24 Horas de Le Mans

Coordenadas: 47°56′30″N 0°13′30″L / 47.94167, -0.22500

As 24 Horas de Le Mans (24 Heures du Mans) é unha carreira de resistencia que se disputa dende 1923 no circuíto da Sarthe, preto de Le Mans, Francia.

Zona de boxes antes das 24 horas de Le Mans 2006.

É a carreira de resistencia máis prestixiosa do mundo e forma xunto ao Gran Premio de Mónaco e as 500 Millas de Indianápolis a Tripla coroa do automobilismo. É organizada polo Automobile Club de L'Ouest (A.C.O.) e na actualidade forma parte do Campionato Mundial de Resistencia da FIA.

IntroduciónEditar

A primeira carreira disputouse o 26 e 27 de maio de 1923, e desde entón disputouse anualmente en xuño, coas excepcións de 1956 e 1968, que se levou a cabo en xullo e setembro respectivamente. A competición foi cancelada en 1936 por motivos económicos e entre 1940 e 1948 por mor da Segunda Guerra Mundial.

A competición realízase nun circuíto semipermanente que, na súa actual configuración, ten 13 650 m. de longo, utilizando na súa maioría seccións de estrada que permanecen abertas ao público o resto do ano. A través dos anos, fóronse construíndo varias seccións con propósitos específicos que substituíron seccións de estrada normal, destacando as curvas Porsche, que substitúe á perigosa sección Maison Blanche. O circuíto permanente Bugatti prové as instalacións de comezo e final de carreira.

Normalmente, ao redor de 50 vehículos compiten simultaneamente en diferentes clases e categorías, desde prototipos a coches de serie, sendo o vencedor global aquel vehículo que cubra a maior distancia en 24 horas de carreira continuada. Esta regra, que parece obvia, fixo que en 1966 sucedese algo curioso. Ao terminar a carreira, os dous Ford GT40 Mark II cruzaron a meta ao mesmo tempo, pero o coche que realizara peor tempo durante os adestramentos foi vencedor, xa que comezara en postos máis atrasados na grella de saída, habendo así percorrido máis quilómetros. Para poder clasificar ao termo da proba, hai que cruzar a liña de meta tras as 24 horas de carreira. Isto fai que, en ocasións, vehículos danados abandonen os boxes para dar unha última volta ao circuíto, ou ata que se deteñan preto da liña de meta e, unha vez pasadas as 24 horas, volvan porse en marcha para percorrer os poucos metros que falten (manobra empregada en 2007 polo equipo Peugeot para lograr a chamada foto publicitaria cruzando a liña de meta a poucos metros do Audi, gañador da carreira).

Nos últimos anos, cada coche consta dun equipo de tres pilotos. Antes de 1970, só se permitían dous pilotos por vehículo, e nos comenzos permitíase un único piloto. Ata principios dos anos 1980 a maioría de equipos competían con dous pilotos. En 1950, Louis Rosier gañou a carreira xunto ao seu fillo Jean-Louis Rosier, que conduciu durante só dúas voltas. En 1952, o francés Pierre Leveugh (que morrería posteriormente na traxedia de Le Mans de 1955) competiu só e estivo preto de ser o vencedor, pero un erro durante a última hora outorgoulle a vitoria a un Mercedes-Benz 300 SL.

A carreiraEditar

 
Audi R8 en Le Mans 2004, conducido por Johnny Herbert.

Tradicionalmente, a carreira comeza ás 16:00 dun sábado, aínda que en 1968 comezou ás 14:00 debido a que a carreira disputouse máis tarde no calendario, e en 1984 ás 15:00 debido a que coincidiu coas eleccións xerais francesas. En 2006, a A.C.O. programou a saída para as 17:00 do sábado 17 de xuño para favorecer a audiencia debido á coincidencia con partidos de fútbol da Copa do Mundo. En 2007 e 2008 a saída realizouse ás 15:00 do 16 e do 14 de xuño respectivamente, do mesmo xeito que o 12 de xuño de 2010.

As carreiras adoitaban comezar co que se coñece como "saída Le Mans": os coches están aliñados nun lado do circuíto e os pilotos no outro. Cando a bandeira francesa baixa á hora indicada, os pilotos corren a través da pista cara aos seus coches, montan e arrincan. Isto supuxo un problema de seguridade tras a introdución de arneses e cintos de seguridade en 1967, xa que estes deben ser correctamente colocados, preferiblemente por mecánicos. Naquela época, os pilotos tomaban as primeiras curvas cos cintos sen asegurar, o cal facían nalgunha recta posterior.

En 1969, na súa primeira participación nas 24 horas de Le Mans, o mozo belga Jacky Ickx protagonizou unha demostración do risco deste sistema de inicio cando, en lugar de saír correndo a través da pista, andou amodo, entrou no coche e, con tranquilidade, asegurou os cintos de seguridade. O piloto John Woolfe faleceu tras un accidente durante a primeira volta da competición. Ickx, a pesar de comezar en última posición cun Ford GT40 desfasado, arranxouse para gañar a carreira nun apurado final por tan só 120 metros de diferenza. Curiosamente, tras a vitoria, no traxecto cara a París, Ickx sufriu un accidente de coche do que saíu ileso grazas ao cinto de seguridade.

