Natalie Wood
Natalie Wood, pseudónimo de Natalia Nikolayevna Zakharenko, nada en San Francisco (California) o 20 de xullo de 1938 e finada en Santa Catalina (California) o 29 de novembro de 1981, foi unha actriz estadounidense de cinema e televisión.
(1973) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (ru) Наталья Николаевна Захаренко 20 de xullo de 1938 San Francisco (Estados Unidos de América) |
Morte | 29 de novembro de 1981 (43 anos) Ilha de Santa Catalina (Estados Unidos de América) |
Causa da morte | morte accidental, afogamento |
Lugar de sepultura | Westwood Village Memorial Park Cemetery (pt) |
Relixión | Igrexa ortodoxa |
Educación | Escola Secundaria de Van Nuys Hollywood Professional School (en) |
Actividade | |
Ocupación | actriz, actriz infantil, actriz de cinema, actriz de televisión |
Período de actividade | 1943 - 1981 |
Empregador | Warner Bros. |
Familia | |
Cónxuxe | Robert Wagner (1972–1981), morte Richard Gregson (1969–1972), divorcio Robert Wagner (1957–1962), divorcio |
Fillos | Natasha Gregson Wagner () Richard Gregson |
Irmáns | Lana Wood |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Obálky knih, |
Sitio web | nataliewood.co |
|
Traxectoria
editarNaceu co nome de Natalia Nikolayevna Zakharenko. Os seus pais emigraran de Rusia pouco antes. Axiña o seu pai substituíu o apelido familiar polo de Gurdin e aos catro anos quedou inscrita no rexistro como Natasha Gurdin. Ela falaba inglés e ruso.[1]
Empuxada e apoiada pola súa ambiciosa nai Maria, Natalie Wood converteuse nunha estrela de cine infantil, que interveu en numerosas películas con notable éxito, e foi unha das poucas que conseguiu levar a cabo a transición de estrela infantil cara a actriz adulta.
Natalie Wood gozou durante un período do estrelato, debido sen dúbida ao seu físico, á súa capacidade expresiva e á eficacia das súas actuacións. Foi nomeada ao Óscar en tres ocasións, pola súa interpretación en Rebel without a cause, Esplendor na herba e Love with the Proper Stranger.
Outro dos seus grandes filmes foi West Side Story, no que interpretou o papel principal de María. Xa que Wood tiña unha bonita voz, foi ela quen cantou todas as súas cancións. Con todo, finalmente foi dobrada por unha cantante profesional, o que lle ocasionou unha gran decepción.
Nestes anos, no apoxeo da súa carreira cinematográfica, foi considerada a actriz máis popular de Hollywood xunto con Elizabeth Taylor. O seu historial inclúe outras películas importantes como Centauros do deserto, de John Ford e The Candidate cun novo Robert Redford.
Wood estivo casada en dúas ocasións co actor Robert Wagner. Estivo un tempo de noiva cos actores Michael Caine, Steve McQueen, Tony Curtis, Warren Beatty, Dennis Hopper, o cantante Elvis Presley, o director de cine Henry Jaglom, e o político Jerry Brown[2].
Faleceu despois de caer ó mar desde o barco onde estaba, próximo á illa de Santa Catalina, California.
Notas
editar- ↑
- Natalie Wood na IMDb (en inglés).
- ↑ "Natalie Wood Biography – Yahoo! Movies". Movies.yahoo.com. Consultado o 2010-06-17.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Natalie Wood |