Asemblea Lexislativa de Oregón

Parlamento de Oregón (Estados Unidos)

A Asemblea Lexislativa de Oregón (en inglés, Oregon Legislative Assembly) é o parlamento do estado de Oregón nos Estados Unidos. Composto por un total de 90 lexisladores electos por sufraxio universal, a Asemblea conta cunha estrutura bicameral: Senado e Cámara de Delegados. O Capitolio Estatal de Oregón, en Salem, acolle a súa sede. A institución foi creada pola constitución estatal de 1857, e a súa primeira reunión foi en 1859, logo de que o presidente James Buchanan sancionase a lei que admitiu a Oregón como estado nos Estados Unidos.

Asemblea Lexislativa de Oregón
Tipoparlamento de estado dos Estados Unidos de América e bicameralismo
SedeCapitólio do Estado de Oregon
PaísEstados Unidos de América
Na rede
http://www.oregonlegislature.gov/
editar datos en Wikidata ]
Capitolio de Oregón (Salem), sede da Asemblea Lexislativa do estado.

Composición editar

O artigo 4º da Constitución de 1857, a vixente en Oregón, confire o poder lexislativo á Asemblea Lexislativa do estado, indicando que esta insitutción conta cunha estrutura bicameral:[1]

  • O Senado: de 30 membros electos en distritos uninominais cada catro anos. O Senado renóvase parcialmente cada dous anos en quendas de 16 e 14 senadores
  • A Cámara de Representantes: con 60 membros electos cada dous anos en distritos uninominais.

Para poder ser membro de calquera das cámaras cómpre ter 21 anos. Non existe límite de mandato para os lexisladores: aínda que se aprobara en referendo establecer dous mandatos consecutivos para os senadores (8 anos) e tres para os representantes (6 anos), o Tribunal Supremo de Oregón anulou esas disposicións.[2]

Os períodos ordinarios da Asemblea Lexislativa comezan en febreiro e deben prolongarse como moito 160 sesións nos anos pares, e, non máis de 35 os impares. O gobernador e os votantes poden convocar as cámaras fóra dos períodos ordinarios.[1]

Competencias editar

 
Hemiciclo da Cámara de Representantes de Oregón.

O lexislador, ou comisión parlamentaria, de calquera das dúas cámaras pode iniciar o proceso facendo unha proposta de lei. A redacción do texto faise co asesoramento do Consello Lexislativo, os servizos xurídicos da Asemblea, para que cumpra cos requisitos legais. Logo de ser rexistrado, ante a cámara faise a primeira letura do proposta e a presidencia da cámara derívaa á comisión parlamentaria que corresponda por temática. A comisión leva a cabo audiciencias públicas e pode aprobar a proposta, facelo con emendas, ou rexeitalo. Superada esta fase, a proposta de lei é obxecto de debate no pleno da cámara para logo ser votada.

Aprobada pola cámara orixinal, envíase á outra, onde o proxecto seguirá as mesmas fases, podendo ser modificada. Se a segunda cámara vota modificacións deberá ser tamén votada na cámara orixinal. Se esta rexeita os cambios, constitúese un comité conxunto con membros das dúas cámaras para intentar chegar a un acordo. O texto pactado debe ser votado afirmativamente por ambas cámaras para ser definitivamente aprobado. No caso de ser rexeitado a proposta de lei queda anulada.

Unha vez superados os trámites parlamentarios e votado o mesmo texto por ambas cámaras, remítese a lei aprobada ao Gobernador de Oregón. Este pode vetar as leis aprobadas pola Asemblea Lexislativa, mais o parlamento de Oregón pode revogalo se deste xeito votan dous terzos dos membros de ambas as dúas cámaras.[3]

As leis aprobadas pola Asemblea Lexislativa levan a intitulación "sexa aprobada polo pobo do estado de Oregón" (en inglés, "be It Enacted by the People of the State of Oregon").

Notas editar

  1. 1,0 1,1 "Bills and Laws OrConst". www.oregonlegislature.gov. Consultado o 2022-09-03. 
  2. "National Briefing Northwest: Oregon: Court Rejects Term Limit Law". The New York Times (en inglés). 2002-01-12. ISSN 0362-4331. Consultado o 2022-09-03. 
  3. "Citizen Engagement How an Idea Becomes Law". www.oregonlegislature.gov. Consultado o 2022-09-03. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns internas editar