Oregón

estado dos Estados Unidos de América
Oregon
State of Oregon
Bandeira de Oregon Selo de Oregon
Bandeira Selo
Lema: Alis volat propriis
Mapa dos EUA coa Oregon en destaque
Outros Estados dos EUA
Datos xerais
Capital Salem
Maior cidade Portland
Gobernador Kate Brown
Lingua oficial: De iure: ningunha
De facto: inglés
Área 254,806 km² (9)
 - Terra 248,849 km²
 - Auga 6,177 km² (2.4%)
Poboación (2021)
 - Poboación 4,246,155 (27)
 - Densidade 15.0 /km² (39)
Entrada na Unión
 - Data 14 de febreiro de 1859
 - Orde 33º
Xeografía
Fuso horario Pacífico: UTC-8/-7

Montañas: UTC-7/-6

Latitude 42°N - 46°15'N
Lonxitude 116°45'O - 124°30'O
Largo N-S 420 km
Ancho E-O 580 km
Altitude
 - Altitude media 1,005 m
 - Máis elevado 3,426 m
 - Menos elevado 0 m
Códigos e abreviacións
 - USPS OR
 - ISO 3166-2 US-OR
Sitio web
www.oregon.gov

Oregón[1] é un estado situado na rexión xeográfica do Noroeste Pacífico, nos Estados Unidos de América. O río Columbia debuxa unha gran parte da fronteira norte de Oregón co Estado de Washington, mentres que na súa fronteira leste, o río Snake fai o mesmo co Estado de Idaho. O paralelo 42o norte delimita a fronteira sur cos Estados de California e de Nevada.

Oregón foi o fogar de moitas nacións indíxenas durante miles de anos. Os primeiros comerciantes, exploradores e colonos europeos comezaron a explorar o que hoxe é a costa do Pacífico de Oregón a principios e mediados do século XVI. Xa en 1564, os españois empezaron a enviar barcos dende o nordeste das Filipinas, sucando a corrente de Kuroshio nuha ampla ruta circular polo norte do océano Pacífico. En 1592, Juan de Fuca emprendeu unha cartografía detallada e estudos das correntes oceánicas do noroeste do Pacífico, incluída a costa de Oregón, así como do estreito que leva agora o seu nome. As naves españolas non adoitaban desembarcar antes de chegar ao cabo Mendocino, en California, mais outros desembarcaban ou naufragaban nas costas de Oregón. Os relatos da tribo dos Nehalem falan de estraños e do descrubimento de obxectos, como anacos de cera de abella e dun vaso de prata con tapa, probablemente relacionados co naufraxio do San Francisco Xavier, en 1707.[2]

NotasEditar

  1. «Oregón». Diciopedia do século 21 3. Isaac Díaz Pardo, Víctor F. Freixanes, Antón Mascato (edición). Editorial Galaxia. 2007. p. 1520. ISBN 9788482893600. 
  2. "State of Oregon: Blue Book - Cultural Resources". sos.oregon.gov. Consultado o 27 de xuño de 2020.