Clément Mouamba
Clément Mouamba, nado en Sibiti, África Ecuatorial Francesa en 1944, e finado o 29 de outubro de 2021,[1] foi un político congolés. Entre 2016 e 2021 ocupou o cargo de Primeiro Ministro da República do Congo. Anteriormente exerceu como Ministro de Finanzas (1992 a 1993). Foi símbolo da «nova República» e da «ruptura» do goberno buscado por Denis Sassou Nguesso, despois da súa reelección o 20 de marzo.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 13 de novembro de 1943 Dingui, República do Congo (en) |
Morte | 29 de outubro de 2021 (77 anos) 14º distrito de París, Francia |
Primeiro ministro da República do Congo | |
23 de abril de 2016 – 12 de maio de 2021 ← Isidore Mvouba – Anatole Collinet Makosso (pt) → | |
Member of the National Assembly of the Republic of the Congo (en) | |
Lexislatura: 14th National Assembly of the Republic of Congo (en) | |
Actividade | |
Ocupación | político |
Partido político | Congolese Party of Labour (en) |
Educación
editarClément Mouamba estudou no Lycée Technique du 1er Mai en Brazzaville, onde obtivo o seu bacharelato, antes de ir a estudar a Montpellier, logo á Sorbona, onde obtivo un doutoramento en economía.
Carreira profesional
editarEn 1973, uniuse ao BEAC en Yaoundé. Seis anos despois, converteuse no asistente do director. Denis Sassou Nguesso, que acababa de chegar ao poder, convérteo no seu asesor económico e financeiro, antes de poñelo á fronte do Banco Internacional do Congo (BIDC), e logo do Banco Comercial do Congo (BCC), en 1985.
Carreira política
editarEn 1992, cando Sassou Nguesso deixou a presidencia, Clément Mouamba abandonou Partido Congolés do Traballo (PCT), foi elixido deputado por Sibiti e uniuse ó primeiro goberno formado polo novo Xefe de Estado, Pascal Lissouba, como Ministro de Economía e Finanzas. Debido ós seus desacordos coa "Banda dos Catro" que rodeaba o presidente, non foi reelixido en 1995.
En 2015, Clément Mouamba rompeu co seu partido antes do referendo constitucional dese ano para participar no diálogo patrocinado polo goberno, que a oposición boicoteara, debido á cuestión do cambio constitucional. O referendo permitiu ó presidente Denis Sassou Nguesso postularse para outro período nas eleccións presidenciais de marzo de 2016.[2] Tras a asunción do presidente Sassou Nguesso por un novo mandato o 16 de abril de 2016, nomeou como Primeiro Ministro a Clément Mouamba o 23 de abril.[3] Este último constitúe o seu primeiro goberno o 30 de abril de 2016.[4]
Despois das eleccións parlamentarias de 2017, onde o partido presidencial (PCT) foi o primeiro, Clément Mouamba presenta a renuncia do seu goberno ó presidente, como é costume.[5] Foi reelixido o 21 de agosto e nomeou o seu segundo goberno o 22 de agosto.[6][7]
En maio de 2021, Clément Mouamba e o seu goberno dimitiron.
Notas
editar- ↑ "Congo-Brazzaville: qui est Clément Mouamba, le nouveau Premier ministre?". Jeune Afrique. 10 de maio de 2016. Consultado o 17 de marzo de 2017.
- ↑ "Congo Republic president names one-time opposition leader as PM", Reuters, 23 de abril de 2016.
- ↑ Gankama N'Siah, "Exécutif congolais: Clément Mouamba nommé Premier ministre, chef du gouvernement" Arquivado 25 de abril de 2016 en Wayback Machine., ADIAC, 24 de abril de 2016 (en francés).
- ↑ "Copia archivada". 2016. Arquivado dende o orixinal o 03 de outubro de 2016. Consultado o 21 de xullo de 2018.
- ↑ "Congo-Brazzaville: démission du gouvernement Mouamba". 17 de agosto de 2017.
- ↑ "Congo-Brazzaville : Denis Sassou Nguesso reconduit le Premier ministre démissionnaire Clément Mouamba". 22 de agosto de 2017.
- ↑ "Congo-Brazzaville : ce qu’il faut retenir du gouvernement Clément Mouamba 2". 23 de agosto de 2017.