Música afroamericana

tradicións musicais dos afroamericanos

A música afroamericana é un termo xeral que abarca unha ampla gama de música e xéneros musicais desenvolvidos en gran parte polos afroamericanos e a súa cultura. As súas orixes están nas formas musicais que se desenvolveron como resultado da escravitude dos afroamericanos antes da Guerra civil estadounidos.[1][2] Tense dito que "todo xénero que nace de América ten raíces negras".[3]

"A lección de banjo" de Henry Ossawa Tanner, 1893

Os propietarios de escravos brancos subxugaron aos seus escravos física, mental e espiritualmente mediante actos brutais e degradantes.[4] Os brancos estadounidenses consideraron aos afroamericanos coma desiguais durante séculos, facendo esforzos extraordinarios para mantelos oprimidos. Os escravos afroamericanos crearon un tipo de música distintivo que xogou un papel importante na era da escravitude. As cancións dos escravos, coñecidas comunmente como cancións de traballo, usáronse para combater as dificultades do traballo físico. As cancións de traballo tamén se usaban para comunicarse con outros escravos sen que o dono puidera entender. A canción "Wade in the Water" era cantada polos escravos para axudar aos que intentaban escaparse usando auga para ocultar o seu rastro. Despois da guerra civil, os afroamericanos empregados para tocar música europea en bandas militares desenvolveron un novo estilo chamado ragtime que evolucionou gradualmente cara ao jazz. O jazz incorporou a sofisticada estrutura polirrítmica da danza e da música folclórica dos pobos da África occidental e subsahariana. Estas formas musicais tiveron unha ampla influencia no desenvolvemento da música nos Estados Unidos e en todo o mundo durante o século XX.[5][6]

Analizar a música africana a través da lente da musicoloxía europea pode deixar fóra gran parte do uso cultural do son e dos métodos de creación musical. Algúns métodos de creación musical africana tradúcense con máis claridade a través da propia música, e non de forma escrita.[7]

O blues e o ragtime desenvolvéronse a finais do século XIX a través da fusión de vocalizacións de África Occidental, que empregaban as series harmónicas naturais e as blue notes. "Se un considera os cinco criterios dados por Waterman como características da música de África occidental, descobre que tres foron ben documentados como característicos da música afroamericana. A organización da chamada e resposta, dominio dun enfoque percusivo da música, e as frases desfasadas das acentuacións melódicas foron citadas como típicas do xénero en practicamente todos os estudos de calquera tipo de música afroamericana, desde cancións de traballo, street calls (cancións do chamamento da rúa), shouts (berros) e cacións espirituais ata blues e jazz."[8]

As primeiras gravacións de jazz e blues realizáronse na década de 1920, e os músicos afroamericanos desenvolveron estilos relacionados como o rhythm and blues na década de 1940. Na década de 1960, os intérpretes de soul tiveron unha gran influencia nos cantantes brancos estadounidenses e británicos. A mediados da década de 1960, os músicos negros desenvolveron o funk e foron figuras principais do xénero de fusión de finais dos anos 60 e 70. Nas décadas de 1970 e 1980, os artistas negros desenvolveron o hip-hop, e na década de 1980 introduciron o estilo de baile con infusión de disco coñecido como música house.

Notas editar

  1. Tamberrino. "Responses to African-American Music During the Civil War". Virginia Lucas Poetry Scrapbook. 
  2. "Slave Shout Songs from the Coast of Georgia The McIntosh County Shouters". folkways.si.edu. Consultado o 2021. 
  3. Eaglin, Maya (2021). "The soundtrack of history: How Black music has shaped American culture through time". NBC News. 
  4. Morris, George (2022). "Unspeakable cruelty: Former slaves tell their stories in Southern University online listings". The Advocate. 
  5. Samuel, Floyd (1996). The Power of Black Music Interpreting Its History from Africa to the United States. Oxford University Press. p. 208. ISBN 978-0-19-510975-7. 
  6. Price, Tanya (2013). "Rhythms of Culture: Djembe and African Memory in African-American Cultural Traditions". Black Music Research Journal 33 (2): 227–247. JSTOR 10.5406/blacmusiresej.33.2.0227. doi:10.5406/blacmusiresej.33.2.0227. 
  7. "Black Music". search.alexanderstreet.com. Consultado o 2022. 
  8. Wilson, Olly (1974). "The Significance of the Relationship between Afro-American Music and West African Music". The Black Perspective in Music 2 (1). JSTOR 1214144. doi:10.2307/1214144. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar