África subsahariana
África subsahariana é unha rexión xeográfica que abrangue os países do continente africano situados ao sur do deserto do Sáhara e que non forman parte da rexión coñecida como Noráfrica.
Tipo | rexión xeográfica | ||||
---|---|---|---|---|---|
Parte de | África entidade territorial | ||||
Localización | |||||
Continente | África | ||||
| |||||
Comparte fronteira con | África do Norte, sur | ||||
Composto por | |||||
Dende o século XIX este territorio empezou a ser coñecido tamén coa expresión África negra por parte dos occidentais, describindo a unha zona habitada por individuos de raza negra e que non fora "descuberto" nin "colonizado" por parte dos europeos. Ese termo caeu en desuso, e foi catalogado como despectivo.
Dende o fin da última idade do xeo, o norte e a zona subsahariana atoparon no deserto do Sáhara unha fronteira natural case insalvable, salvo por pequenos escapes como o río Nilo. O termo subsahariano atopa un sinónimo en "África Tropical", intentando destacar a súa diversidade ecolóxica, aínda que a parte austral conta cun clima totalmente diverso.
África subsahariana é por moitos considerada como a rexión máis pobre do planeta, sufrindo os graves legados do colonialismo, o neocolonialismo, os conflitos étnicos e inestabilidade política. Nesta rexión sitúanse os países menos desenvoltos do planeta, con grandes debilidades estruturais. É tamén esta rexión, principalmente a zona oriental, o berce da especie humana, dende onde se iniciou o poboamento da Terra (probablemente en Etiopía ou Tanzania). Foi durante moitos anos o lugar onde se desenvolveron de maneira extraordinaria, como os imperios do Congo, Nubia, Uagadugu (en Ghana), Malí, Nok, Songhai, Kanem-Bornu, Benín e o Gran Cimbabue.
Estados de África Subsahariana
editarExisten 42 países situados na rexión subsahariana, e deles seis teñen a condición de ser illas. Estes últimos inclúen a Madagascar, Seicheles, Comores, Cabo Verde e San Tomé e Príncipe. Mauricio non é normalmente contabilizado como parte desta rexión, xa que os seus principais grupos étnicos son hindús, chineses e franceses. De acordo con esta clasificación, os países da África Subsahariana son:
- Queenya
- Tanzania
- Uganda
- Dxibuti
- Eritrea
- Etiopía
- Somalia (incluíndo Somalilandia)
- Sudán
- Sudán do Sur
- Benín
- Burkina Faso
- Camerún
- Chad
- Costa do Marfil
- Guinea Ecuatorial
- Gabón
- Gambia
- Ghana
- Guinea
- Guinea-Bissau
- Liberia
- Malí
- Mauritania
- Níxer
- Nixeria
- Senegal
- Serra Leoa
- Togo
Nacións Insulares Africanas
editar- Cabo Verde (África Occidental)
- Comores (África Oriental)
- Madagascar (África Austral)
- Mauricio (África Austral)
- San Tomé e Príncipe (África Occidental)
- Seychelles (África Oriental)