Harry Belafonte

cantante estadounidense

Harold George "Harry" Belafonte, Jr., nado como Harold George Belafonte, Jr. en Harlem (Nova York) o 1 de marzo de 1927, é un actor, músico e activista social estadounidense de orixe xamaicano. Axudou a popularizar o ritmo musical caribeño calipso na década de 1950.

Harry Belafonte
Harry Belafonte 2011 Shankbone.JPG
Nome completoHarold George Bellanfanti
AlcumeHarry Belafonte
Nacemento1 de marzo de 1927
Lugar de nacementoHarlem
NacionalidadeEstados Unidos de América e Xamaica
Alma máterThe New School, George Washington Educational Campus e Wolmer's Schools
Ocupacióncantante, actor, activista pola paz, actor de televisión, compositor de cancións e artista discográfico
FillosDavid Belafonte, Gina Belafonte e Shari Belafonte
PremiosMedalha Spingarn, National Medal of Arts, Marian Anderson Award, Grammy á carreira artística, Premios Emmy, Letelier-Moffitt Human Rights Award, Prêmio Humanitário Jean Hersholt, Theatre World Award, Prémio Embaixador de Consciência, Library of Congress Living Legend, Tony Award de Melhor Ator Coadjuvante em Musical, NAACP Image Award – Chairman's Award, Premio Kennedy, Paul Robeson Award, Ordem da Jamaica, Order of the Companions of O. R. Tambo, Four Freedoms Award - Freedom Medal e star on Hollywood Walk of Fame
Na rede
http://www.singyoursongthemovie.com/
IMDB: nm0000896 Allocine: 4022 Rottentomatoes: celebrity/harry_belafonte Allmovie: p5054 66480 TV.com: people/harry-belafonte IBDB: 22172
Facebook: harrybelafonte Twitter: harrybelafonte MySpace: harrybelafonte Spotify: 6Tw1ktF4xMmzaLLbe98I2z Musicbrainz: 49c48b7f-1ff1-4f02-a1aa-ca1254b46ef2 Songkick: 312959 Discogs: 273817 Allmusic: mn0000952794 Deezer: 5885 Genius: Harry-belafonte Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]
Spot da campaña electoral de 1960 a favor de J. F. Kennedy
Póster dun festival de 1964, xunto a Miriam Makeba, Joan Báez, The Beatles, etc.

A súa canción máis coñecida (que o levou ao número un das listas en 1957) é quizais Day-O (The Banana Boat Song). Fixo aparicións no Muppets Show e a súa música utilizouse para a película Beetlejuice.[1]

En 2014 foi galardoado co Premio Humanitario Jean Hersholt.[2]

TraxectoriaEditar

Harry Belafonte naceu en Manhattan, Nova York, mentres que o seu pai de orixe xamaicana traballaba como xefe de cociña para a Mariña Británica. Cando Belafonte tiña oito anos, a súa familia trasladouse a Xamaica e volveu a Nova York aos trece, pero esa estancia marcou a súa vida, invadida polos ritmos caribeños.

Despois de unirse á Mariña e de servir na Segunda guerra mundial, tomou clases de interpretación xunto a Marlon Brando, Tony Curtis, Walter Matthau, Beatrice Arthur e Sidney Poitier mentres traballaba no American Negro Theatre Workshop.

Comezou a súa carreira como cantante, aínda que sen moito éxito ao principio, actuando en pequenos clubs da costa leste de Estados Unidos. Abriu un restaurante no Greenwich Village de Nova York, que despois pechou para dedicarse definitivamente ao canto.

Tamén apareceu en películas como Bright Road, Carmen Jones, Island in the Sun e The World, the Flesh and the Devil, Odds. Against Tomorrow, Uptown Saturday Night e nalgunhas campañas benéficas como USA for Africa en 1985.

A canción Day-OhEditar

Esta canción non era en realidade un calypso. Day-Oh é unha canción tradicional de Xamaica sobre os traballadores do peirao cargando bananas para exportar.

A canción foi gravada por primeira vez en Inglaterra en 1954, polo actor e vocalista de Trinidad Edric Connor. Connor chamou ao tema "Day Dah Light (Banana Loaders Song)" e incluíuno nun álbum de cancións populares xamaiquinas que non foi moi divulgado.

En 1956, dous novos arranxos da canción foron gravados de forma independente por Harry Belafonte e por The Tarriers, un grupo estadounidense que interpretaba cancións populares. A versión de Belafonte, adaptada polo compositor Irving Burgie, chamábase Day-Oh e saíu tanto como single como no seu álbum Calypso. The Tarriers tiñan escoitado a canción doutro músico folk, Bob Gibson, que viaxara a Xamaica. A súa versión, chamada The Banana Boat Song, é en realidade unha mestura con outra canción popular xamaiquina: Hill and Gully Rider. Tanto The Tarriers como a versión de Belafonte chegaron ás listas a principios de 1957. A canle de televisión chilena Megavisión utilizouna en 1992 nunha versión interpretada por Peter Rock e as caras da cadea daquela.

En 1988, Day-O (Banana Boat Song), xunto con Jump in the Line, foron incluídos na banda sonora da película Beetlejuice, protagonizada por Michael Keaton e dirixida por Tim Burton.

ActivismoEditar

Fóra da súa carreira musical, loitou polos dereitos humanos e por causas humanitarias. Criticou a política de George W. Bush para a Guerra de Iraq. Tamén apareceu na canción gañadora do Grammy We Are the World (1985).[3]

Na década de 1960 foi invitado polo presidente da República de Guinea-Conakry, Sekou Tourè, para crear o 2º Ballet Nacional, o Ballet Nacional Djolibà de Guinea Conakry.

Harry Belafonte é embaixador de UNICEF desde 1987, e traballa nos dereitos dos nenos africanos. En 2001 iniciou unha campaña contra a SIDA en Suráfrica.[4]

DiscografíaEditar

Álbums de estudioEditar

  • Mark Twain And Other Folk Favourites (1954)
  • Belafonte (1956)
  • Calypso (1956)
  • An Evening With Belafonte (1957)
  • Belafonte Sings Of the Caribbean (1957)
  • Belafonte Sings Of Christmas (1958)
  • Belafonte Sings The Blues (1958)
  • Love Is A Gentle Thing (1959)
  • Porgy And Bess (1959)
  • Belafonte At Carnegie Hall (1959)
  • My Lord What A Morning (1959)
  • Belafonte Returns To Carnegie Hall (1960)
  • Swing That Hammer (1960)
  • Jump Up Calypso (1961)
  • Midnight Special (1962)
  • Many Moods Of Belafonte (1962)
  • Streets I Have Walked (1963)
  • Belafonte At The Greek Theatre (1964)
  • Ballads, Blues And Boasters (1964)
  • An Evening With Belafonte/Makeba (1965)
  • An Evening With Belafonte/Mouskouri (1966)
  • In My Quiet Room (1966)
  • Calypso In Brass (1966)
  • Belafonte On Campus (1967)
  • Belafonte Sings Of Love (1968)
  • Homeward Bound (1969)
  • Belafonte By Request (1970)
  • Harry & Lena, For The Love Of Life (1970)
  • The Warm Touch (1971)
  • Calypso Carnival (1971)
  • Belafonte...Live (1972)
  • Play Me (1973)
  • Concert In Japan (1974)
  • Turn The World Around (1977)
  • Loving You Is Where I Belong (1981)
  • Paradise In Gazankulu (1988)
  • Belafonte '89 (1989)
  • An Evening With Harry Belafonte And Friends (1997)
  • The Long Road To Freedom, An Anthology Of Black Music (2001)

ColectivosEditar

  • Vorwärts, nicht vergessen solidarität! (1985)

Bandas sonorasEditar

FilmografíaEditar

NotasEditar

  1. Editors, Biography com. "Harry Belafonte". Biography (en inglés). Consultado o 2022-04-08. 
  2. "Harry Belafonte". Oscars.org ; Academy of Motion Picture Arts and Sciences (en inglés). 2014-11-03. Consultado o 2022-04-08. 
  3. Nast, Condé (2013-11-11). "The Many Battles of Harry Belafonte". The New Yorker (en inglés). Consultado o 2022-04-08. 
  4. "People; H. Belafonte". UNICEF.org. Arquivado dende o orixinal o 24 de outubro de 2015. Consultado o 08 de abril de 2022. 

Véxase taménEditar


 
 Este artigo sobre unha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.