James Ivory

director de cinema estadounidense

James Francis Ivory, nado en Berkeley (California) o 7 de xuño de 1928 é un director de cinema estadounidense. Durante moitos anos traballou co produtor Ismail Merchant e a guionista Ruth Prawer Jhabvala, os tres directores de Merchant Ivory Productions.

Infotaula de personaJames Ivory

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento7 de xuño de 1928 Editar o valor em Wikidata (95 anos)
Berkeley, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade do Sur de California
Klamath Union High School (en) Traducir
USC School of Cinematic Arts (en) Traducir
Universidade de Oregon (pt) Traducir
University of Oregon College of Design (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióndirector de cinema , produtor de cinema , guionista , realizador Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1953 Editar o valor em Wikidata - 2017 Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Familia
ParellaIsmail Merchant (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

Páxina webmerchantivory.com Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm0412465 Allocine: 566 Rottentomatoes: celebrity/james_ivory Allmovie: p95605 TCM: 92900 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Nado en California, pero criado en Oregón, Ivory asistiu á University of Oregon School of Architecture and Allied Arts, onde se graduou en belas artes en 1951. Estudou logo na University of Southern California School of Cinematic Arts, onde dirixiu a súa primeira curtametraxe e escribiu, produciu e fotografou Venice: Theme and Variations, documental de media hora presentado como tese. O filme foi considerado en 1957 por The New York Times como un dos dez mellores filmes non estreados comercialmente.

En 1959, nunha exhibición do seu documental The Sword and the Flute en Nova York coñeceu o produtor Ismail Merchant. Merchant e Ivory foron parella durante máis de corenta anos.[1] A súa relación profesional e sentimental acabou en 2005 co pasamento de Merchant.

En maio de 1961, ambos os dous fundaron a produtora Merchant Ivory Productions. Con ela produciron case corenta filmes, a maioría deles coa novelista Ruth Prawer Jhabvala como guionista.

Filmografía editar

Notas editar

  1. Horn, John (26 de maio de 2005). "Obituaries; Ismail Merchant, 68; Producer of Stylish, Popular Period Dramas". Los Angeles Times. Arquivado dende o orixinal o 25 de xullo de 2012. Consultado o 4 de xullo de 2008. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar