Lena Horne

actriz e cantante estadounidense

Lena Mary Calhoun Horne, nada en Brooklyn (Nova York) o 30 de xuño de 1917 e finada na mesma cidade o 9 de maio de 2010,[1] foi unha actriz e cantante estadounidense de jazz e música popular.

Infotaula de personaLena Horne

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento30 de xuño de 1917 Editar o valor em Wikidata
Nova York, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Morte9 de maio de 2010 Editar o valor em Wikidata (92 anos)
Nova York, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Insuficiencia cardíaca Editar o valor em Wikidata)
Datos persoais
ResidenciaBrooklyn Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Grupo étnicoAfroamericano Editar o valor em Wikidata
EducaciónBoys and Girls High School (pt) Traducir
Girls' High School (en) Traducir
Washington High School (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónactriz , cantante , actriz de teatro , actriz de televisión , actriz de cinema , música , músico de jazz , Pin-up girl , bailarina , artista discográfico Editar o valor em Wikidata
Período de tempoSéculo XX Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1933 Editar o valor em Wikidata - 2000 Editar o valor em Wikidata
Xénero artísticoMúsica pop tradicional (pt) Traducir, música pop, Jazz e vocal jazz (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
InstrumentoVoz Editar o valor em Wikidata
Selo discográficoBlue Note
Qwest Records (pt) Traducir
Warner Bros. Records
RCA Records
MGM Records
Decca Records Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeLennie Hayton (1947–1971)
FillosGail Lumet Buckley (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm0395043 Allocine: 2670 Rottentomatoes: celebrity/lena_horne Allmovie: p33273 TV.com: people/lena-horne IBDB: 6344
Spotify: 2I6nP70ltmOHi6xjJUXHMe Musicbrainz: 0031bc7a-1b6f-4620-99db-5202405b0749 Songkick: 329153 Discogs: 300050 Allmusic: mn0000815575 WikiTree: Horne-902 Find a Grave: 52189627 Editar o valor em Wikidata

A súa carreira, tanto como artista de clubs nocturnos como de intérprete de discos para diversas compañías, abrangue máis de sesenta anos, dende os anos trinta aos noventa do século XX.

Traxectoria editar

Inicios editar

Lena Horne naceu en Bedford–Stuyvesant, Brooklyn.[2] Era descendente da familia de John C. Calhoun, e ambas as pólas da súa familia tiñan mestura de afroamericanos, indíxenas estadounidenses e estadounidenses de orixe europea e pertencían á parte superior da clase media, ben educada.[3][4] O seu pai, Edwin Fletcher "Teddy" Horne, Jr. (1893–1970),[5][6] dedicado ás apostas, abandonou a familia cando ela tiña tres anose mudouse á unha comunidade negra de clase media-alta no distrito de Hill en Pittsburgh, Pensilvania.[7][8] A súa nai, Edna Louise Scottron (1894–1976), era neta do inventor Samuel R. Scottron; ela era unha actriz cunha compañía teatral negra e viaxaba moito.[9] A avoa materna de Edna, Amelie Louise Ashton, era unha escrava senegalesa.[10] Horne foi criada principalmente polos seus avós, Cora Calhoun e Edwin Horne.[6]

Debutou como corista aos 14 anos, pasando a integrar as filas do célebre Cotton Club de Harlem onde actuaban Duke Ellington, Billie Holiday, Louis Armstrong e Ethel Waters, quen a impactou coa canción "Stormy Weather".

Deuse a coñecer no mundo do jazz na segunda metade da década de 1930, cantando en diversas big bands, especialmente na de Noble Sissle (1938), época en que iniciou a súa carreira cinematográfica. En 1941 incorporose á banda de Charlie Barnet, conseguindo un éxito discográfico coa canción "Good for nothing Joe",[11] e despois actouu asiduamente coa banda do pianista Teddy Wilson.

Carreira interpretativa editar

Traballou en 16 filme e varias curtametraxes entre 1938 e 1978. A súa aparición máis célebre foi en Stormy Weather, coa súa canción máis representativa, de 1943[12] e en Cabin in the Sky de Vincente Minnelli xunto a Ethel Waters e Cab Calloway.

Ía encarnar a Julie no filme musical Show Boat mais debido á súa cor, o papel foi cedido á súa amiga Ava Gardner, que foi dobrada nas cancións. A súa última aparición no cinema foi en O meigo como Glenda The Good Witch xunto a Michael Jackson e Diana Ross.

Actuou tamén en Broadway, logrando unha candidatura ao Tony en 1957 por Jamaica. Aosos sesenta e tres anos, regresou triunfalmente co seu propio espectáculo Lena Horne: The Lady and Her Music en 1981-1982, producido por Quincy Jones, polo que recibiu un Tony.

Traballou con asiduidade na radio e na televisión, nos programas de Judy Garland,[13] Bing Crosby e Frank Sinatra, e en The Muppet Show.

Loita racial editar

 
Lena Horne na Marcha polos Dereitos Civís

Comprometida coa lita contra a discriminación racial, o seu primeiro traballo da década dos trinta foi no Cotton Club de Harlem, onde as persoas de raza negra podían traballar mais non eran admitidos como clientes. Nun principio, a súa cor de pel clara fixo que a chamasen "Hedy Lamarr café con leite" ou "Chocolate chanteuse", mais aínda así tivo prohibido pernoctar en hoteis para brancos ata 1942. En 1940 foi a primeira afroamericana que fixo unha xira cunha orquestra de jazz branca[14] e en 1942 foi a primeira afroamericana que obtivo un contrato permanente na Metro Goldwyn Mayer.

Durante a segunda guerra mundial fixo xiras entretendo as tropas aliadas negándose a facelo para audiencias segregadas.[15]

Pasamento editar

 
Lena Horne.

A última aparición de Horne foi en 1999, cando xa sufría de esclerose múltiple. Faleceu o 9 de maio de 2010 no hospital presbiteriano de Nova York aos 92 anos.[16]

Vida persoal editar

Casou con Louis Jones (1937-1944) con quen tivo dous fillos, entre eles a escritora Gail Lumet Buckley que foi esposa do director Sidney Lumet. Entre 1947 e 1971 estivo casada co director musical Lennie Hayton, mais a súa voda, celebrada en Francia, foi anunciada tempo despois a causa de ser un matrimonio interracial e recibir ameazas de morte.[14]

Residía no Upper West Side de Nova York, no famoso edificio Apthorp.[17]

Recoñecementos editar

Ten dúas estrelas no Paseo da Fama de Hollywood, como actriz e como cantante.[15]

Recibiu tres premios Grammy, entre eles o Lifetime Achievement Award en 1989.

En 1984 foi unha das artistas do ano homenaxeada coa condecoración Kennedy Center Honor en Washington.

Discografía editar

  • It's Love (1955; RCA)
  • Stormy Weather (1956; RCA)
  • At the Waldorf Astoria (1957; RCA)
  • Jamaica [Original Cast Recording] (1957; RCA)
  • Give the Lady What She Wants (1958; RCA)
  • Porgy & Bess (1959; RCA). Con Harry Belafonte
  • Songs by Burke and Van Heusen (1960; RCA)
  • At the Sands (1961; RCA)
  • Lena on the Blue Side (1962; RCA)
  • Lovely & Alive (1963; RCA)
  • Lena Goes Latin (1963; Charter)
  • Sings Your Requests (1963; Charter)
  • Here's Lena Now! (1964; 20th Century)
  • Feelin' Good (1965; UA)
  • Lena in Hollywood (1966; UA)
  • Merry from Lena (1966; UA)
  • Soul (1966; UA)
  • Lena & Gabor (1970; Skye)
  • Nature's Baby (1971; Buddah)
  • Lena and Michel (1975; RCA)
  • Lena: A New Album (1976; RCA)
  • The Lady and Her Music (1981; Qwest). Grammy á mellor interpretación pop feminina
  • The Men in My Life (1988; Three Cherries)
  • We'll Be Together Again (1994; Blue Note)
  • An Evening with Lena Horne (1995; Blue Note). Grammy ao mellor álbum de jazz
  • Being Myself (1998; Blue Note)
  • Seasons of My Life (2005; Blue Note; gravado en 1999)

Filmografía editar

  • The Duke is Tops (1938; Million Dollar Pictures)
  • Panama Hattie (1942; MGM)
  • Cabin in the Sky (1943; MGM)
  • Thousands Cheer (1943; MGM)
  • Stormy Weather (1943; 20th Century Fox)
  • I Dood It (1943; MGM)
  • Two Girls and a Sailor (1944; MGM)
  • Swing Fever (1944; MGM)
  • Broadway Rhythm (1944; MGM)
  • Boogie-Woogie Dream (1944; curta da Official Films)
  • Till the Clouds Roll By (1946; MGM)
  • Mantan Messes Up (1946; Toddy Pictures)
  • Ziegfeld Follies (1946; MGM)
  • Studio Visit (1946; curta da MGM)
  • Words and Music (1948; MGM)
  • Duchess of Idaho (1950; MGM)
  • Meet Me in Las Vegas (1956; MGM)
  • Death of a Gunfighter (1969; Universal Studios)
  • O meigo (1978; Universal Studios)
  • That's Entertainment! III (1994; MGM)

Notas editar

  1. Fallece la cantante y actriz Lena Horne a los 92 años (en castelán)
  2. "Lena Horne". American Masters (en inglés). 14 de maio de 2010. Consultado o 06 de xaneiro de 2019. 
  3. William Ruhlmann (2008). "Artist: Lena Horne Biography". Allmusic. Consultado o 10 de agosto de 2008. 
  4. "Lena Horne, entertainer, died on May 9th, aged 92". The Economist. 20 de maio de 2010. Consultado o 30 de xuño de 2017. 
  5. "Lena Horne Bio – Lena Horne Career". MTV Artists. Arquivado dende o orixinal o 31 de xaneiro de 2009. Consultado o 30 de novembro de 2018. 
  6. 6,0 6,1 McLellan, Dennis; Nelson, Valerie J. (10 de maio de 2010). "Lena Horne dies at 92; singer and civil rights activist who broke barriers". Los Angeles Times. Arquivado dende o orixinal o 14 de novembro de 2010. Consultado o 10 de maio de 2010. 
  7. Kalson, Sally (11 de maio de 2010). "Lena Horne came to Pittsburgh, then left to find stardom". Pittsburgh Post-Gazette. Consultado o 30 de xuño de 2017. 
  8. Brewer, John M. (2007). Pittsburgh Jazz. Arcadia Publishing. p. 14. ISBN 978-0-7385-4980-4. 
  9. "Ancestors & Descendants of Lena Mary Calhoun Horne". The Family Forest.
  10. Schickel, Richard; Horne, Lena (1965). Lena. Doubleday. p. 7. 
  11. Hunter, Nigel (1978): 20 Golden Pieces of Lena Horne - Linernotes (Londres, Bulldog BDL2000)
  12. "YouTube - Lena Horne - Stormy Weather (1943)". Consultado o 2009. 
  13. "YouTube - LENA HORNE Sings Love Me or Leave Me and The Eagle & Me 1965". Consultado o 2009. 
  14. 14,0 14,1 The Kennedy Center (en inglés)
  15. 15,0 15,1 "Lena Horne". Consultado o 2009. 
  16. Lena Horne, cantante e actriz, falece aos 92 anos (en inglés)
  17. "Lena Horne - Biography". Consultado o 2009. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Gavin, James. STORMY WEATHER The Life of Lena Horne; Atria Books. 2009
  • Buckley, Gail Lumet. The Hornes: An American Family, Nova York: Knopf, 1986.
  • Haskins, James con Kathleen Benson, Lena: A Biography of Lena Horne, Chelsea, Mich.: Scarborough House, 1991.
  • Horne, Lena e Richard Schickel, Lena , Nova York: Doubleday, 1965.

Ligazóns externas editar