Abrir o menú principal

Elvis Presley

cantante norteamericano

Elvis Aaron Presley, máis coñecido por Elvis Presley ou polo seu nome de pía Elvis, e como o Rei do Rock and Roll, ou simplemente o Rei, nado en Tupelo, Mississippi, o 8 de xaneiro de 1935 e finado en Memphis, Tennessee, o 16 de agosto de 1977, foi un cantante e actor norteamericano. Está considerado como unha das máis significativas iconas culturais do século XX.

Elvis Presley
Elvis Presley promoting Jailhouse Rock.jpg
Elvis Presley en 1957
Nome completoElvis Aaron Presley
AliasO rei do rock
Nacemento8 de xaneiro de 1935
OrixeTupelo, Mississippi
Estados Unidos de América Estados Unidos
Falecemento16 de agosto de 1977 (42 anos)
Memphis, Tennessee
 Graceland
CónxuxePriscilla Presley
FillosLisa Marie Presley
OcupaciónMúsico, compositor, cantautor, actor
XéneroRock & Roll, pop, blues, gospel, country, rockabilly, Rock, R&B
Instrumento(s)Cantante, guitarra, piano
Selo(s) discográfico(s)Sun Records
RCA Victor
Relacionado conPriscilla Presley (cónxuxe)
The Blue Moon Boys,
The Jordanaires,
The Imperials
Tempo en activo1953 - 1977
Na rede
www.elvis.com
{{{tamaño_sinatura}}}px
editar datos en Wikidata ]

Cando tiña 13 anos, trasladouse coa súa familia a vivir a Memphis, Tennessee. A súa carreira musical comezou en 1954 cando gravou para Sun Records co produtor Sam Phillips, quen quería levar o son da música afroamericana a unha audiencia máis numerosa. Acompañado polo guitarrista Scotty Moore e o baixista Bill Black, Presley foi un pioneiro do rockabilly, un estilo de tempo rápido impulsado por un constante ritmo que consiste nunha fusión de música country e rhythm and blues. En 1955, o batería D. J. Fontana uníuse ao grupo para completar a formación clásica do cuarteto de Presley, e RCA Victor adquiriu o seu contrato nun acordo disposto polo coronel Tom Parker, quen sería o seu representante durante máis de dúas décadas. O primeiro disco sinxelo de Presley foi Heartbreak Hotel, lanzado en xaneiro de 1956 e que chegou a ser número un nos Estados Unidos. Cunha serie de aparicións exitosas nas cadeas televisivas e gravacións que chegaron ao máis alto das listas, converteuse na figura líder do novo son popular do rock and roll. As súas enérxicas interpretacións das cancións e o seu estilo sexualmente provocativo no escenario, combinado cunha singularmente potente mestura de influencias da música negra nunha época de loita polos dereitos civís da poboación afroamericana, fixérono enormente popular e controvertido.

En novembro de 1956, estreouse no cine na película Love Me Tender. Alistado no servizo militar en 1958, relanzou a súa carreira dous anos máis tarde con algúns dos seus maiores éxitos comerciais. Porén, fixo poucos concertos en vivo e, guiado por Parker, dedicou gran parte da década de 1960 a facer películas en Hollywood e álbums de bandas sonoras, moitas delas amplamente criticadas. En 1968, logo de sete anos sen concertos en vivo, reapareceu no escenario no aclamado programa especial televisivo Elvis, que o levou a dar un amplo número de concertos en Las Vegas e a unha serie de xiras moi rendibles. En 1973, Presley foi o protagonista do primeiro concerto dun artista solista que foi emitido vía satélite para todo o planeta, Aloha from Hawaii.[1][2][3][4] Anos de abuso de medicamentos receitados comprometeron seriamente a súa saúde, morrendo repentinamente en 1977 na súa mansión de Graceland cando tiña 42 anos.

Presley é un dos máis célebres e influentes músicos do século XX. Logrou o éxito comercial en moitos xéneros, incluíndo pop, country, blues e gospel. É o cantante solista con máis vendas en toda a historia da música gravada.[5][6][7][8] Ganou tres premios Grammy e recibiu outro pola súa carreira artística cando tiña 36 anos, e está en múltiples salóns da fama musical. Cando morreu vendera 200 000 000 de discos e conseguira 129 discos de ouro. Interpretou 31 filmes, relacionados case todos eles co mundo da canción.

Índice

TraxectoriaEditar

IniciosEditar

 
Disco de vinilo co tema «Blue Moon of Kentucky», gravado por Elvis en 1954 na compañía Sun Records.

Fillo de obreiros, pouco despois de trasladarse os seus pais a Memphis comezou a traballar como camioneiro nunha empresa de material eléctrico. Desde neno xa se interesaba pola música, actuando no coro parroquial e ben cedo xa aprendera a tocar a guitarra e cantaba temas de blues e rhytm e blues.

En 1954 como regalo para a súa nai gravou, pagando catro dólares, unha canción na casa discográfica Sun Records, propiedade de Sam Phillips, quen se interesou por el e o contratou para a súa compañía. O 6 de maio de 1954 gravou o seu primeiro disco That´s All Right, que axiña se converteu nun éxito local en Memphis. Combinando estilos negros co country, cancións gravadas na Sun como Good rockin´ tonight ou Baby let´s play house inauguraron un novo xeito de interpretar e vocalizar e constitúen unha das raíces do nacente rock and roll. Ademais da radiodifusión, foi a maneira de moverse no escenario o que fixo de Elvis un escandaloso xove intérprete que chamou a atención do futuro manager o Coronel Tom Parker. Este conseguiu que a RCA pagase 35.000 dólares para facerse co cantante. Así, o 10 de xaneiro de 1956 trasladouse a Nashville para gravar cos membros do seu grupo: o guitarrista Scotty Moore, o baixo Bill Black e o batería D.J. Fontana. O 28 de xaneiro irrompería no espectáculo Stage Show dos irmáns Dorsey na cadea de televisión CBS, impactando ao gran público americano con temas negros como Shake, Rattle and Roll.

Grandes éxitosEditar

 
Ed Sullivan con Elvis Presley en Nova York o 26 de outubro de 1956.
 
Fotografía promocional da película Jailhouse rock.

En xaneiro de 1956 conseguiu o seu primeiro número un en vendas durante 27 semanas por Heartbreak Hotel. Nese ano serían tamén número un varios temas como Hound Dog (durante tamén 27 semanas) así como os seus dous álbums Elvis Presley e Elvis que incluían versións clave na historia do rock and roll como Blue Suede Shoes, One-Side Love Affair ou Rit it up. Os shows televisivos de Milton Berle, Steve Allen, os irmáns Dorsey e Ed Sullivan bateron récords de audiencia coa súa presenza e os concertos comezaron a ser multitudinarios en dimensións sen precedentes. O 9 de setembro de 1956 a súa actuación no show de Ed Sullivan acadou unha audiencia do 82,6% e foi visto por máis de 60 millóns de persoas.

O escándalo medraba ao mesmo ritmo que o éxito: Ben Gross do Daily News escribía que Elvis levaba a cabo unha exhibición suxestiva e vulgar, tinguida de niveis de salvaxismo que debería ser exclusivo... dos prostíbulos. Jack Gould no New York Times comparaba o movemento frenético do seu corpo co repertorio das explosivas bailarinas das pasarelas de cabaret. Un xuíz de Jacksonville, Florida ordenoulle non moverse sensualmente no escenario e en nalgunhas tomas de televisión filmábaselle de cintura para arriba. Ed Sullivan, que declarara que xamais o convidaría ao seu prestixioso programa e que non o tocaría nin cun pau longo, acabou ofrecendo 50.000 dólares pola súa presenza.

Nese ano debutou tamén como actor en Love me tender, un filme ambientado na Guerra de Secesión polo que cobrou 100.000 dólares. Ao terceiro día da súa estrea o 10 de novembro, xa se cubriran os gastos de produción. Nos seguintes doce anos interpretou uns 30 filmes, con períodos de tres películas por ano xa sen pretensións artísticas nin musicais e ao ditado dunha doada rendibilidade.

En 1957 reafírmase como o ídolo da xente nova e o intérprete máis popular do rock and roll cun álbum número un durante 29 semanas (Loving You) e catro singles nese mesmo posto, entre os que salientan Jailhouse Rock e All Shook Up, que foron tamén número un no Reino Unido xunto co LP citado.

Un álbum de cancións navideñas reinterpretadas con acentos de blues chegou tamén ao número un ese ano: Elvis´ Christmas album.

A película Jailhouse rock, que supuxera un investimento de 400.000 dólares, acadou un beneficio de 4 millóns. Hoxe en día figura entre os filmes incluídos no National Film Register para a súa preservación polo seu significado cultural, histórico e estético.

Servizo militar e retornoEditar

 
Elvis prestando xuramento na súa incorporación ao servizo militar en 1958.

Entre 1958 e 1960 cumpriu co servizo militar en Alemaña, deixando unha película (King Creole) e varias cancións gravadas que lle permitiron continuar no cume (Hard Head Woman, Big Hunk o´Love e Don´t foron números un, One Night e I Need Your Love Tonight fórono no Reino Unido, ademais do álbum da devandita obra cinematográfica). Temas da película citada como o propio King Creole ou Trouble converteríanse en clásicos do rock de ámbito internacional.

Ao seu retorno aos Estados Unidos decantouse por outros estilos musicais -country, gospel, canción lixeira e mesmo napolitanas- conseguindo catro números un en singles e a mesma posición para o álbum G.I.Blues, banda sonora dunha película que cambiaba a imaxe de heroe marxinal por un xovial soldado americano de servizo en Alemaña. En maio de 1960 o show televisivo de Frank Sinatra foi líder de audiencia (share do 42%) co especial Welcome Home Elvis, o que supuxo a posta en escena da acollida do denostado rockeiro na sociedade ben pensante americana. Isto cerraba a operación de mercadotenia que acompañou ao seu servizo militar.

En 1961, o álbum Something for Everybody sumaría un novo número un.

No Reino Unido o citado álbum G.I. Blues, así como Elvis is Back e "Pot Luck" acadarán o número un, ao igual que varios singles; así, en 1960 foi número un It´s Now or Never e en 1961 catro máis: Are You Lonesome Tonight, Wooden Heart, Surrender e Little Sister/(Marie´s the Name) His Latest Flame.

Carreira en HollywoodEditar

 
Juliet Prowse e Elvis Presley nunha imaxe publicitaria do filme G.I. Blues.

Elvis tentou ser un actor serio con películas como Flaming Star, un western antirracista que foi prohibido en Suráfrica e que non acadou o éxito do desenfadado G.I. Blues. O notable posto 12 na Variety´s weekly list non foi o suficientemente satisfactorio para o seu manager.

O Coronel incidiu na teima de converter ao cantante rebelde e lascivo nun artista respectable para todos os públicos edulcorando a súa imaxe mediante infinidade de películas soamente comerciais e a abandonando paulatinamente o rock. Con todo, desta época son versións discográficas tan célebres como a de Fever ou Are you lonesome tonight.

O punto de inflexión sería o abandono dos concertos e a película ''Blue Hawai'' (1961) cun enorme éxito en portelos de eido internacional que marcaría un novo rumbo na súa carreira alleo á evolución do rock e o pop. A partir dese momento ensaiaríase repetidamente a mesma fórmula, distante das modas musicais da xente máis nova e con guións buscadamente intrascendentes. Os primeiros anos, a estratexia comercial do Coronel Tom Parker tivo éxito. Algunhas bandas sonoras das películas acadaron o número un nas listas de albumes como foi o caso da propia Blue Hawai (1961) e Roustabout (1964). Tamén en 1964 Viva Las Vegas, xa en pleno reinado dos Beatles, supoxo aínda o súa mellor recadación en portelo, mesmo logrando desprazar ao film do grupo británico A Hard Day´s Night. Foi tamén significativo que a canción Blue Chritsmas acadara o número un na Chritsmas Chart.

Pola súa parte no Reino Unido, segue dominando as listas de vendas. En 1962 acadan o número un catro singles: Rock-A-Hula Baby/Can´t Falling in Love, Good Luck Charm, She´s not You e Return to Sender.

Porén, a partir de 1965 a rutina de Hollywood e ausencia de calidade cinematográfica e musical fai que a súa popularidade decaia notablemente. Só a volta ás súas raíces de música negra bríndalle algúns éxitos como o single Crying in the Chapel ese mesmo ano ou o álbum How Great Thou Art en 1967 co que obtería o primeiro dos seus Premios Grammy. Pola contra, nin sequera películas cunha crítica musical aceptable como Speedway (1968), coprotagonizada por Nancy Sinatra, acadarían máis que moi mediocres posicións tanto en portelo (posto 40 en Varity´s year-end) como en vendas da banda sonora (Let Yourself Go foi número 22 no Reino Unido).

FinalEditar

 
Fotografía de Elvis, en 1970.

A finais dos 60 tentou recobrar a popularidade anterior, que tan só conseguirá puntualmente co show televisivo coñecido como o Come Back Special e con temas como High heel sneakers, If I can dream (1968), In the Ghetto, Don´t Cry Daddy ou Suspicious Mind (1969). Ese ano, o álbum From Elvis in Memphis foi número un no Reino Unido despois de sete anos sen que un LP seu acadara esa posición no importante mercado británico.

Nos anos 70 serán célebres concertos históricos como o do Madison Square Garden (1972) do que sairía un novo disco de ouro, Hawaii vía satélite (1973), visto por máis dun billón de espectadores e cuxo álbum Aloha from Hawaii será un novo número un, Memphis (catro shows para atender a demanda de entradas en marzo de 1974, e do que sairía un tema en directo, How Great Thou Art, que foi premio Grammy), Pontiac ante 63.200 espectadores en decembro de (1975) ou os de Las Vegas (1976-77), estes últimos xa en plena decadencia física.

En 1973 obtivera un Globo de Ouro polo documental Elvis on Tour, unha reportaxe moi realista sobre as súas xiras pola América profunda.

Entre os anos 1973 e 1976 Elvis logrou colocar catro álbums no número un da Country Chart.

Faceta artísticaEditar

InfluenciasEditar

As primeiras influencias musicais de Presley procedían da música gospel. Súa nai lembrou que á idade de dous anos, na igrexa da Asemblea de Deus en Tupelo, onde asistía regularmente a familia, «Deslizouse do meu regazo, entrou no corredor e subiu á plataforma. Alí estaba mirando ao coro e intentando cantar con eles».[9] En Memphis, Presley asistía con frecuencia ás noites de gospel no Auditorio Ellis, onde grupos como The Statesmen Quartet interpretaban a súa música nun estilo tal que, Guralnick suxire, sembrou as sementes das futuras presentacións de Presley:

The Statesmen eran unha combinación eléctrica... incluían algúns dos cantos máis emocionantes e unha teatralidade ousada nunca antes vista no mundo do entretemento... vestidos con traxes que poderían ter saído da ventá de Lansky... O cantante Jim Wetherington, coñecido universalmente como «o Gran Xefe», mantiña seu traseiro firme, movendo incesantemente primeiro súa perna esquerda e, de seguido, súa dereita, mentres a tea da perna dos pantalóns danzaba e brilaba. «Chegou tan lonxe como se pode chegar na música gospel,» dixo Jake Hess. «As mulleres podían saltar, ao igual que o fan nun concerto de pop». Os predicadores opúñanse con frecuencia aos movementos lascivos... pero o público reaccionou con gritos e esvaecementos.[10]

Como adolescente, Presley tivo intereses musicais amplos, interesouse profundamente nas expresións musicais dos afroamericanos así como dos de raza branca. Aínda que nunca tivo ningún adestramento formal, os seus coñecementos musicais xa eran considerables cando fixo as súas primeiras gravacións profesionais en 1954, á idade de 19 anos. Cando Jerry Leiber e Mike Stoller o coñeceron dous anos máis tarde, asombráronse polo seu coñecemento enciclopédico do blues.[11] Nunha conferencia de prensa ao ano seguinte, declarou con orgullo: «coñezo practicamente cada canción relixiosa que se escribiu».[12]

Estilos musicais e xénerosEditar

 
Elvis Presley en marzo de 1957, co que foi durante moitos anos o seu grupo vogal, the Jordanaires.

Presley foi unha figura central no desenvolvemento do rockabilly, segundo os historiadores musicais. "O rockabilly cristalizou nun estilo recoñecible en 1954 coa primeira gravación de Elvis no selo Sun", escribiu Craig Morrison.[13] Paul Friedlander describe os elementos definitorios do rockabilly co que el caracteriza como "esencialmente ... unha construción de Elvis Presley": "o estilo vocal bruto, emocionante e estilizado e a énfase no sentimento rítmico do blues coa banda de cordas e a guitarra rítmica do country".[14] En "That's All Right", a primeira gravaciónd o trío de Elvis, o solo de guitarra de Scotty Moore, "unha combinación do fingerpicking tipo country de Merle Travis, a execución de dúas notas acústicas tipo boogie de forma simultánea, e notas dobradas do xénero blues, un traballo dunha soa secuencia, é un microcosmos desta fusión".[14] Aínda que Katherine Charlton tamén chama a Presley "o creador de rockabilly",[15] Carl Perkins afirma explicitamente que "Sam, Elvis i eu non creamos o rockabilly".[16] E, segundo Michael Campbell, "Bill Haley gravou o primeiro grande éxito de rockabilly".[17]. Tamén di Moore: "Estivo niso por un bo tempo, realmente. Carl Perkins estaba facendo basicamente o mesmo tipo de cousas que facía en Jackson, e sei por certo que Jerry Lee Lewis estivo tocando ese tipo de música desde que tiña dez anos".[18]

En RCA, o son do rock and roll de Presley creceu distinguíndose do rockabilly cunha voz grupal no coro, guitarras eléctricas máis amplificadas[19] e unha actitude máis forte e intensa.[20] Mentres que foi coñecido por tomar cancións de diversas fontes e darlles un acondicionamiento para adaptarlas ao rockabilly/rock and roll, tamén gravou cancións noutros xéneros desde os comezos da súa carreira, desde o pop estándar de «Blue Moon», pasando pola balada country de «How's the World Treating You?» do seu segundo LP, ata o blues de «Santa Claus is Back in Town». En 1957, lanzouse o seu primeiro disco de gospel, o EP de catro pistas Peace in the Valley. Con máis dun millón de copias certificadas, converteuse no EP de gospel máis vendido na historia da música gravada.[21] Presley continuaría gravando temas gospel periodicamente o resto da súa vida.

Despois do seu retorno do servizo militar en 1960, Presley continuou tocando rock and roll, pero seu estilo característico diminuíu substancialmente. Seu primeiro sinxelo desta época, o éxito número un «Stuck on You», é un exemplo deste cambio. A publicidade de RCA refírese a esto como mild rock beat e o discógrafo Ernst Jorgensen chámao upbeat pop.[22] O son moderno do blues/R&B capturado con éxito en Elvis Is Back! foi abandonado esencialmente durante seis anos, ata que rexurdiu en certas gravacións de 1966 e 1967, como «Down in the Alley» e «Hi-Heel Sneakers».[23] Durante a maior parte da década de 1960, o estilo do cantante enfatizou moito a música pop, a menudo en forma de baladas como «Are You Lonesome Tonight?», un número un en 1960. "It's Now or Never", que tamén liderou as listas ese ano, era unha variación pop influenciada pola clásica canción napolitana "’O sole mio" que concluía cunha "cadencia operística a plena voz".[24] Mentres que estes dous últimos eran temas dramáticos, a maioría do que Presley gravou para as súas bandas sonoras eran temas máis alegres.[25]

Aínda que Presley interpretou varias das súas baladas clásicas para o Comeback Special de 1968, o son do espectáculo estivo dominado pola agresividade do rock and roll. Máis adiante, gravou novas cancións de rock and roll puro que, como explicou, eran «complicados de atopar».[26] Unha importante excepción foi «Burning Love», seu último éxito nas listas de música pop. Como seu traballo da década de 1950, súas gravacións posteriores regresaron ao estilo pop e country, pero en permutacións moi diferentes. Seu estilo comezou a utilizar un son rock máis contemporáneo, así como soul e funk. Gran parte de Elvis In Memphis, así como «Suspicious Minds», gravados nas mesmas sesións, reflicten seu novo rock e a fusión co soul. A mediados da década de 1970, moitos dos seus sinxelos encontraron un espazo nas estacións de radio country, o primeiro lugar onde Presley convertérase nunha estrela.[27]

Rango e estilo vocalEditar

O crítico de música Henry Pleasants observa que «Elvis Presley foi descrito como un barítono e un tenor. Un ritmo extraordinario... e a súa ampla gama de cor vogal teñen algo que ver con esta diverxencia de opinión».[28] Identifica a Presley como un gran barítono, calcula o seu rango vogal en dúas oitavas e un terzo, «desde un sol4 dun barítono, ata o si1 dun tenor, cunha extensión cara arriba en falsete a, polo menos, un re bemol. A mellor oitava de Presley está no medio, re bemol a re bemol, dándolle unha nota adicional para obter un tono máis agudo ou grave».[28] Desde o seu punto de vista, a súa voz era «variable e impredecible» no peor escenario e «acotío brillante» no mellor, coa capacidade para cantar «notas altas como sol e la que serían a envidia de calquera barítono de ópera».[28] Lindsay Waters, que estima o rango vogal de Presley en dúas oitavas e un cuarto, subliña que «súa voz tiña unha gama emocional desde murmurios tenros e suspiros ata gritos e gruñidos raspadores, que podían pasar ao oínte da calma e entrega, ao temor. Súa voz non pode medirse en oitavas, pero sí en decibelios; aínda isto non resolve o problema de como medir os seus murmurios delicados que apenas son audibles».[29] Presley sempre foi quen «de duplicar o son aberto, rouco, extasiante, de gritos, prantos e imprudencia dos intérpretes negros de rhythm and blues e gospel», escribiu Pleasants, e «tamén demostrou unha notable capacidade para asimilar moitos outros estilos vogais».[28]

Vida persoalEditar

 
Elvis e Priscilla coa súa filla Lisa Marie ao pouco de nacer esta en febreiro de 1968.

Casado con Priscilla Beaulieu (1967), tivo con ela unha filla (Lisa Marie) e máis tarde asinaron o divorcio (1973). Foi parella da coñecida miss, actriz e compositora Linda Thompson. Coleccionista de Cadillacs e armas, os derradeiros anos da súa vida estivo obsesionado pola depresión e a obesidade, que tentaba paliar por medio de pílulas, o que probablemente favoreceu a súa morte en estrañas circunstancias ós 42 anos.

De entre os seus numerosos éxitos musicais temos Hound Dog, Don't Be Cruel, Love me Tender, All Shook up, Teddy Bear, Jailhouse Rock, It's Now or Never, Can´t Help Falling in Love, Surrender, Crying In The Chapel, In The Ghetto, Suspicious Minds, Burning Love, Moody Blue, That's Alright Mamma, Mystery Train, All Shook Up, e King Creole.

Discografía destacadaEditar

Videografía destacadaEditar

  • This is Elvis (1981)
  • Elvis in Concert (1977)
  • Aloha from Hawaii (1973)
  • The Alternate Aloha (1973)
  • Elvis on Tour (1972)
  • That's The Way It Is (Special Edition)
  • That's The Way It Is (1970)
  • Elvis NBC TV Special (1968)
  • Roustabout (1964)
  • Viva Las Vegas (1964)
  • Kid Galahad (1962)
  • Follow That Dream (1962)
  • Wild in the Country (1961)
  • Flaming Star (1960)
  • Welcome Home Elvis (1960)
  • King Creole (1958)
  • Jailhouse Rock (1957)
  • Loving You (1957)
  • Love me Tender (1956)

OutrosEditar

  • The Great Performances 1, 2 e 3
  • The Lost Perfomances
  • He Touched Me (Documental)
  • One Night With You

NotasEditar

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

  • Adair, Joseph (1992). The Immortal Elvis Presley: 1935-1977 (en inglés). Longmeadow Press. ISBN 0681415193. 
  • Barth, Jack (1999). Travels With Elvis (en inglés). Random House Value Publishing. ISBN 051720309X. 
  • Beaulieu Presley, Priscilla; Harmon, Sandra (1986). Elvis and Me (en inglés). Berkley. ISBN 0425091031. 
  • Bertrand, Michael T (2000). Race, Rock, and Elvis (en inglés). University of Illinois Press. ISBN 978-0-252-02586-0. 
  • Blanco Labra, Víctor (2014). Elvis en el Bosque. Psicografía de Elvis Presley (en castelán). México: Penguin Random House Grupo Editorial. 
  • Braz, Odair (2004). "Elvis". Super Interessante. Para Saber Mais (en portugués). 
  • Brown, Peter Harry; Broeske, Pat H. (1997). Down at the End of Lonely Street: The Life and Death of Elvis Presley (en inglés). Signet. ISBN 0451190947. 
  • Camargo Brito, Maurício. Elvis (en portugués). Leia Sempre. ISBN 8588434113. 
  • Campbell, Michael (2009). Popular Music in America (en inglés) (3rd ed.). 
  • Cecon, Waldemir (2005). Elvis - O Rei de Las Vegas (en portugués). Elvis Presley's World Fan Club. 
  • Cecon, Waldemir (2006). Elvis em Turnê (en portugués). Elvis Presley's World Fan Club. 
  • Charlton, Katherine (2006). Rock Music Styles: A History (en inglés) (5th ed.). McGraw-Hill. ISBN 0-07-312162-2. 
  • Clemens, Will (2001). All Shook Up: Collected Poems about Elvis (en inglés). Fotografías de Jon Hughes. University of Arkansas Press. ISBN 1-55728-704-X. 
  • Cotten, Lee (1998). All Shook Up - Elvis Day By Day, 1954 -1977 (en inglés). Popular Culture, Ink. ISBN 1560750464. 
  • Doss, Erika (1999). Elvis Culture; Fans, Faith & Image (en inglés). University Press of Kansas. ISBN 0700613374. 
  • Fox, Ted (1986). In the Groove: The People Behind the Music (en inglés). St Martin's Press. ISBN 0-312-01776-6. 
  • Friedlander, Paul (1996). Rock and Roll: A Social History (en inglés). Westview. ISBN 0-8133-2725-3. 
  • Gillett, Charlie (2000). "The Five Styles of Rock'n'Roll". En William McKeen. Rock and Roll Is Here To Stay: An Anthology (en inglés). W. W. Norton. ISBN 0-393-04700-8. 
  • Goldman, Albert (1981). Elvis (en inglés). McGraw-Hill. ISBN 0-7139-1474-2. 
  • Guralnick, Peter (1989). Vintage, ed. Lost Highway: Journeys & Arrivals of American Musicians (en inglés). ISBN 0-394-75215-5. 
  • Guralnick, Peter (1994). Little, Brown, ed. Last Train to Memphis: The Rise of Elvis Presley (en inglés). ISBN 0-316-33225-9. 
Hai tradución ao castelán
  • Guralnick, Peter (2008). Elvis: The Construction of the Myth: Last Train to Memphis [Elvis: La Construcción Del Mito: Último Tren a Memphis] (en castelán). Global Rhythm Press. ISBN 8496879208. 
  • Guralnick, Peter (1999). Careless Love: The Unmaking of Elvis Presley (en inglés). Back Bay Books. ISBN 0-316-33297-6. 
Hai tradución ao castelán
  • Guralnick, Peter (2008). Careless Love: The Unmaking of Elvis Presley [Amores que matan: La destrucción del hombre] (en castelán). Global Rhythm Press. ISBN 8496879194. 

Ligazóns externasEditar

Outros artigosEditar