Flanagan Flash-Back

Flanagan Flash-Back é un libro publicado no 2009 de Andreu Martín e Jaume Ribera. É o duodécimo da serie protagonizada polo detective xuvenil Flanagan.

Flanagan Flash-Back
Título orixinalFlanagan Flashback
Autor/aAndreu Martín e Jaume Ribera
OrixeCataluña
Linguacatalán
ColecciónFóra de Xogo (nº 118)
Xénero(s)Novela negra, literatura xuvenil
EditorialEdicións Xerais
Data de pub.febreiro 2009
Formato13 x 21 cm.
edición rústica cosida a fío
Páxinas240
ISBNISBN 978-84-9782-567-2
Precedido porEu tampouco me chamo Flanagan
Seguido porEls bessons congelats
TraduciónIsabel Soto
editar datos en Wikidata ]

Trama editar

Nos primeiros días de setembro, pouco antes do seu décimo oitavo aniversario, Flanagan descobre que a súa primeira moza, Clara Longo, foi detida acusada de tráfico ilegal de xoias.

Entrementres o Komando Destruction, o grupo de rapaces de dez anos que xa ten aparecido noutras historias, quere contratalo para facer chantaxe á súa mestra.

Flanagan non dubida á hora de axudar a Clara, malia que esta pídelle que a deixe en paz, pero, quizais por sentimento de culpa, sente a necesidade de ir tras Clara. Porén, todo se complica cando sabe que Clara pasou a noite en comisaría por mor da morte da súa tía, coa que vivía.

Flanagan investiga a morte da tía, centrándose no seu mozo, e nun posible amante. Tras unha boa sesión de acción (coma sempre, mesturada con escenas divertidas e absurdas para os perseguidores de Flanagan), e persecucións (desta volta axudado pola nova Honda CBR 125 do detective), no último momento, coa axuda de Charche e Nines, evita a morte de Clara.

Finalmente, descóbrese que o presunto amante da tía era un xuíz que abusara sexualmente de Clara co consentimento da súa tía.

O relato remata cunha festa sorpresa organizada por Charche e Nines, onde están invitados moitos dos coñecidos e amigos de Xan.

Narración editar

O libro ten un crossover coa novela El com del crim dos mesmos autores, quinto volume da saga protagonizada polo detective Àngel Esquius.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar