O diario vermello de Flanagan

obra literaria de Andreu Martín e Jaume Ribera

O diario vermello de Flanagan é un libro escrito no 2003 por Andreu Martín e Jaume Ribera. É o décimo da saga protagonizada polo detective xuvenil Flanagan.

O diario vermello de Flanagan
Título orixinalEl diari vermell d'en Flanagan
Autor/aAndreu Martín e Jaume Ribera
CubertaFausto C. Isorna
OrixeCataluña
Linguacatalán
ColecciónCosta Oeste
Xénero(s)Novela negra, literatura xuvenil
EditorialEditorial Galaxia
Data de pub.2004
Formatorústico cosido a fío
Páxinas292
ISBNISBN 978-84-8288-868-2
Precedido porEls vampirs no creuen en Flanagans
Seguido porEu tampouco me chamo Flanagan
TraduciónSilvia Gaspar
editar datos en Wikidata ]

Este libro, parello a O diario vermello de Carlota, de Gemma Lienas, desmárcase do resto da saga. É un libro de divulgación sobre a sexualidade, escrito para adolescentes.

Trama editar

A trama dura entre comezos de febreiro e mediados de abril. Flanagan coñece na estación do metro a Carlota, e comezan a falar. Carlota dille que vai comezar un diario vermello, onde porá as súas ideas, experiencias e esperanzas sobre a sexualidade. Flanagan decide escribir un diario el tamén, para, ó rematalo, intercambialo e comparar dúbidas e aprender xuntos.

Pero a situación sáese de nai, e o que comezara como unha relación marcada por ese eixo, axiña se torna unha relación con forte carga sentimental, cos problemas que iso leva consigo. Flanagan aínda non rompera a súa relación con Nines, e Carlota tamén está confundida, pois gústalle un rapaz holandés.

Logo de perderen a virxindade xuntos e de moitos sentimentos contraditorios, rematan como amigos. Flanagan reemprende a relación con Nines.

Narración editar

Máis alá da trama, o libro tamén serve de manual. Fala extensamente de métodos anticonceptivos, tendencias sexuais, enfermidades de transmisión sexual, e da relación entre o sexo e o amor.

A base de enquisas e charlas, vai amosando as opinións de diferentes compañeiros de clase con distintas experiencias. Hai moitos rapaces con pais machistas (o que levou ó fillo ós 15 anos a un prostíbulo para perder a virxindade, o que lle di á filla que a muller é inferior, ou mesmo o que viola á súa propia filla). Tamén hai moita xente para quen o sexo é tabú, e mesmo algunha outra (as menos...) para quen é algo normal.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar