Jaume Ribera
Jaume Ribera, nado en Sabadell o 30 de decembro de 1953, é un escritor e guionista de historietas catalán.
Jaume Ribera | |
---|---|
Nacemento | 30 de decembro de 1953 |
Sabadell | |
Nacionalidade | España |
Ocupación | escritor e artista de banda deseñada |
Premios | Premio Nacional de Literatura infantil e xuvenil de España e Serra d'Or Critics Award |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Nas décadas de 1970 e 1980 dedicouse a facer guións para cómics na Editorial Bruguera. Guionizou series coma Maff y Osso (de GiaSer) ou Deliranta Rococo e Profesor Tragacanto (de Gustavo Martz-Schmidt). Tamén chegou a firmar guións de Mortadelo y Filemón, cando foron realizados polo Bruguera Equip sen o seu creador, Francisco Ibáñez.
Para a mesma editorial tamén realizou guións de corte policíaco, detectivesco ou de suspense.
Xunto a Andreu Martín escribiu dúas sagas detectivescas: a protagonizada polo detective adolescente Flanagan, e a protagonizada por Àngel Esquius, composta por catro novelas: Amb els morts no s'hi juga (2003), Joc de claus (2004), La monja que va perdre el cap (2005) e Si cal matar matem (2010).