Flanagan

personaxe literario

Flanagan, de nome real Joan Anguera Cañabate, é un personaxe creado polos escritores Andreu Martín e Jaume Ribera. Trátase dun detective privado que vive nun barrio obreiro de Barcelona.

Historia e características editar

Comeza a súa xeira en oitavo de EXB, con 13 anos. As súas aventuras aumentan en importancia conforme vai medrando. Así, empeza por adiviñar talles de suxeitadores, e remata resolvendo casos de pedofilia, maltrato, secuestros ou tráfico de bebés, pero sempre desde unha perspectiva amena, didáctica e xuvenil.

Cada un dos libros é independente dos anteriores. Porén, adoitan comezar explicando como terminaron os asuntos pendentes no anterior, especialmente no aspecto sentimental.

Fixo unha incursión no terreo da sexualidade co libro O diario vermello de Flanagan, paralelo a O diario vermello de Carlota, de Gemma Lienas. Ambos describen a experiencia sexual vivida xuntos, pero desde puntos de vista diferentes. Este libro afástase un pouco do estilo dos outros e constitúe en si mesmo unha aventura independente.

Entre as súas parellas están Clara Longo, Carmen Ruano, Nines, María Gual, Blanca Online e Carlota. Ten flirteado con Bruna e con Eva Ferrer.

Ao longo das trece novelas o personaxe foi crecendo e madurando, tanto nas súas deducións como na súa forma de pensar e nas situacións en que se involucra. Os autores deixan ver as súas influencias con mencións a Philip Marlowe ou Sherlock Holmes, así como os seus gustos musicais (Creedence Clearwater Revival ou Guns N' Roses). Flanagan aparece tamén noutra novela dos autores, na saga do detective Àngel Esquius.

Libros editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar