Broadway

avenida da cidade de Nova York (Estados Unidos)

Broadway, que significa 'vía ancha' en inglés, é unha avenida da cidade de Nova York, Estados Unidos. A avenida Broadway é, xunto coa Quinta Avenida, a rúa máis famosa de Manhattan.

Broadway en 1909

É ademais a ruta máis antiga da cidade, podendo retrotraerse ó primeiro asentamento holandés de Nova Ámsterdan que atravesaba en diagonal, de norte a sur, a illa de Manhattan. O nome é unha tradución do neerlandés 'Breede weg'. A ruta holandesa, en todo caso, seguía o carreiro orixinal indio denominado 'Wickquasgeck', que serpeaba a illa seguindo o mesmo camiño.[1] A primeira vez que se cita aparece nunha descrición do explorador David de Vries en 1642.

A avenida actual caracterízase por atravesar varias prazas importantes, entre elas Union Square, Madison Square, Herald Square e Times Square, e por ser punto de referencia para 43 teatros que conforman o "Circuíto Broadway". Destes corenta e tres, soamente seis deles están situados na avenida Broadway.

A maioría das obras de teatro que se presentan son musicais.

Os principais actores americanos e destacadas figuras do cine realizaron actuacións en Broadway, tal é o caso de Groucho Marx, Charlton Heston, Robert Redford, Orson Welles, Katharine Hepburn, Burt Lancaster, James Dean, Marlon Brando, Gene Hackman, Frank Ronald Reiss, Grace Kelly e Lauren Bacall, entre outros. Algúns deles incluso pasaron por Broadway antes que por Hollywood.

En Manhattan existen outros circuítos de teatro con menor prestixio, chamados Off-Broadway e Off-off-Broadway.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar