Lingua congo
O congo[2] (kikongo ou kongo) é a lingua bantú falada polo pobo congo, os habitantes dos bosques tropicais da República Democrática do Congo, do República do Congo e de Angola.
Congo Kikongo | ||
---|---|---|
Outros nomes: | Kongo | |
Falado en: | Angola República Democrática do Congo República do Congo | |
Rexións: | África Central | |
Total de falantes: | 10 millóns | |
Familia: | Níxer-congo Atlántico-Congo | |
Escrita: | Alfabeto latino | |
Estatuto oficial | ||
Lingua oficial de: | República Democrática do Congo (nacional), República do Congo (dialecto kituba, como lingua rexional) | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | kg
| |
ISO 639-2: | kon | |
ISO 639-3: | kon
| |
SIL: | KON
| |
Mapa | ||
![]() Extensión da lingua congo. | ||
Status | ||
![]() |
Historia e característicasEditar
Foi utilizada como lingua franca nos séculos XVIII e XIX en boa parte de África occidental, especificamente onde os europeos tomaban escravos para levalos para América.
Por esta razón, a lingua congo sobrevive aínda, nun grao limitado, no Caribe, mais a maioría dos seus falantes viven en África.
Hai sete millóns de falantes nativos de congo, e dous millóns úsana como segunda lingua. É base tamén de varios dialectos para usos comerciais e de intercambio interetnico.
Desde 2006 ten o status oficial e legal de lingua nacional na República Democrática do Congo, de acordo a constitución de dito país, xunto ao francés, o lingala, o suahili e o tshiluba.
Un dos seus principais dialectos, o kituba, está recoñecido como lingua rexional na República do Congo.
DialectosEditar
As principais formas dialectais do congo son: kimañanga, kintandu, kiyaka, kizombo, kiyombe, kisuku, kilaadi, kibuembe, kifioti e kinzamba.
Descrición lingüísticaEditar
MorfoloxíaEditar
Comparado con outras linguas bantús, incluíndo os demais dialectos do congo, o Kikongo ya Leta ten unhas regras morfolóxicas moi simples, sen prefixos nominais nin verbais, nin existe a concordancia entre os substantivos e as palabras que dependen destes (pronomes, adxectivos ou verbos).[3]
NotasEditar
- ↑ Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022.
- ↑ "Entrada congo en Digalego". Arquivado dende o orixinal o 07 de novembro de 2017. Consultado o 02 de novembro de 2017.
- ↑ África, Ikuska Libros, S.L. [1]
Véxase taménEditar
Existe unha versión da Wikipedia en Lingua congo |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Lingua congo |
Outros artigosEditar
BibliografíaEditar
- (1957) par Léon DEREAU, d'après le dictionnaire de K. E. LAMAN. Maison d'éditions AD. WESMAEL-CHARLIER, Namur. 60 pages.
- Carter, Hazel e João Makoondekwa. , c1987. Kongo language course : a course in the dialect of Zoombo, northern Angola = Maloòngi makíkoongo. Madison, WI : African Studies Program, University of Wisconsin—Madison.
- Grammaire du Kiyombe par R. P. L. DE CLERCQ. Edition Goemaere - Bruxelles - Kinshasa. 47 pages
- Nkutama a Mvila za Makanda, Imprimerie Mission Catholique Tumba, (1934) par J. CUVELIER, Vic. Apostlique de Matadi. 56 pages (L'auteur est en réalité Mwene Petelo BOKA, Catechiste redemptoriste à Vungu, originaire de Kionzo.)