Óscar ó mellor guión adaptado
O Óscar ó mellor guión adaptado, outorgábase ós escritores que conseguían unha boa historia partindo de materiais alleos ou anteriores (en xeral libros, obras de teatro ou outras películas).
Óscar ó mellor guión adaptado | |
---|---|
Academy Award for Best Writing, Adapted Screenplay ![]() | |
![]() | |
Tipo | premio ao mellor guión adaptado e Premios Óscar ![]() |
Concedido por | Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas ![]() |
Data | |
Fundación | 1929 ![]() |
Localización | |
País | Estados Unidos de América ![]() |
Contacto | |
Páxina WEB | oscars.org ![]() |
[ Wikidata ] [ C:Commons ] |
Este Oscar, que se entregaba en paralelo a un ó mellor guión orixinal, outorgouse xa na primeira cerimonia de entrega, cando se premiou ás películas de 1927-28. Os dous anos seguintes entregouse unicamente un premio xenérico ó mellor guión, sen importar se se partía de material alleo ou orixinal, e que aparece relacionado nesta páxina. Volveuse ó formato inicial entre 1931 e 1934. Despois, diferenciouse entre un premio para o mellor argumento e outro para o mellor guión, sen diferenciar entre orixinal e adaptado. Este último apartado vén relacionado aquí. Entre 1940 e 1947 volveuse a entregar premios diferenciados para os guións orixinais e para os adaptados.
En 1948 entregouse unicamente un trofeo ó mellor guión, que tamén estará nesta lista. Entre 1949 e 1955 outorgouse un Oscar ó mellor guión, que se inclúe nesta lista, diferenciados dos Óscar ó mellor argumento e Oscar ó mellor argumento e guión. A partir de 1956 e ata a data outórgase este premio con este nome, xunto ó Oscar ó mellor guión orixinal.
Gañadores:
Década de 2020
editar- 2021 CODA - Sian Heder
- 2020 The Father - Christopher Hampton e Florian Zeller
Década de 2010
editar- 2019 Jojo Rabbit - Taika Waititi
- 2018 BlacKkKlansman - Spike Lee, David Rabinowitz, Charlie Wachtel e Kevin Willmott
- 2017 Call Me by Your Name - James Ivory.
- 2016 Moonlight - Barry Jenkins e Tarell Alvin McCraney.
- 2015 The Big Short - Adam McKay e Charles Randolph.
- 2014 The Imitation Game - Graham Moore.
- 2013 12 anos de escravitude - John Ridley.
- 2012 Argo - Chris Terrio.
- 2011 The Descendants - Payne, Faxon e Rash.
- 2010 The Social Network - Aaron Sorkin.
Década de 2000
editar- 2009 Precious - Geoffrey Fletcher.
- 2008 Slumdog Millionaire - Simon Beaufoy.
- 2007 No Country for Old Men – Irmáns Coen.
- 2006 The Departed - William Monahan.
- 2005 Brokeback Mountain - Larry McMurtry e Diana Ossana.
- 2004 Sideways - Alexander Payne e Jim Taylor, sobre unha novela de Rex Pickett.
- 2003 The Lord of the Rings: The Return of the King - Fran Walsh, Philippa Boyens e Peter Jackson, sobre unha novela de J. R. R. Tolkien.
- 2002 O pianista - Ronald Harwood, sobre un libro de Wladyslaw Szpilman.
- 2001 A Beautiful Mind -Akiva Goldsman, sobre a biografía de Sylvia Nasar.
- 2000 Traffic - Stephen Gaghan, sobre a serie de televisión Traffik de Simon Moore.
Década de 1990
editar- 1999 As normas da casa da sidra - John Irving, sobre a súa propia novela.
- 1998 Gods and Monsters - Bill Condon, sobre unha novela de Christopher Bram.
- 1997 L.A. Confidential - Curtis Hanson e Brian Helgeland, sobre unha novela de James Ellroy.
- 1996 Sling Blade - Billy Bob Thornton, sobre a súa propia obra de teatro.
