Paul Newman
Este artigo contén varias ligazóns externas e/ou bibliografía ao fin da páxina, mais poucas ou ningunha referencia no corpo do texto. Por favor, mellora o artigo introducindo notas ao pé, citando as fontes. Podes ver exemplos de como se fai nestes artigos. |
Paul Leonard Newman, nado en Shaker Heights (Ohio) o 26 de xaneiro de 1925 e finado en Westport (Connecticut) o 26 de setembro de 2008, foi un actor, director e produtor de cine estadounidense.
Traxectoria
editarOrixes
editarFillo de Terézia Fecková, nada en Ptičie, Imperio Austrohúngaro (hoxe Eslovaquia), e Arthur Samuel Newman, estadounidense xudeu, fillo de emigrantes húngaros e polacos, cursa estudos elementais na Malvien Grammar School e na Shaker Heights School. En 1942 ingresa no Kenyon College universitario e ao ano seguinte alístase na Armada.
Cumpriu o servizo militar entre 1943 e 1945, nas bases de Okinawa e Guam. Tras servir na Armada durante a segunda guerra mundial, volveu a Kenyon, onde se graduou en Ciencias Económicas e formou parte do equipo de fútbol americano. Estudou posteriormente artes escénicas en Yale cunha bolsa do exército e o método Stanislavski no Actor´s Studio.
Carreira
editarDespois de traballar de figurante e de facer pequenos papeis en diversas series de televisión, proba sorte no cine. O seu primeiro filme foi The Silver Chalice, cinta bíblica de luxosa produción dirixida por Victor Saville con regulares resultados tanto de público coma de crítica. Compartía cartel con Pier Angeli e Virginia Mayo.
O seu primeiro éxito chegoulle dous anos despois cunha película de enorme repercusión a nivel internacional, interpretando ao boxeador Rocky Graziano en Somebody Up There Likes Me de Robert Wise. Ese mesmo ano logra destacar nun filme de ambiente xudicial baseado nunha obra teatral, The Rack, de Arnold Laven. Un ano despois repite con Robert Wise nun melodrama criminal onde comparte cartel con Joan Fontaine e Jean Simmons, Until They Sail. Ese mesmo ano estrea a biografía musical da cantante Helen Morgan, The Helen Morgan Story, dirixida por Michael Curtiz.
En 1958 Newman estreará catro filmes, entre os que destaca sen lugar a dúbidas Cat on a Hot Tin Roof, de Richard Brooks, adaptación teatral da obra homónima de Tennessee Williams. Este filme marcará unha época e lanzará ao actor ao cumio da industria cinematográfica pola súa extraordinaria interpretación do atormentado Brick Pollitt así coma pola indubidable química en pantalla da parella protagonista, que formará xunto a Elizabeth Taylor. Burl Ives, Jack Carson e Madeleine Sherwood completan un grande elenco.
The Left Handed Gun, de Arthur Penn, revisión desmitificadora de Billy o Neno; The Long, Hot Summer primeira película do actor coa que sería a súa dona, Joanne Woodward e cun dos directores cos que máis traballaría ao longo da súa carreira, Martin Ritt; e a comedia Rally 'Round the Flag, Boys!, tamén serían estreados este ano.
En 1959 estrea unha historia sobre as presións da alta sociedade conservadora, The Young Philadelphians, na que interpreta a un xove e talentoso avogado que loita por se abrir camiño. A película, dirixida por Vicent Sherman, está baseada na novela de Richard P. Powell, The Philadelphian. Ao ano seguinte volve a traballar coa súa dona, Joanne Woodward, no melodrama From the Terrace e no drama histórico Exodus, producido e dirixido polo cineasta Otto Preminger, para o que Dalton Trumbo adaptaba o best-séller homónimo de Leon Uris sobre o nacemento do estado de Israel.
1961 parece dar un revés á xove estrela, ao estreares dúas cintas que pasan sen pena nin gloria: por un lado, a hoxe célebre pero no seu momento algo incomprendida O buscavidas, de Robert Rossen; polo outro Paris Blues, a súa segunda película con Martin Ritt, onde encarna a un xove músico de jazz que viaxa a París. Pero, dende 1962 en adiante, Newman vai encadeando un éxito tras outro, en títulos destacados coma Sweet Bird of Youth, nova adaptación dunha obra de Tennessee Williams, que supón o reencontro do actor co director e guionista Richard Brooks; Hemingway's Adventures of a Young Man e Hud de novo baixo a dirección de Ritt; a comedia Samantha onde volve a coincidir coa súa muller; a intriga The Prize con Mark Robson na dirección; e The Outrage, versión do filme de Akira Kurosawa Rashomon, con Martin Ritt na dirección, e onde completa un elenco encabezado por Edward G. Robinson, Laurence Harvey e Calire Bloom.
