República do Congo

Coordenadas: 1°26′24″S 15°33′22″L / -1.44, 15.556

A República do Congo[1][2] (en francés: République du Congo; en congo: Repubilika ya Kongo; en lingala: Republiki ya Kongó), tamén chamado Congo-Brazzaville para distinguilo da veciña República Democrática do Congo, é un país africano. Limita ao norte con Camerún e a República Centroafricana, ao leste e sur coa República Democrática do Congo, ao sur con Cabinda e ao oeste co océano Atlántico e Gabón. A súa capital é Brazzaville.

República do Congo
République du Congo
Repubilika ya Kongo
Republiki ya Kongó
Bandeira da República do Congo
Bandeira da República do Congo
Escudo da República do Congo
Escudo da República do Congo
BandeiraEscudo
Lema: Unité, travail, progrès
(Francés: Unidade, traballo, progreso)
Himno: La congolaise
Capital
 Poboación
Brazzaville
1 300 000 (2006)
Cidade máis poboadaBrazzaville
Linguas oficiaisFrancés, lingala e congo
Forma de gobernoRepública
Denis Sassou-Nguesso
Anatole Collinet Makosso
Independencia de Francia15 de agosto de 1960
 • Total342 superficie_posto = 62 km²
 • % auga3,3
Fronteiras5 504 km
Costas169 km
PoboaciónPosto 124º
 • Total (2005 est.)3 602 269 hab.
 • Densidade10,5 hab./km²
PIB (nominal)
 • Totaln/d
 • per cápitan/d
PIB (PPA)Posto 156º
 • Total4 621 millóns US$
 • per cápita1 379 US$
MoedaFranco CFA (XAF)
IDH (2007)0,548 (139º) – Medio
XentilicioCongolés, congolesa
Fuso horarioCET (UTC+1)
 • Horario de veránCEST (UTC+1)
Dominio de Internet.cg
Prefixo telefónico+242
Prefixo radiofónicoTNA-TNZ
Código ISO178 / COG / CG
Membro de: UA, OIF, ONU
Congo

Historia Editar

O Congo obtivo a súa independencia da Francia o 15 de agosto do 1960. O seu primeiro presidente foi Fulbert Youlou, forzado a deixar o goberno por unha revolta, no 1963. Asume, entón, a presidencia Alphonse Masamba-Délbat que, en 1964, fundou un partido de índole marxista-leninista adoptando unha economía planificada, de base socialista. A seguir, dá inicio a un "Plano Quinquenal" que levou a unha expansión inicial da agricultura e da industria.

A tensión entre o goberno e os militares crece e, no 1968, o Exército dá un golpe de estado, liderado polo maior Marien Ngouabi, que asume o poder. El mantivo a liña socialista, pero creando o seu propio partido, o "Partido Congolés dos Traballadores" (PCT). En 1970, o país adopta a denominación de República Popular do Congo e consolida o seu réxime ligado ao marxismo-leninismo. Neste mesmo ano, o exército esmaga unha tentativa de golpe contra o presidente, liderada polo ex-tenente paracaidista Pierre Xitonga, e executa a todos os conspiradores, coa excepción do exministro de Defensa, Augustin Poignet, que consegue fuxir. Aproveitándose desta situación, dá inicio a un expurgo xeral de todos os sospeitosos de seren contrarios ao seu goberno.

O Partido Congolés do Traballo permanece como o único legal e, en 1977, o presidente foi asasinado, asumindo o poder unha xunta militar. En 1979 pasa á presidencia o coronel Sassou-Nguesso, que exerce poderes ditatoriais ata 1989, cando o colapso comunista do leste europeo o leva a anunciar reformas políticas e a transición para a economía de mercado. O goberno mantén unha política internacional de neutralidade, relacionándose tanto co capitalismo como co comunismo.

En 1990, o PCT abandona o marxismo-leninismo. No ano seguinte, tropas cubanas estacionadas no país desde 1977, deixan o Congo. En 1992 é votada a nova Constitución, onde está previsto un sistema político multipartidista.

Política Editar

Subdivisións Editar

O Congo divídese en dez rexións (en lingua francesa départements) e unha comuna:

Brazzaville, a capital do país, é unha comuna.

Xeografía Editar

Localizado no centro-oeste de África, cunha pequena porción de costa no Océano Atlántico e cortado pola liña do Ecuador, o Congo ten clima quente e húmido. Preto de 55% do territorio é cuberto por forestas tropicais.

Economía Editar

Demografía Editar

Cultura Editar

Artigo principal: Cultura da República do Congo.

Notas Editar

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para congolés.
  2. "Listaxe de países participantes en Rio2016, ordenados por continente" (PDF). Portal das Palabras. Consultado o 16 de agosto de 2016. 

 
 Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.