Robert Redford
Charles Robert Redford Jr., nado en Santa Monica (California) o 18 de agosto de 1936,[1][2] máis coñecido simplemente como Robert Redford, é un actor, director, produtor, ecoloxista e filántropo estadounidense. Na súa carreira gañou dous Premios Oscar, un en 1981 como director de Xente corrente, e o outro Honorífico en 2002. No 2010, foi distinguido coa Legion d'Honneur. Por outra banda, é un dos iniciadores do Festival de Cinema de Sundance.
En abril de 2014, a revista Time incluíu a Redford na súa listaxe anual TIME 100 como unha das "Máis Influentes Persoas do Mundo", e declarándoo "Padriño do Cine Indie".[3][4]
Traxectoria
editarNaceu na cidade de Santa Monica, no condado dos Ánxeles, como Charles Robert Redford, Jr.. Marta, a nai, era ama de casa, e o seu pai leiteiro, de relixión católica e orixe irlandesa.
Foi criado no barrio hispano do oeste dos Ánxeles. Na década de 1950 o seu pai traballou como contable na Standard Oil e trasladáronse a un suburbio de clase media no val de San Fernando. Á súa nai diagnosticóuselle un cancro e Redford atravesaba entón unha época de rebeldía; pero gustáballe contar historias e debuxar. Unha excursión ao parque nacional de Yosemite imprimiulle un intenso amor pola natureza, que influiría en moitas das súas películas.
En 1958 casou con Lola van Wagenen e ao ano seguinte naceu o seu fillo Scott, que faleceu poucos meses despois por morte súbita. Nese mesmo ano un dos seus profesores conseguiulle o seu primeiro papel en Broadway. En 1960 comezou a traballar na televisión, na serie Playhouse 90, e a continuación en Perry Mason, Alfred Hitchcock presenta e The Twilight Zone. Por mor diso, o seu pai chegoulle a dicir: «Por que non buscas un traballo de verdade?»
En 1960 Redford e a súa esposa tiveron unha filla, Shawna, e en 1962 novamente un fillo, David Jones. Neses anos compraron unha parcela en Utah, onde construíron unha vivenda. A súa filla Amy nacería en 1970.
Debut no cinema
editarNo ano 1962 Redford conseguiu o seu primeiro papel nunha longametraxe de cinema, War Hunt, de Denis Sanders; película na que tamén debutaron os actores Sydney Pollack e Tom Skerritt. A continuación volveu actuar en Broadway, na obra Descalzos polo parque, dirixida por Mike Nichols, quen impuxo a participación de Redford, a quen vira na televisión. Esta obra de teatro converteuno en estrela de Broadway e foi o trampolín perfecto cara a Hollywood, onde foi contratado en 1964.
Nas súas catro primeiras películas fixo papeis secundarios e non lle proporcionaron un éxito digno de mención. Estas películas foron Inside Daisy Clover (protagonizada por Natalie Wood), A manda humana de Arthur Penn, Situation Hopeless ... But Not Serious e Propiedade condenada.
Filmografía
editarAno | Título | Papel | Notas |
---|---|---|---|
1960 | Tall Story | Xogador de baloncesto | |
1962 | The Twilight Zone | Death | 1 episodio: "Nothing in the Dark" |
1962 | War Hunt | Soldado Roy Loomis | |
1965 | Inside Daisy Clover | Wade Lewis | |
1965 | Situation Hopeless ... But Not Serious | Capitán Hank Wilson | |
1966 | Propiedade condenada | Owen Legate | |
1966 | A manda humana | Charlie 'Bubber' Reeves | |
1967 | Descalzos polo parque | Paul Bratter | |
1967 | Clambake | Azu | |
1969 | Butch Cassidy and the Sundance Kid | The Sundance Kid | |
1969 | O val do fuxitivo | Shériff Christopher 'Coop' Cooper | |
1969 | Downhill Racer | David Chappellet | |
1970 | Little Fauss and Big Halsy | Halsy Knox | |
1972 | As aventuras de Jeremiah Johnson | Jeremiah Johnson | |
1972 | O candidato | Bill McKay | |
1972 | Un diamante candente | John Archibald Dortmunder | |
1973 | O golpe | Johnny Hooker | |
1973 | The Way We Were | Hubbell Gardiner | |
1974 | O gran Gatsby | Jay Gatsby | |
1975 | Os tres días do cóndor | Joseph Turner/The Condor | |
1975 | The Great Waldo Pepper | Waldo Pepper | |
1976 | Tódolos homes do presidente | Bob Woodward | |
1977 | Unha ponte lonxana | Maior Julian Cook | |
1979 | The Electric Horseman | Norman 'Sonny' Steele | |
1980 | Brubaker | Henry Brubaker | |
1984 | O mellor | Roy Hobbs | |
1985 | Memorias de África | Denys Finch Hatton | |
1986 | Legal Eagles | Tom Logan | |
1990 | Havana | Jack Weil | |
1992 | Sneakers | Martin "Marty" Bishop | |
1992 | Incident at Oglala | Narrador | |
1993 | Indecent Proposal | John Gage | |
1993 | La Classe américaine | Steven | |
1996 | Íntimo e persoal | Warren Justice | |
1998 | The Horse Whisperer | Tom Booker | Tamén produtor e director |
2001 | The Last Castle | Eugene Irwin | |
2001 | Xogo de espías | Nathan D. Muir | |
2004 | The Clearing | Wayne Hayes | |
2005 | An Unfinished Life | Einar Gilkyson | |
2007 | Lions for Lambs | Dr. Stephen Malley | Tamén produtor e director |
2012 | The Company You Keep | Jim Grant/Jason Sinai | Tamén produtor e director |
2013 | All Is Lost | Our Man | Tamén produtor e director
Nomeado − Globos de Ouro ao mellor actor dramático |
2014 | Captain America: The Winter Soldier | Alexander Pierce | |
2015 | Truth | ||
2015 | A Walk in the Woods | Bill Bryson | Tamén produtor |
2015 | Winning: The Racing Life of Paul Newman | ||
2016 | National Parks Adventure | Narrador | |
2016 | Pete's Dragon | Meacham | |
2017 | The Discovery | Thomas |
Ano | Película | Notas |
---|---|---|
1980 | Xente corrente | Oscar ao mellor director
Globo de Ouro ao mellor director Premio do Sindicato de Directores (DGA): Mellor director |
1988 | The Milagro Beanfield War | |
1992 | O río da vida | Nomeado − Globo de Ouro ao mellor director |
1994 | Quiz Show | Nomeado − Oscar ó mellor director
Nomeado − Premios BAFTA ao mellor director Nomeado − Globo de Ouro ao mellor director Nomeado − Sindicato de Directores (DGA) ao mellor director |
1998 | The Horse Whisperer | Nomeado − Globo de Ouro ao mellor director |
2000 | The Legend of Bagger Vance | |
2007 | Lions for Lambs | Tamén produtor |
2010 | The Conspirator | Tamén produtor |
2012 | The Company You Keep | Tamén produtor |
Notas
editar- ↑ "Charles Robert Redford". California Birth Index, 1905–1995. Ancestry.com. Consultado o 16 de xuño de 2011.
Name: Charles Robert Redford; Birth Date: 18 Aug 1936; Gender: Male; Mother's Maiden Name: Hart; Birth County: Los Angeles
- ↑ "Monitor". Entertainment Weekly (1220/1221): 28. 17 de agosto de 2012.
- ↑ http://time.com/75192/the-ties-that-bind-the-time-100/
- ↑ http://time.com/70828/robert-redford-2014-time-100/
- ↑ "Robert Redford como actor en FilmAffinity". Consultado o 25-06-2017.
- ↑ "Robert Redford como director en FilmAffinity". Consultado o 25-06-2017.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Robert Redford |
Ligazóns externas
editar- Festival de cine independiente de Sundance (en inglés)
- Instituto Sundance (en inglés)
- Robert Redford en TCM Movie Database (inglés)
- Robert Redford Arquivado 30 de setembro de 2007 en Wayback Machine. en TV.com (en inglés)
- Entrevista a Robert Redford, xullo 2008 (en inglés)