- 1995 Sense and Sensibility - Emma Thompson, sobre unha novela de Jane Austen.
- 1994 Forrest Gump - Eric Roth, sobre unha novela de Winston Groom.
- 1993 A lista de Schindler - Steven Zaillian, sobre unha novela de Thomas Keneally.
- 1992 Howards End - Ruth Prawer Jhabvala, sobre unha novela de E.M. Forster.
- 1991 O silencio dos cordeiros - Ted Tally, sobe unha novela de Thomas Harris.
- 1990 Dances with Wolves - Michael Blake, sobre a súa propia novela.
Década de 1980
editar- 1989 Paseando a Miss Daisy ("Driving Miss Daisy") - Alfred Uhry, sobre a súa propia obra de teatro.
- 1988 As amizades perigosas - Christopher Hampton, sobre a súa propia obra de teatro, baseada á súa vez nunha novela de Pierre Choderlos de Laclos.
- 1987 O derradeiro emperador - Bernardo Bertolucci e Mark Peploe, sobre a autobiografía de Henry Pu-Yi.
- 1986 Unha habitación con vistas ("A Room with A View") - Ruth Prawer Jhabvala, sobre unha novela de E.M. Forster.
- 1985 Memorias de África ("Out of Africa") - Kurt Luedtke, sobre as memorias de Isak Dinesen e un libro de Errol Trzebinski.
- 1984 Amadeus - Peter Shaffer, sobre a súa propia obra de teatro.
- 1983 A forza do cariño - James L. Brooks, sobre unha novela de Larry McMurtry.
- 1982 Missing - Costa-Gavras e Donald Stewart, sobre unha novela de Thomas Hauser.
- 1981 On Golden Pond - Ernest Thompson, sobre a súa propia obra de teatro.
- 1980 Xente corrente - Alvin Sargent, sobre unha novela de Judith Guest.
Década de 1970
editar- 1979 Kramer contra Kramer - Robert Benton, sobre unha novela de Avery Corman.
- 1978 Expreso de medianoite - Oliver Stone, sobre o libro de William Hayes e William Hoffer.
- 1977 Julia - Alvin Sargent, sobre unha novela de Lillian Hellman.
- 1976 Tódolos homes do presidente - William Goldman, sobre o libro de Carl Bernstein e Bob Woodward.
- 1975 Alguén voou sobre o niño do cuco - Bo Goldman e Laurence Hauben, sobre unha novela de Ken Kesey.
- 1974 O padriño (II parte) - Francis Ford Coppola e Mario Puzo, sobre unha novela deste último.
- 1973 O exorcista - William Peter Blatty, sobre a súa propia novela.
- 1972 O padriño - Francis Ford Coppola e Mario Puzo, sobre unha novela deste último.
- 1971 The French Connection - Ernest Tidyman, sobre unha novela de Robin Moore.
- 1970 M.A.S.H. - Ring Lardner Jr., sobre unha novela de Richard Hooker.
Década de 1960
editar- 1969 Cowboy de medianoite - Waldo Salt, sobre unha novela de James Leo Herlihy.
- 1968 The Lion in Winter - James Goldman, sobre a súa propia obra de teatro.
- 1967 Na calor da noite - Stirling Siliphant, sobre unha novela de John Ball.
- 1966 Un home para a eternidade - Robert Bolt, sobre a súa propia obra de teatro.
- 1965 Doutor Zhivago - Robert Bolt, sobre unha novela de Boris Pasternak.
- 1964 Becket - Edward Anhalt, sobre unha obra de teatro de Jean Anouilh.
- 1963 Tom Jones - John Osborne, sobre unha novela de Henry Fielding.
- 1962 To Kill a Mockingbird - Horton Foote, sobre unha novela de Harper Lee.
- 1961 Judgment at Nuremberg - Abby Man, sobre a súa propia serie de televisión.
- 1960 O fogo e a palabra - Richard Brooks, sobre unha novela de Sinclair Lewis.
Década de 1950
editar- 1959 Room at the Top - Neil Paterson, sobre unha novela de John Braine.
- 1958 Gigi - Alan J. Lerner, sobre unha obra de teatro de Anita Loos, baseada nunha novela de Colette.
- 1957 A ponte sobre o río Kwai - Carl Foreman, Michael Wilson e Pierre Boulle, sobre unha novela deste último.
- 1956 A volta ao mundo en oitenta días - John Farrow, S.J. Perelman e James Poe, sobre unha novela de Jules Verne.
- 1955 Marty - Paddy Chayefsky, sobre a súa propia serie de televisión.
- 1954 The Country Girl - George Seaton, sobre unha obra de teatro de Clifford Odets.
- 1953 De aquí á eternidade - Daniel Taradash, sobre unha novela de James Jones.
- 1952 The Bad and the Beautiful - Charles Schnee, sobre unha historia de Charles Bradshaw.
- 1951 A Place in the Sun - Harry Brown e Michael Wilson, sobre unha obra de teatro de Patrick kearney, á súa vez baseada nunha novela de Theodore Dreiser.
- 1950 Todo sobre Eva - Joseph L. Mankiewicz, sobre un relato curto de Mary Orr.
Década de 1940
editar- 1949 A Letter to Three Wives - Joseph L. Mankiewicz, sobre unha novela de John Klempner.
- 1948 Treasure of the Sierra Madre - John Huston, sobre unha novela de Bruno Traven.
- 1947 Miracle on 34th Street - George Seaton, sobre unha historia de Valentine Davies.
- 1946 Os mellores anos da nosa vida - Robert Sherwood, sobre unha novela de MacKinlay Kantor.
- 1945 A fin de semana perdida - Charles Brackett e Billy Wilder, sobre unha novela de Charles R. Jackson.
- 1944 Going My Way - Frank Butler e Frank Cavett, sobre unha historia de Leo McCarey.
- 1943 Casablanca - Philip Epstein, Julius Epstein e Howard Koch, sobre unha obra de teatro de Murray Burnett e Joan Alison.
- 1942 Mrs. Miniver - George Froeschel, James Hilton, Claudine West e Arthur Wimperis, sobre unha novela de Jan Struther
- 1941 Here Comes Mr. Jordan - Sidney Buchman e Seton Miller, sobre unha obra de teatro de Harry Segall.
- 1940 The Philadelphia Story - Donald Ogden Stewart, sobre unha obra de teatro de Philip Barry.
Década de 1930
editar- 1939 Foise co vento - Sidney Howard, sobre unha novela de Margaret Mitchell.
- 1938 Pygmalion - Ian Dalrymple, Cecil Lewis, W.P. Lipscomb e George Bernard Shaw, sobre unha obra de teatro deste último.
- 1937 The Life of Emile Zola - Heinz Herald, Geza Herczag e Norman Raine, sobre un libro de Matthew Josephson.
- 1936 The Story of Louis Pasteur - Pierre Collings e Sheridan Gibney, sobre unha historia deles mesmos.
- 1935 O delator - Dudley Nichols, sobre a novela homónima de Liam O'Flaherty.
- 1934 It Happened One Night - Robert Riskin, sobre unha historia de Samuel Hopkins Adams.
- 1933 Little Women - Victor Heerman e Sarah Y. Mason, sobre unha novela de Louisa May Alcott.
- 1932 Bad Girl - Edwin J. Burke, sobre unha novela e obra de teatro de Viña Delmar
- 1931 Cimarron - Howard Estabrook, sobre unha novela de Edna Ferber.
- 1930 The Big House - Joseph Farnham, Martin Flavin, Frances Marion e Lennox Marion, guión orixinal.
Década de 1920
editar- 1929 The Patriot - Hans Kraly, sobre unha obra de teatro de Ashley Dukes, tradución doutra de Alfred Neumann, á súa vez baseada nunha historia de Dmitri Merezhkovsky.
- 1928 The Seventh Heaven - Benjamin Glazer, sobre unha obra de teatro de Austin Stong.