Así, o estilo tradicional de partida foi suspendido parcialmente a partir de 1970. Os vehículos seguían situados á beira da pista cos motores apagados, pero os pilotos xa estaban no seu interior ben asegurados antes da saída. De 1971 en diante o comezo da carreira é mediante saída lanzada.

O sistema de saída de Le Mans é tamén a razón de por que todos os Porsche de rúa teñen os sistemas de arranque á esquerda da dirección, en lugar de á dereita, o máis habitual. É así porque desta forma o piloto podía arrincar o coche coa man esquerda mentres introducía a primeira marcha coa man dereita, acelerando o proceso de saída.

O circuítoEditar

Le MansEditar

 
O Circuíto da Sarthe na súa configuración actual.

O Circuíto de Le Mans é unha pista non permanente que utiliza estradas locais que permanecen abertas ao tráfico o resto do ano. Desde 1965, agregouse o circuíto permanente Bugatti, engadindo as instalacións para boxes e a primeira curva, ca famosa ponte Dunlop.

A pista sufriu moitas modificacións no transcurso dos anos. Foi famosa pola súa longa recta, parte da RN138, coñecida localmente como Ligne Droite des Hunaudières de 5 km de lonxitude. O circuíto, na súa actual configuración, ten 13 629 m. de percorrido. Co paso dos anos, varias seccións expresamente construídas substituíron tramos de estrada, destacando en 1972 a adición das curvas Porsche que substituíron ao perigoso tramo entre edificios coñecido como Maison Blanche.

Cerca do final da recta había unha fochanca, a cal fixo elevarse polo aire a un Mercedes-Benz CLR en 1999 durante o pre arrequecemento. O mesmo problema ocorrera previamente. A fochanca foi reducida durante o inverno de 2000 en interese da seguridade. Aínda que a fochanca permanece, é moito máis reducida que outrora.

En 1990 introducíronse dous chicanes na Recta Mulsanne para reducir as altas velocidades. En 2002 agregouse unha nova chicane, pasada a ponte Dunlop.

Tal e como se atopa, o circuíto de Le Mans é quizais o segundo circuíto de carreiras máis longo existente na actualidade, por detrás do circuíto de Nürburgring Nordschleife. Considerando que o "Inferno Verde" xa non é utilizado en competición, Le Mans é o lugar con maiores tempos por volta, aínda sendo unha pista de alta velocidade. Os participantes en Le Mans comentan que ata un 85% do tempo (incluíndo paradas), o motor atópase ao máximo de revolucións, o que se traduce nunha gran carga dos diversos compoñentes do vehículo. Ao mesmo tempo, sófrense freadas desde máis de 300 km/h a menos de 100 en certos tramos.

BugattiEditar

 
O Circuíto de Bugatti.

O circuíto de Bugatti foi inaugurado en 1965, construído sobre o circuíto da Sarthe, constitúe un importante escenario de carreiras de autos, motos e ata de patinaxe; alberga o campionato mundial de motovelocidade en pista da FIM que tamén inclúe ao MotoGp onde se celebra o Gp de Francia actualmente; ademais alí realízanse tamén as 24 horas en moto, tamén hai competicións de DTM,GP2, campionatos de turismo e competicións locais, facéndoa unha das pistas máis activas de Europa.

O circuíto ten unha extensión de 4.430 m. con 13 curvas (Curvas a dereita:8, Curvas a esquerda:5). A chicane da ponte Dunlop é extremadamente lenta, as súas curvas tómanse en primeira velocidade ademais o deseño trabado da mesma dado a súa estreiteza fai que se deba ter coidado de non facer unha aceleración brusca, de modo que se se fai, o contrario pode aproveitarse dos erros.

Deseño de automóbilesEditar

 
Corvette C6R, nunha sesión de probas, o 5 de xuño de 2005.

Ao contrario que en moitas outras carreiras, nas que a velocidade nas curvas é máis importante que a velocidade punta, este é un parámetro crítico en Le Mans de cara á competitividade. Isto conduciu a deseños especiais de chasis. As grandes freadas tamén fixeron avanzar a tecnoloxía de freos; en 1953, o Jaguar XK 120 ou C-Type e o seu sucesor o D-type, foron os primeiros coches que utilizaron freos de disco.

A excepcional recta do circuíto fixo que os coches alcanzaran grandes velocidades. En 1971, un Porsche 917 LH foi cronometrado a 386 km/h.

Durante os anos 1970, as velocidades punta reducíronse con motivo da introdución de novas regulacións que diminuíron o tamaño e potencia dos motores. Con todo, a velocidade reducida por unha banda, incrementábase por outra. Os enxeñeiros centráronse na evolución aerodinámica, o cal permitía maiores velocidades nas curvas e en xeral.

A excesiva velocidade pola recta Mulsanne require tamén unha intensa iluminación. Por isto e polas longas distancias percorridas ás escuras, Porsche e Ford experimentaron con novos faros halóxenos por primeira vez en Le Mans en 1974.

A finais dos anos 1980, os coches máis rápidos volveron alcanzar impresionantes velocidades. En 1988, o Peugeot WM P87 conducido por Roger Dorchy alcanzou os 405 km/h en carreira. Este resultado non está considerado, polo xeral, significante, pois o coche estaba especialmente configurado para alcanzar grandes velocidades e o motor non aguantou demasiadas voltas. Pero ao ano seguinte, un Sauber Mercedes C9 volveu superar os 400 km/h, esta vez sen ningunha configuración especial, e o A.C.O. considerou que era momento de incrementar a seguridade de novo. Por iso, engadíronse dúas novas chicanes no circuíto para reducir as velocidades punta.

HistoriaEditar

PropósitoEditar

Nunha época na que as carreiras de Grand Prix eran a forma predominante do automobilismo en toda Europa, Le Mans foi deseñada para presentar unha proba diferente. En lugar de centrarse na capacidade dunha empresa de coches para construír as máquinas máis veloces, as 24 Horas de Le Mans concentraríanse na capacidade dos fabricantes para construír coches deportivos e á súa vez fiables. Esta innovación alentou á produción de vehículos fiables e de eficiente consumo de combustible, debido á natureza das carreiras de resistencia, as cales requiren de coches que resistan longas distancias e empreguen o menor tempo posible en boxes.

Ao mesmo tempo, debido á configuración da pista de Le Mans, creouse a necesidade de que os coches tivesen unha mellor aerodinámica e estabilidade a altas velocidades, xa que só unhas poucas pistas en Europa tiñan rectas dunha lonxitude comparable á Mulsanne. O feito de que o camiño sexa público impide que se manteña a mesma calidade que nos circuítos permanentes, isto produce unha maior tensión nas partes dos coches, polo que os fabricantes tiveron que pór maior énfase na fiabilidade.

A demanda dunha economía de combustible creada pola crise do petróleo na década dos 70, levou aos organizadores da carreira a adoptar unha fórmula de aforro de combustible coñecida como o Grupo C, na que se limita a cada coche a cantidade usada por carreira. Aínda que o Grupo C foi abandonado cando os equipos foron capaces de dominar a fórmula de combustible, o aforro de combustible seguía sendo importante para algúns equipos como fontes alternativas de combustible aparecidas a principios do século 21, nun intento de superar o tempo investido durante as paradas en boxes. Estas innovacións tecnolóxicas tiveron un efecto de goteo, a tecnoloxía usada en Le Mans atopou o seu camiño na produción de automóbiles de turismo varios anos máis tarde.

Primeiras carreirasEditar

 
Póster das 24 horas de Le Mans de 1923.

As 24 Horas de Le Mans corréronse por primeira vez o 26 e 27 de maio de 1923, a través de vías públicas preto de Le Mans. Orixinalmente planeado para ser un evento de tres anos, recibiu a Rudge Whitworth Trienal Cup, sendo declarado gañador o coche que percorrera a maior distancia ao longo de tres carreiras consecutivas de 24 horas, con todo, esta idea foi refugada en 1928 e os gañadores foron declarados cada ano en función de quen cubria a maior distancia en 24 horas. As primeiras carreiras foron dominadas por pilotos, equipos e vehículos franceses, británicos e italianos, con Bugatti, Bentley e Alfa Romeo sendo as marcas dominantes. A finais de 1930 comezaron a aparecer na pista as primeiras innovacións no deseño dos coches, con Bugatti e Alfa Romeo competindo cunha carrocería altamente aerodinámica co fin de correr pola recta Mulsanne a maiores velocidades. En 1936 a carreira foi cancelada debido a folgas xerais en Francia, logo, co estalido da Segunda Guerra Mundial a finais de 1939, a carreira estivo suspendida durante dez anos.

1949-1969Editar

Tras a reconstrución das instalacións do circuíto, a carreira reiniciouse en 1949 cun renovado interese dos fabricantes de automóbiles máis importantes. Logo da creación do Campionato Mundial de Resistencia en 1953, do que Le Mans foi parte, Ferrari, Aston Martin, Mercedes-Benz, Jaguar e moitos outros comezaron a enviar diversos vehículos apoiados polas súas respectivas fábricas para competir pola vitoria global en contra dos seus competidores. A competencia rematou en varias ocasións en traxedia, como nun accidente durante a carreira de 1955 na que o Mercedes de Pierre Levegh estrelouse contra unha multitude de espectadores, matando a máis de 80 persoas (traxedia de Le Mans de 1955). O incidente levou á introdución xeneralizada de medidas de seguridade, non só no circuíto, senón tamén noutros lugares do mundo do automobilismo. Con todo, a pesar de que as normas de seguridade melloraron, do mesmo xeito que a velocidade dos coches, o cambio de coches de dúas prazas de cabina aberta ao cupé con cabina pechada, deu como resultados velocidades de máis de 320 K/h na recta Mulsanne. Os coches de carreiras da época estaban na súa maioría baseados en coches de estrada, pero a finais da década de 1960, Ford entrou en escena cos seus GT40, obtendo catro vitorias consecutivas antes de que a era das vitorias de coches de produción chegase ao seu fin.

1970-1981Editar

Para a nova década, a carreira deu un xiro cara a maiores velocidades extremas e deseños de automóbiles. Estas velocidades extremas levaron á substitución da clásica saída de Le Mans cunha saída Indianápolis. Aínda que os coches de produción en serie aínda corren, agora compiten en clases máis baixas mentres que os deportivos construídos especificamente, os prototipos, convertéronse na norma. Os Porsche 917, 935, e 936 foron dominantes ao longo da década, pero o rexurdemento dos fabricantes franceses Matra-Simca e Renault viron as primeiras vitorias para a nación desde a carreira de 1950. Esta década é tamén recordada por grandes actuacións de moitos construtores privados, con dúas vitorias logradas por privados. O Mirage de John Wyer gañou en 1975 mentres que o chasis auto-titulado de Jean Rondeau levou a edición de 1980.

1982-1993Editar

 
O dominante Grupo C fórmula Porsche 962.

O resto da década de 1980 é coñecida polo dominio de Porsche no novo Grupo C que alentou á eficiencia do combustible. Orixinalmente correu o 956 que foi substituído máis tarde polo 962. Ambos os chasis foron o suficientemente accesibles para os privados que os compraron en masa, o que leva aos dous tipos de modelos a gañar seis anos consecutivos. Jaguar e Mercedes-Benz regresaron ás carreiras de autos deportivos, Jaguar foi o primeiro en romper o dominio de Porsche con vitorias en 1988 e 1990 (co XJR-9 e Jaguar XJR-12, respectivamente). Mercedes-Benz gañou en 1989, co que foi considerado como a última encarnación da elegancia "Frechas de Prata", o Sauber C9, mentres o interese dos fabricantes xaponeses trouxo prototipos de Nissan e Toyota. En 1989 un WM - Peugeot estableceu unha nova marca de velocidade a 406 km/h na Ligne Droite des Hunaudières, famosa polos seus 6 km. de recta. Mazda sería o único fabricante xaponés de éxito, co seu motor rotativo 787B gañou en 1991. En 1992 e 1993, Peugeot entrou no deporte e dominou a carreira co Peugeot 905, así a fórmula dos grupos C e a World Sportscar Championship fóronse desvanecendo na participación.

O circuíto tamén se someteu a un dos seus cambios máis notables en 1990, cando os 5 km de longo Mulsanne foron modificados para incluír dúas chicanes para pór fin a unhas velocidades de máis de 400 km/h. Isto comezou unha tendencia pola ACO para tratar de frear os coches en varias partes da pista, aínda que as velocidades de máis de 320 km/h séguense alcanzando regularmente en varios puntos nunha volta.

1994-1999Editar

Tras a desaparición da World Sportscar Championship, Le Mans, viu un rexurdimento da produción baseada en coches de gran turismo. Grazas a unha lagoa nas normas, Porsche conseguiu convencer aa ACO que un Dauer 962 Le Mans superdeportivo era un coche de produción, permitindo a Porsche correr co seu Porsche 962 por unha última vez, dominando a pista. A pesar de que a ACO intentou pechar a lagoa legal para o ano 1995, o recen chegado supercoche McLaren ía gañar a carreira na súa primeira aparición grazas a súa fiabilidade, derrotando a prototipos máis propensos a avarías. A tendencia manterase a través da década de 1990, así se construíron supercoches máis exótico co fin de eludir as normas da ACO en relación cos coches de carreiras baseados nos de produción, o que leva a Porsche, Mercedes-Benz, Toyota, Nissan, Panoz e Lotus a entrar na categoría GT. Isto culminou na carreira de 1999, no que estes coches GT enfrontáronse cos Le Mans Prototype de BMW, Audi, e Ferrari. BMW conseguiría a vitoria, por primeira vez.

A forte presión dos fabricantes levou á ACO a prestar o nome de Le Mans a unha serie de coches deportivos nos Estados Unidos en 1999, coñecida como as American Le Mans Series, que compiten a día de hoxe e serven para cualificar os equipos para entrar en Le Mans.

2000-2005Editar

Moitos fabricantes de automóbiles retiráronse logo da carreira de 1999, debido aos custos. Só Cadillac e Audi mantivéronse, Audi dominou facilmente a carreira co seu R8. Cadillac retirouse da serie logo de tres anos, e aínda que Panoz, Chrysler e MG trataron de gañar ao Audi, non puideron igualar o rendemento do R8. Logo de tres vitorias consecutivas, Audi proveeu de motor, equipo, e pilotos ao seu socio corporativo Bentley, que regresara en 2001, e o Bentley Speed 8 foi capaz de gañar por diante dun Audi privado en 2003.

Desde o ano 2006Editar

A finais de 2005, logo de cinco vitorias absolutas do R8, e seis do seu motor turbo V8, Audi emprendeu un novo reto coa introdución dun motor diésel, un prototipo coñecido como R10 TDI . Aínda que non era o primeiro diésel na carreira, foi o primeiro en gañar en Le Mans. Esta época viu a utilización doutras fontes alternativas de combustible, incluíndo bioetanol, mentres que Peugeot decidiu seguir o exemplo de Audi e tamén incorporan un motor diésel no 2007 co seu 908 HDi FAP.

As 24 Horas de Le Mans de 2008 foi unha gran carreira entre o Audi R10 TDI e o Peugeot 908 HDi FAP. Logo de 24 horas de carreira, o Audi logrou gañar a carreira por unha marxe de menos de 10 minutos. Para as 24 Horas de Le Mans de 2009, Peugeot introduciu un novo sistema de recuperación de enerxía similar ao KERS utilizado en Fórmula Un. Aston Martin entrou na categoría LMP1, pero aínda así correu en GT1 cos equipos privados. Audi volveu co novo R15 TDI, pero esta vez gañou Peugeot, tendo o seu triunfo global por primeira vez desde 1993.

A carreira de 2010 reafirmou a carreira como proba de resistencia e fiabilidade. Ao axustar os seus coches e motores para adherirse ás regulacións de 2010, Peugeot elixiu a velocidade mentres que Audi elixiu a fiabilidade. Ao final da carreira, os catro Peugeots se retiraron, tres por fallas do motor, mentres que Audi terminou 1-2-3.

As carreiras de 2011 e 2012 estiveron marcadas por unha serie de accidentes. En 2011, na primeira hora, o Audi pilotado por Allan McNish estrelouse fortemente. Á noite, o Audi vencedor de carreiras pilotado por Mike Rockenfeller chocou de xeito similar entre as curvas de Mulsanne e Indianápolis. Ningún dos pilotos resultou ferido, nin tampouco ningún espectador. O terceiro coche de Audi pilotado por Marcel Fässler, André Lotterer e Benoît Tréluyer, gañou a carreira. A carreira de 2012 viu dous Toyotas de fábrica substituindo a Peugeot, que se retirou antes, pero un deles envorcou na curva Mulsanne. O piloto Anthony Davidson sufriu dúas vértebras rotas pero puido saír do coche. O outro Toyota retirouse con dificultades mecánicas pouco despois do atardecer, dando a Audi outra vitoria.

En 2011, a carreira foi a primeira rolda da Intercontinental Le Mans Cup, un intento de facer un campionato mundial de carreiras de resistencia novamente. En 2012, a carreira converteuse na peza central do Campionato Mundial de Resistencia da FIA, o sucesor da ILMC. O evento de 2012 foi a primeira vez que a carreira gañouna un vehículo eléctrico híbrido, que era o Audi R18 e-tron quattro.

Logo do dominio de Audi no evento a principios dos anos 2000, Toyota presentou coches competitivos desde o ano 2012, Porsche volveu a Le Mans en 2014 cun novo programa LMP1 de fábrica e Nissan volveu executar un programa LMP1 en 2015. Audi retirouse das carreiras nas 24 Horas de Le Mans en 2016 e Nissan só despois dun intento en 2015.

Porsche gañou a carreira en 2015, 2016 e 2017 co seu 919 híbrido e segue sendo o fabricante máis exitoso de Le Mans, con 19 vitorias en total, incluíndo sete consecutivas de 1981 a 1987.

AccidentesEditar

Le Mans é tamén coñecida polo peor accidente na historia do automobilismo, a chamada traxedia de Le Mans de 1955, no cal morreron ao redor de 80 persoas. Tan desgraciado suceso tivo como consecuencia a suspensión dun gran número de carreiras en 1955, incluíndo os grandes premios de Alemaña e Suíza.

Ao finalizar a tempada, tras gañar os campionatos mundiais de Fórmula 1 e de Coches de competición, Mercedes retirouse do mundo da competición como fabricante de motores, e non regresou ata 1987. A día de hoxe Mercedes-Benz, propietaria da marca Mercedes, aínda se sensibiliza co incidente, volvendo tentar a retirada da competición, en 1988 cando un Sauber-Mercedes sufriu un choque a alta velocidade por fallos nos pneumáticos, e en 1999 despois de que dous prototipos CLR elevásense polo aire e desen varias voltas de campá en Le Mans.

Accidentes similares involucrando un Porsche 911 GT1 e un BMW V12 LMR ocorreron en Road Atlanta durante a disputa das competicións franquiadas Petit Le Mans de 1998 e 2000, respectivamente.

Pilotos e marcas famosasEditar

 
Con 8 vitorias, Tom Kristensen é o piloto máis laureado da proba.

A marca máis famosa na historia das 24 horas é Porsche, a cal atesoura un total de 16 vitorias totais (incluíndo 7 triunfos seguidos, entre 1981 e 1987), seguida por Ferrari e Audi con 9. Os primeiros anos foron dominados por Bentley e Alfa Romeo, con catro triunfos consecutivos entre 1927 e 1930 e de 1931 a 1934, respectivamente. Os anos 1950 foron de gran éxito para Jaguar cos seus modelos C e D, gañando as edicións de 1951, 1953, 1955, 1956 e 1957, ano este último no que os Jaguar D coparon as catro primeiras posicións da clasificación. Ferrari triunfou seis veces seguidas desde 1960 ata 1965. O cambio de século viu a chegada dunha nova potencia, o Grupo Volkswagen cos modelos Audi R8 LMP (con triunfos en 2000, 2001, 2002, 2004 e 2005), Bentley Speed 8 (2003) (coa carrocería ao estilo Bentley pero con mecánica e tecnoloxía derivada do Audi R8), Audi R10 TDI (2006, 2007 e 2008; primeira vez en gañar un automóbil con motor diésel) e Audi R15 TDI plus (2010).

Nun duelo persoal entre os propietarios de ambas as compañías, Ford gañou a carreira entre 1966 e 1969 co modelo GT40, construído expresamente para derrotar a Ferrari, despois de que o seu fundador, Enzo Ferrari botásese atrás nun acordo de vender a súa compañía a Ford.

A única compañía xaponesa que gañou a proba foi Mazda, que o fixo en 1991 co prototipo de motor rotativo (motor Wankel) 787B. Toyota case venceu en 1999, pero problemas mecánicos na última hora relegárono á segunda praza.

Graham Hill é o único piloto en contar no seu palmarés coas 24 Horas de Le Mans, as 500 Millas de Indianápolis e o Gran Premio de Mónaco de Fórmula 1 (consideradas como as máis importantes carreiras de automobilismo a nivel mundial).

En 2008, Tom Kristensen impuxo unha marca absoluta de oito vitorias (seis delas consecutivas), destronando a Jacky Ickx, quen posúe un total de seis triunfos.

GañadoresEditar

Ano Pilotos Equipo Coche Pneu. Voltas Distancia Campionato
1923   André Lagache
  René Léonard
  Chenard & Walcker SA Chenard & Walcker Sport 3-Litre M


128 2209.536 km
1924   John Duff
  Frank Clement
  Duff & Aldington Bentley 3 Litre Sport D 120 2077.341 km
1925   Gérard de Courcelles
  André Rossignol
  Equipo sen nome Lorraine-Dietrich B3-6 D 129 2233.982 km
1926   Robert Bloch
  André Rossignol
  Equipo sen nome Lorraine-Dietrich B3-6 D 147 2552.414 km
1927   Dudley Benjafield
  Sammy Davis
  Bentley Motors Ltd. Bentley 3 Litre Super Sport D 137 2369.807 km
1928   Woolf Barnato
  Bernard Rubin
  Bentley Motors Ltd. Bentley 4½ Litre D 154 2669.272 km
1929   Woolf Barnato
  Henry Birkin
  Bentley Motors Ltd. Bentley Speed Six D 174 2843.83 km
1930   Woolf Barnato
  Glen Kidston
  Bentley Motors Ltd. Bentley Speed Six D 179 2930.663 km
1931   Conde de Howe
  Henry Birkin
  Conde de Howe Alfa Romeo 8C 2300 D 184 3017.654 km
1932   Raymond Sommer
  Luigi Chinetti
  Raymond Sommer Alfa Romeo 8C 2300 E 218 2954.038 km
1933   Raymond Sommer
  Tazio Nuvolari
  Soc. Anon. Alfa Romeo Alfa Romeo 8C 2300 E 233 3144.038 km
1934   Luigi Chinetti
  Philippe Étancelin
  Luigi Chinetti / Philippe Étancelin Alfa Romeo 8C 2300 E 213 2886.938 km
1935   Johnny Hindmarsh
  Luis Fontés
  Arthur W. Fox / Charles Nichol Lagonda M45R Rapide D 222 3006.797 km
1936 Carreira cancelada debido a unha folga de traballadores
1937   Jean-Pierre Wimille
  Robert Benoist
  Roger Labric Bugatti Tipo 57G Tank D 243 3287.938 km
1938   Eugène Chaboud
  Jean Trémoulet
  Eugène Chaboud / Jean Trémoulet Delahaye 135CS D 235 3180.94 km
1939   Jean-Pierre Wimille
  Pierre Veyron
  Jean-Pierre Wimille Bugatti Tipo 57S Tank D 248 3354.76 km
1940
to
1948
Carreiras non celebradas debido á Segunda Guerra Mundial e a reconstrución de Francia
1949   Luigi Chinetti
  Peter Mitchell-Thomson
  Lord Selsdon Ferrari 166 MM E 235 3178.299 km
1950   Louis Rosier
  Jean-Louis Rosier
  Louis Rosier Talbot Lago Grand Sport T26 D 256 3465.12 km
1951   Peter Walker
  Peter Whitehead
  Peter Walker Jaguar XK-120C D 267 3611.193 km
1952   Hermann Lang
  Fritz Riess
  Daimler-Benz A.G. Mercedes-Benz W194 C 277 3733.839 km
1953   Tony Rolt
  Duncan Hamilton
  Jaguar Cars Ltd. Jaguar Tipo C D 304 4088.064 km World Sportscar Championship
1954   José Froilán González
  Maurice Trintignant
  Scuderia Ferrari Ferrari 375 Plus P 302 4061.15 km World Sportscar Championship
1955   Mike Hawthorn
  Ivor Bueb
  Jaguar Cars Ltd. Jaguar Tipo D D 307 4135.38 km World Sportscar Championship
1956   Ron Flockhart
  Ninian Sanderson
  Écurie Ecosse Jaguar Tipo D D 300 4034.939 km
1957   Ron Flockhart
  Ivor Bueb
  Écurie Ecosse Jaguar Tipo D D 327 4397.108 km World Sportscar Championship
1958   Olivier Gendebien
  Phil Hill
  Scuderia Ferrari Ferrari 250 TR58 E 305 4101.926 km World Sportscar Championship
1959   Carroll Shelby
  Roy Salvadori
  David Brown Racing Dept. Aston Martin DBR1 A 323 4347.9 km World Sportscar Championship
1960   Olivier Gendebien
  Paul Frère
  Scuderia Ferrari Ferrari 250 TR59/60 D 314 4217.527 km World Sportscar Championship
1961   Olivier Gendebien
  Phil Hill
  Scuderia Ferrari Ferrari 250 TRI/61 D 333 4476.58 km World Sportscar Championship
1962   Olivier Gendebien
  Phil Hill
  SpA Ferrari SEFAC Ferrari 330 TRI/LM Spyder D 331 4451.255 km International Championship for GT Manufacturers
1963   Ludovico Scarfiotti
  Lorenzo Bandini
  SpA Ferrari SEFAC Ferrari 250 P D 339 4561.71 km International Championship for GT Manufacturers
1964   Jean Guichet
  Nino Vaccarella
  SpA Ferrari SEFAC Ferrari 275 P D 349 4695.31 km International Championship for GT Manufacturers
1965   Jochen Rindt
  Masten Gregory
  Ed Hugus
  North American Racing Team Ferrari 250 LM G 348 4677.11 km International Championship for GT Manufacturers
1966   Bruce McLaren
  Chris Amon
  Shelby-American Inc. Ford GT40 Mk. II G 360 4843.09 km International Championship for Sports-Prototypes
International Championship for Sports Cars
1967   Dan Gurney
  A. J. Foyt
  Shelby-American Inc. Ford GT40 Mk. IV G 388 5232.9 km International Championship for Sports-Prototypes
International Championship for Sports Cars
1968   Pedro Rodríguez
  Lucien Bianchi
  J.W. Automotive Engineering Ford GT40 Mk. I F 331 4452.88 km International Championship for Makes
1969   Jacky Ickx
  Jackie Oliver
  J.W. Automotive Engineering Ford GT40 Mk. I F 372 4997.88 km International Championship for Makes
1970   Hans Herrmann
  Richard Attwood
  Porsche KG Salzburg Porsche 917K G 343 4607.81 km International Championship for Makes
1971   Helmut Marko
  Gijs van Lennep
  Martini Racing Team Porsche 917K F 397 5335.313 km International Championship for Makes
1972   Henri Pescarolo
  Graham Hill
  Equipe Matra-Simca Shell Matra-Simca MS670 G 344 4691.343 km World Championship for Makes
1973   Henri Pescarolo
  Gérard Larrousse
  Equipe Matra-Simca Shell Matra-Simca MS670B G 355 4853.945 km World Championship for Makes
1974   Henri Pescarolo
  Gérard Larrousse
  Equipe Gitanes Matra-Simca MS670C G 337 4606.571 km World Championship for Makes
1975   Jacky Ickx
  Derek Bell
  Gulf Research Racing Co. Mirage GR8-Ford Cosworth G 336 4594.577 km
1976   Jacky Ickx
  Gijs van Lennep
  Martini Racing Porsche System Porsche 936 G 349 4769.923 km
1977   Jacky Ickx
  Hurley Haywood
  Jürgen Barth
  Martini Racing Porsche System Porsche 936/77 D 342 4671.83 km
1978   Jean-Pierre Jaussaud
  Didier Pironi
  Alpine Renault Renault Alpine A442B M


369 5044.53 km
1979   Klaus Ludwig
  Bill Whittington
  Don Whittington
  Porsche Kremer Racing Porsche 935 K3 D 307 4173.93 km
1980   Jean Rondeau
  Jean-Pierre Jaussaud
  Jean Rondeau Rondeau M379B-Ford Cosworth G 338 4608.02 km World Championship for Makes
1981   Jacky Ickx
  Derek Bell
  Porsche System Porsche 936 D 354 4825.348 km World Endurance Championship
1982   Jacky Ickx
  Derek Bell
  Rothmans Porsche System Porsche 956 D 359 4899.086 km World Endurance Championship
1983   Vern Schuppan
  Al Holbert
  Hurley Haywood
  Rothmans Porsche Porsche 956 D 370 5047.934 km World Endurance Championship
European Endurance Championship
1984   Klaus Ludwig
  Henri Pescarolo
  Joest Racing Porsche 956 D 359 4900.276 km World Endurance Championship
1985   Klaus Ludwig
  Paolo Barilla
  "John Winter"
  Joest Racing Porsche 956 D 373 5088.507 km World Endurance Championship
1986   Derek Bell
  Hans-Joachim Stuck
  Al Holbert
  Rothmans Porsche AG Porsche 962C D 367 4972.731 km World Sports Prototype Championship
1987   Derek Bell
  Hans-Joachim Stuck
  Al Holbert
  Rothmans Porsche AG Porsche 962C D 354 4791.9 km World Sports Prototype Championship
1988   Jan Lammers
  Johnny Dumfries
  Andy Wallace
  Silk Cut Jaguar Jaguar XJR-9LM D 394 5332.97 km World Sports Prototype Championship
1989   Jochen Mass
  Manuel Reuter
  Stanley Dickens
  Team Sauber Mercedes Sauber C9-Mercedes-Benz M


389 5265.115 km
1990   John Nielsen
  Price Cobb
  Martin Brundle
  Silk Cut Jaguar Jaguar XJR-12 G 359 4882.4 km
1991   Volker Weidler
  Johnny Herbert
  Bertrand Gachot
  Mazdaspeed Co. Ltd. Mazda 787B D 362 4922.81 km World Sportscar Championship
1992   Derek Warwick
  Yannick Dalmas
  Mark Blundell
  Peugeot Talbot Sport Peugeot 905 Evo 1B M


352 4787.2 km World Sportscar Championship
1993   Geoff Brabham
  Christophe Bouchut
  Éric Hélary
  Peugeot Talbot Sport Peugeot 905 Evo 1B M


375 5100 km
1994   Yannick Dalmas
  Hurley Haywood
  Mauro Baldi
  Le Mans Porsche Team Dauer 962 Le Mans G 344 4678.4 km
1995   Yannick Dalmas
  JJ Lehto
  Masanori Sekiya
  Kokusai Kaihatsu Racing McLaren F1 GTR-BMW M


298 4055.8 km
1996   Manuel Reuter
  Davy Jones
  Alexander Wurz
  Joest Racing TWR Porsche WSC-95 G 354 4814.4 km
1997   Michele Alboreto
  Stefan Johansson
  Tom Kristensen
  Joest Racing TWR Porsche WSC-95 G 361 4909.6 km
1998   Laurent Aïello
  Allan McNish
  Stéphane Ortelli
  Porsche AG Porsche 911 GT1-98 M


351 4773.18 km
1999   Pierluigi Martini
  Yannick Dalmas
  Joachim Winkelhock
  Team BMW Motorsport BMW V12 LMR M


365 4968 km
2000   Frank Biela
  Tom Kristensen
  Emanuele Pirro
  Audi Sport Team Joest Audi R8 M


368 5007.99 km
2001   Frank Biela
  Tom Kristensen
  Emanuele Pirro
  Audi Sport Team Joest Audi R8 M


321 4381.65 km
2002   Frank Biela
  Tom Kristensen
  Emanuele Pirro
  Audi Sport Team Joest Audi R8 M


375 5118.75 km
2003   Tom Kristensen
  Rinaldo Capello
  Guy Smith
  Team Bentley Bentley Speed 8 M


377 5146.05 km
2004   Seiji Ara
  Tom Kristensen
  Rinaldo Capello
  Audi Sport Japan Team Goh Audi R8 M


379 5169.9 km
2005   JJ Lehto
  Marco Werner
  Tom Kristensen
  ADT Champion Racing Audi R8 M


370 5050.5 km
2006   Frank Biela
  Emanuele Pirro
  Marco Werner
  Audi Sport Team Joest Audi R10 TDI M


380 5187 km
2007   Frank Biela
  Emanuele Pirro
  Marco Werner
  Audi Sport North America Audi R10 TDI M


369 5036.85 km
2008   Tom Kristensen
  Allan McNish
  Rinaldo Capello
  Audi Sport North America Audi R10 TDI M


381 5192.65 km
2009   David Brabham
  Marc Gené
  Alexander Wurz
  Peugeot Sport Total Peugeot 908 HDi FAP M


382 5206.28 km
2010   Mike Rockenfeller
  Timo Bernhard
  Romain Dumas
  Audi Sport North America Audi R15 TDI plus M


397 5410.71 km
2011   Marcel Fässler
  André Lotterer
  Benoît Tréluyer
  Audi Sport Team Joest Audi R18 TDI M


355 4838.30 km Intercontinental Le Mans Cup
2012   Marcel Fässler
  André Lotterer
  Benoît Tréluyer
  Audi Sport Team Joest Audi R18 e-tron quattro M


378 5151.76 km FIA World Endurance Championship
2013   Tom Kristensen
  Allan McNish
  Loïc Duval
  Audi Sport Team Joest Audi R18 e-tron quattro M


348 4742.89 km FIA World Endurance Championship
2014   Marcel Fässler
  André Lotterer
  Benoît Tréluyer
  Audi Sport Team Joest Audi R18 e-tron quattro M


379 5165.39 km FIA World Endurance Championship
2015   Nico Hülkenberg
  Earl Bamber
  Nick Tandy
  Porsche Team Porsche 919 Hybrid M


395 5383.46 km FIA World Endurance Championship
2016   Romain Dumas
  Neel Jani
  Marc Lieb
  Porsche Team Porsche 919 Hybrid M


384 5233.53 km FIA World Endurance Championship
2017   Timo Bernhard
  Brendon Hartley
  Earl Bamber
  Porsche LMP Team Porsche 919 Hybrid M


367 5001.834 km FIA World Endurance Championship
2018   Sébastien Buemi
  Fernando Alonso
  Kazuki Nakajima
  Toyota Gazoo Racing Toyota TS050 Hybrid M


388 5286.888 km FIA World Endurance Championship
2019   Sébastien Buemi
  Fernando Alonso
  Kazuki Nakajima
  Toyota Gazoo Racing Toyota TS050 Hybrid M


385 5246.01 km FIA World Endurance Championship
2020   Sébastien Buemi
  Brendon Hartley
  Kazuki Nakajima
  Toyota Gazoo Racing Toyota TS050 Hybrid M


387 5273.262 km FIA World Endurance Championship

Cultura popularEditar

As 24 horas de Le Mans foron o escenario da película de 1971, titulada Le Mans, producida e protagonizada por Steve McQueen. A película é considerada un clásico aínda apreciado por moitos afeccionados ao motor. Foi rodada no circuíto durante a carreira de 1970 utilizando vehículos reais que competiron o mesmo día, como o Porsche 917, o Ferrari 512 e o Lola T70.

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar