eduardo Blanco Amor e publicado por Mas-Ivars en 1976.[1] A tradución deste volume aparece asinada por "Juan Blanco Amor".[3][4]

SinopseEditar

Todo comeza cando Astérix e Obélix coñecen a Falbalá, é entón cando Obelix se namora a simple vista dela. Pouco despois chega unha mensaxe que di que Tragicomix (esposo de Falbalá) foi recrutado polos romanos para ser lexionario, é entón cando Asterix e Obelix deciden ir a Condate ao cuartel xeral da lexión Romana para que lles digan onde esta Tragicomix, hai un problema se Astérix e Obélix queren rescatar a Tragicomix deberán alistarse na lexión.

NotasEditar

  1. 1,0 1,1 Astérix lexionario. Traducido por Eduardo Blanco Amor (1ª ed.). Valencia: Mas-Ivars. 1976. ISBN 84-85146-25-5 – vía BiTraGa. 
  2. "Asterix the Legionary - Asterix - The official website". www.asterix.com (en inglés). Consultado o 3 de outubro de 2018. 
  3. blog.xerais.gal, ed. (13 de outubro de 2017). "O novo de Astérix, en galego o 19 de outubro da man de Xerais". Consultado o 4 de setembro de 2019. 
  4. "Astérix fala galego desde 1976". Sermos Galiza. 31 de maio de 2019. Consultado o 11 de setembro de 2019.