Abrir o menú principal

Creedence Clearwater Revival, coñecido tamén como CCR ou Creedence, é o nome dun grupo de rock clásico fusionado con country de finais dos anos 60, liderado por John Fogerty.

Creedence Clearwater Revival
Creedence Clearwater Revival 1968.jpg
OrixeEl Cerrito (California), Estados Unidos Flag of the United States.svg
Período1968 - 1972
Xénero(s)rock, swamp rock, southem rock
Selo(s) discográfico(s)Fantasy Records
MembrosJohn Fogerty
Tom Fogerty
Stu Cook
Doug Clifford
Páxina webcreedence-online.net

HistoriaEditar

A banda comezou como The Blue Velvets, formada por Tom Fogerty en El Cerrito (California) na década de 1950. A mediados de 1960 a banda firma contrato con Fantasy Records e lanza o seu primeiro álbum, Creedence Clearwater Revival, e o seu famoso sinxelo Suzie Q (partes 1 e 2). No álbum Willy and the Poor Boys notouse unha grande crítica social, contra o armamentismo nuclear e as presións político-militares. Permaneceron xuntos durante uns anos, pero logo dos sinxelos Have you ever seen the rain e Hey tonight, correron rumores da separación do grupo. En febreiro de 1971 Tom Fogerty separouse do grupo e seguiu como solista. Logo disto a calidade da banda comenzou a caer e en outubro de 1972 disolveuse oficialmente. Dende 1993 Creedence Clearwater Revival forma parte do Rock And Roll Hall Of Fame.

O grupo comezou como calquera outra banda dunha pequena vila. Buscando oportunidades, percorreron dende presentacións en festas ata chegar a ser en 1965 The Gooliwoogs, unha agrupación que tiña, por exixencia do seu manager, un estilo moi "Beatle" tanto na súa música como na súa indumentaria (usaban perrucas brancas e uniformes militares como The Beatles, usaban smóking e peiteados idénticos).

En 1968, baixo o lema "Faino ou esquéceo", decidíronse a facer o que eles sabían. Ca potencia na voz, as letras de John Fogerty e a harmoniosa rítmica de Tom Fogerty, Stu Cook e Doug Clifford, editaron os sinxelos Suzie Q, partes 1 e 2, e I put a Spell On You / Walk on The Water, que racharon con tódolos esquemas da época, así coma o álbum que os contiña, Creedence Clearwater Revival, que abarcaba diversos estilos, dende a psicodelia ("Gloomy") ata o blues ("Get Down Woman").

En 1969 editan Bayou Country, no que abunda un estilo que caracterizou a CCR: o "Swamp Rock", ou "Rock dos Pantanos". Boa mostra deste estilo son temas como "Born on the Bayou" e "Keep on Chooglin'", sen deixar de mencionar "Proud Mary". Este LP converteríase rapidamente en disco de platino.

Xa a estas alturas, Creedence Clearwater Revival destronara a The Beatles e a The Rolling Stones dos primeiros postos dos Rankings.

Ese mesmo ano editan Green River e Willy and the Poor Boys, que tamén se converteron en disco de platino. En 1970 editan Cosmo's Factory, que se converte en Disco Triplo Platino por vender mais de tres millóns de copias. Hoxe en día obtense esta distinción con só vender cen mil.

En 1971 editan Pendulum, un álbum talvez non moi comercial, pero que é unha verdadeira peza de colección para os que coñecen a banda. En 1972, xa sen Tom Fogerty, editan Mardi Gras, un álbum moi ben producido pero sen moito brillo pola presión exercida por parte da discográfica, que, segundo Stu Cook, lles obrigou a facer composicións individuais. Doug Clfford dixo: "dixéronnos que, se non o facíamos, a banda separábase. Non nos decatamos de que isto pasaría de todas as maneiras e nos botarían a culpa a nos".

Na actualidade Creedence Clearwater Revival é unha das bandas que mais se escoita e que mais Hits ten pese a súa curta discografía, só 65 cancións, das que hai 40 nas recompilacions Chronicle e Chronicle II. O mesmo Elvis Presley dixo fai case catro décadas: "Creedence é unha desas bandas que na actualidade se escoita moito e aínda se escoitara mais dentro de trinta anos".

MembrosEditar

DiscografíaEditar

Álbums de estudioEditar

Álbum Ano Selo
Creedence Clearwater Revival 1968 Fantasy Records
Bayou Country 1969 Fantasy Records
Green River 1969 Fantasy Records
Willy and the Poor Boys 1969 Fantasy Records
Cosmo's Factory 1970 Fantasy Records
Pendulum 1970 Fantasy Records
Mardi Gras 1972 Fantasy Records

Álbums ao vivoEditar

Álbum Ano Selo
Live in Europe 1973 Fantasy Records
The Concert 1980 Fantasy Records