Filmografía como actor
editarNa filmografía non se inclúen os cameos, os documentais para os que prestou a súa voz, nin as dobraxes.
Ano | Filme | Director | Personaxe |
---|---|---|---|
2005 | Empire Falls (TV) | Fred Schepisi | Max Roby |
2002 | Road to Perdition | Sam Mendes | John Rooney |
2000 | Where the Money Is | Marek Kanievska | Henry |
1999 | Mensaxe nunha botella | Luis Mandoki | Dodge Blake |
1998 | Twilight | Robert Benton | Harry Ross |
1994 | Nobody's Fool | Robert Benton | Sully Sullivan |
1994 | The Hudsucker Proxy | Joel Coen | Sidney J. Mussburger |
1990 | Mr. & Mrs. Bridge | James Ivory | Walter Bridge |
1989 | Blaze | Ron Shelton | Gobernador Earl K. Long |
1989 | Fat Man and Little Boy | Roland Joffé | Xeneral Leslie R. Groves |
1986 | The Color of Money | Martin Scorsese | Eddie Felson |
1984 | Harry & Son | Paul Newman | Harry Keach |
1982 | The Verdict | Sidney Lumet | Frank Galvin |
1981 | Absence of Malice | Sydney Pollack | Gallagher |
1981 | Fort Apache, the Bronx | Daniel Petrie | Murphy |
1980 | When Time Ran Out... | James Goldstone | Hank Anderson |
1979 | Quintet | Robert Altman | Essex |
1977 | Slap Shot | George Roy Hill | Reggie Dunlop |
1976 | Buffalo Bill and the Indians, or Sitting Bull's History Lesson | Robert Altman | Buffalo Bill |
1975 | The Drowning Pool | Stuart Rosenberg | Harper |
1974 | The Towering Inferno | John Guillermin, Irwin Allen | Doug Roberts |
1973 | O golpe | George Roy Hill | Henry Gondorff |
1973 | The MacKintosh Man | John Huston | Rearden |
1972 | The Life and Times of Judge Roy Bean | John Huston | Juez Roy Bean |
1972 | Pocket Money | Stuart Rosenberg | Jim Kane |
1970 | Ás veces unha grande noción | Paul Newman | Hank Stamper |
1970 | WUSA | Stuart Rosenberg | Rheinhardt |
1969 | Butch Cassidy and the Sundance Kid | George Roy Hill | Butch Cassidy |
1969 | Winning | James Goldstone | Frank Capua |
1968 | The Secret War of Harry Frigg | Jack Smight | Xeneral Harry Frigg |
1967 | A lenda do indomable | Stuart Rosenberg | Luke |
1967 | Hombre | Martin Ritt | John Russell |
1966 | Cortina esgazada | Alfred Hitchcock | Profesor Michael Armstrong |
1966 | Harper | Jack Smight | Lew Harper |
1965 | Lady L | Peter Ustinov | Armand Denis |
1964 | The Outrage | Martin Ritt | Juan Carrasco |
1964 | What a Way to Go! | J. Lee Thompson | Larry Flint |
1963 | The Prize | Mark Robson | Andrew Craig |
1963 | A New Kind of Love | Melville Shavelson | Steve Sherman |
1963 | Hud | Martin Ritt | Hud Bannon |
1962 | Hemingway's Adventures of a Young Man | Martin Ritt | O batallador |
1962 | Sweet Bird of Youth | Richard Brooks | Chance Wayne |
1961 | Paris Blues | Martin Ritt | Ram Bowen |
1961 | O buscavidas | Robert Rossen | Eddie Felson |
1960 | Exodus | Otto Preminger | Ari Ben Canaan |
1960 | From the Terrace | Mark Robson | David Alfred Eaton |
1959 | The Young Philadelphians | Vincent Sherman | Anthony Judson Lawrence |
1958 | Rally 'Round the Flag, Boys! | Leo McCarey | Harry Bannerman |
1958 | Cat on a Hot Tin Roof | Richard Brooks | Brick Pollitt |
1958 | The Left Handed Gun | Arthur Penn | Billy o Neno |
1958 | The Long, Hot Summer | Martin Ritt | Ben Quick |
1957 | Until They Sail | Robert Wise | Capitán Jack Harding |
1957 | The Helen Morgan Story | Michael Curtiz | Larry Maddux |
1956 | The Rack | Arnold Laven | Capitán Edward W. Hall Jr. |
1956 | Somebody Up There Likes Me | Robert Wise | Rocky Graziano |
1954 | The Silver Chalice | Victor Saville | Basil |
Filmografía como director
editarAno | Filme |
---|---|
1987 | The Glass Menagerie |
1984 | Harry & Son |
1980 | The Shadow Box (TV) |
1972 | The Effect of Gamma Rays on Man-in-the-Moon Marigolds |
1971 | Ás veces unha grande noción |
1968 | Raquel, Raquel |
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Paul Newman |