Steve McQueen

Actor estadounidense

Terrence Stephen "Steve" McQueen, nado o 24 de marzo de 1930 en Beech Grove e finado o 7 de novembro de 1980 en Ciudad Juárez, foi un actor estadounidense.

Modelo:BiografíaSteve McQueen

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Terrence Steven McQueen Editar o valor en Wikidata
24 de marzo de 1930 Editar o valor en Wikidata
Beech Grove, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte7 de novembro de 1980 Editar o valor en Wikidata (50 anos)
Ciudad Juárez, México Editar o valor en Wikidata
Causa da mortecancro de pulmón Editar o valor en Wikidata
EducaciónNeighborhood Playhouse School of the Theatre
Actors Studio (pt) Traducir
Boys Republic (en) Traducir
HB Studio Editar o valor en Wikidata
Altura177 cm Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónactor, piloto de automobilismo, actor de televisión, piloto de motociclismo, actor de cinema, actor de teatro Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1963 Editar o valor en Wikidata - 7 de novembro de 1980 Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticoWéstern Editar o valor en Wikidata
ProfesoresUta Hagen e Herbert Berghof (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Carreira militar
Rama militarCorpo de Marines dos Estados Unidos Editar o valor en Wikidata
Nacionalidade deportivaEstados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
DeporteMotociclismo Editar o valor en Wikidata
Participou en
24 Horas de Le Mans
International Six Days Enduro (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeBarbara Minty (1980–1980), divorcio
Ali MacGraw (1973–1978), divorcio
Neile Adams (1956–1972), divorcio Editar o valor en Wikidata
FillosTerry Leslie McQueen
 () Neile Adams
Chad McQueen
 () Neile Adams Editar o valor en Wikidata
PaisWilliam McQueen Editar o valor en Wikidata  e Julia Crawford Editar o valor en Wikidata
ParentesSteven R. McQueen, son's son Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteObálky knih, Editar o valor en Wikidata
Páxina webstevemcqueen.com Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0000537 Allocine: 2188 Rottentomatoes: celebrity/1010407-steve_mcqueen Allmovie: p48038 142719 TV.com: people/steve-mcqueen IBDB: 106871
BNE: XX1295608 Discogs: 553278 WikiTree: McQueen-764 Find a Grave: 1318 Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Mocidade

editar

McQueen nunca coñeceu o seu pai, que abandonou a súa nai pouco antes de nacer el. Criouse na casa do seu tío no estado de Missouri, e aos doce anos era un mozo rebelde. O seu tío tomou a decisión de envialo coa súa nai, que vivía nos Ánxeles, mais tan só dous anos despois foi enviado a un reformatorio.

Abandonou o reformatorio e vagou ata alistarse nos marines en 1947. Cinco anos máis tarde, tendo en conta que o goberno prestaba axuda económica aos militares para que se reincorporasen á vida civil, decidiu ser actor e comezou a estudar no Actors Studio de Nova York.

Cinema

editar

En 1955 conseguiu o seu primeiro papel en Broadway e un ano despois actuou en papeis secundarios no cinema. En 1958 protagonizou o filme de ficción científica The Blob. Durante os anos seguintes, de 1958 a 1961, protagonizou a serie de televisión Wanted Dead or Alive, que o fixo un actor moi popular, lanzouno á fama e valeulle o recoñecemento da crítica.

Pero o filme que o converteu nunha estrela foi A grande evasión (1963). Foi candidato ao Óscar ao mellor actor por protagonizar The Sand Pebbles (1966) e repetiu o éxito con Bullitt (1968). Ese mesmo ano protagonizou outro clásico, The Thomas Crown Affair (1968).

A partir de entón, McQueen foi combinando papeis de acción, como o filme de carreiras de coches Le Mans (1971), o éxito The Getaway (1972), con papeis de carácter, como en Papillon (1973), demostrando que ademais dunha estrela era un bo actor. Outros papeis salientables foron os de The Cincinnati Kid e o filme de Sam Peckinpah, Junior Bonner.

Despois de The Towering Inferno (1974) e en que McQueen compartiu cartel con actores como Paul Newman e William Holden, retirouse durante uns anos do cinema. Regresou en 1978 para actuar en An Enemy of the People, baseado na obra homónima de Henrik Ibsen.

McQueen foi un grande afeccionado ás motocicletas e aos automóbiles de carreiras. Amaba as máquinas veloces e aproveitaba cada ocasión que podía para conducir el mesmo os vehículos nas escenas dos seus filmes en que había persecucións de motocicletas ou coches. No transcurso da súa carreira como actor chegou a considerar seriamente converterse en piloto de carreiras. Foi amigo persoal do mestre de artes marciais Bruce Lee.[1]

Despois de 1978, McQueen protagonizou dous filmes máis, un dos cales, Tom Horn, destaca pola súa excelente interpretación.

Falecemento

editar

Steve McQueen morreu de cancro de pulmón en 1980 aos cincuenta anos en Ciudad Juárez, Chihuahua, México. Crese que a doenza puido estar relacionada coa inhalación do amianto que contiñan os traxes que usaba para limpar os cascos dos buques da mariña.[2]

Vida persoal

editar

McQueen casou en tres ocasións:

  • Coa actriz e bailarina filipina Neile Adams (1956-1972),[3] nai dos seus dous fillos Terry Leslie e Chad.
  • Coa actriz e modelo Ali MacGraw (1973-1978).[4]
  • Casou con Barbara Minty en xaneiro de 1980, dez meses antes de morrer.[5]

Filmografía

editar
  1. Burrows, Alyssa (21 de outubro de 2002). "Lee, Bruce (1940–1973), Martial Arts Master and Film Maker". History Link.org. Arquivado dende o orixinal o 9 de xullo de 2018. Consultado o 15 de abril de 2017. 
  2. McQueen, Steve (1980). Medical interview. Entrevista con Burgh Joy, clinical professor at UCLA. Personal archives of Barbara McQueen. 
  3. "Steve McQueen: King of Cool". Life. 1 de xuño de 1963. Arquivado dende o orixinal o 27 de maio de 2010. Consultado o 11 de setembro de 2009. 
  4. Rachel Sexton (2009). "Steve McQueen – Career Retrospective". moviefreak.com. Arquivado dende o orixinal o 6 de maio de 2009. Consultado o 11 de setembro de 2009. 
  5. All Movie Guide (2009). "title". American Movie Classics Company LLC. Arquivado dende o orixinal o 25 de novembro de 2009. Consultado o 11 de setembro de 2009. 

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar