Abrir o menú principal

Negro ou raza negra son dous termos xenéricos usados para designar o conxunto de grupos étnicos compostos por individuos melanodermos[1], frecuentemente orixinarios da África subsahariana, mais tamén de Asia do sur e de Oceanía[2]. O uso desta terminoloxía foi especialmente corrente na Europa do século XIX e XX, en función da clasificación dos pobos humanos segundo un dos criterios aparentes (teoría racialista).

Usos contemporáneosEditar

A pertinencia da clasificación da humanidade en razas é hoxe en día fortemente contestada, sobre todo a raíz da secuenciación do xenoma humano: Craig Venter afirma que malia as diferenzas morfolóxicas, é imposíbel separar a humanidade en varias razas, no sentido científico do termo raza. Porén, o termo raza segue a ser de uso corrente para designar as etnias. Desde ese punto de vista, en certos países como os Estados Unidos de América utilízase o termo cunha finalidade de clasificación estatística. Mais nese mesmo país acabaron por substituílo oficialmente polo vocábulo afroamericano, principalmente a impulsos do movemento afroamericano de dereitos cívicos. O uso do termo inglés "black" (negro) é usado aínda moi frecuentemente, e mesmo polos negros americanos. O termo "noir" é de uso común na lingua francesa, e o mesmo que se pode dicir de "negro" en galego e castelán; nas variedades americanas do español acostuma usarse o vocábulo "prieto", correlato exacto do "preto" usual en portugués padrón; estes derradeiros casos son posibelmente de orixe eufemística, do mesmo xeito que en francés se está a usar o anglicismo black; en inglés é tamén corrente "negro", mais por contrario con matiz despectivo.

NotasEditar

  1. Atlas marenches éd 1988
  2. La géographie par l’image et la carte, pour la section préparatoire et les classes enfantines, publié par la Librairie Générale vers 1915:
    La race noire peuple le Centre et le Sud de l’Afrique ; Elle peuple aussi une partie de l’Océanie et de l’Amérique.

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar