Chris Amon

Carreira na Fórmula 1
Nacionalidade Nova Zelandia Nova Zelandia
Anos en activo 19631976
Escudería(s) Reg Parnell Racing, Ian Raby Racing, Cooper, Amon, Ferrari, March, Matra, Tecno, Tyrrell, BRM, Ensign, Wolf
Grandes Premios disputados 108 (96 saídas)
Campionatos 0
Vitorias 0
Podios 11
Pole positions 5
Voltas rápidas 3
Primeiro GP Gran Premio de Mónaco de 1963
Derradeiro GP Gran Premio do Canadá de 1976

Christopher Arthur Amon MBE, nado en Bulls o 20 de xullo 1943, é un expiloto de carreiras neozelandés. Estivo en activo na Fórmula 1 nos anos 1960 e 1970 e é considerado como un dos mellores pilotos de F1 que nunca gañou un Gran Premio. A súa reputación de mala sorte era tal que o seu compañeiro, o piloto Mario Andretti chanceou unha vez dicindo que "se se convertese en enterrador, a xente deixaría de morrer".

Ademais de pilotar, Chris Amon tamén dirixiu o seu propio equipo de Fórmula Un durante un breve período en 1974. Lonxe da Fórmula Un, Amon tivo certo éxito en carreiras de autos deportivos, gañou as 24 Horas de Le Mans en 1966.

Traxectoria editar

Amon era fillo único dun rico propietario de ovellas, Ngaio Amon. Ao saír da escola, convenceu ao seu pai para que lle comprase un Austin A40 Especial, co que participou nalgunhas carreiras locais menores e hillclimbs, mentres traballaba na granxa familiar.[1] Máis tarde correu cun Cooper de 1´5 litros e logo cun vello Maserati 250F de 2´5 litros, pero só empezou a chamar a atención cando pilotou o Cooper- Climax T51 que Bruce McLaren utilizara para gañar o seu primeiro Gran Premio.[2]

Andaina editar

En 1962 Amon entrou en Cooper para a serie de inverno de Nova Zelandia, pero viuse obstaculizado por problemas mecánicos. Con todo, participou cun coche similar da Scuderia Veloce e, baixo a choiva en Lakeside, fixo unha boa carreira. Un dos espectadores era o piloto de carreiras Inglés Reg Parnell quen persuadiu a Amon para ir a Inglaterra e correr no seu equipo. En 1963 debutou na Fórmula 1. En 1964 continuou no equipo de Parnell, marchandose a Cooper onde permaneceu ata o ano seguinte, cando foi contratado por Ferrari. En 1966, en dúo con Bruce McLaren vence as 24 Horas de Le Mans. Os anos seguintes continua sen bos resultados na Fórmula 1 a pesar de ser recoñecido como un piloto rápido e de talento. En 1967 vence, en dúo con Lorenzo Bandini as 24 Horas de Daytona e as 1000 Millas de Monza. Sae de Ferrari ao final de 1969. En 1970 corre con March e o ano seguinte pasa para Matra, coche co que consegue a súa única vitoria a bordo dun coche de Fórmula 1: o Gran Premio da Arxentina de 1971 que, por ser unha proba fóra de campionato, non entra nas estatísticas da categoría. En 1973, coa saída da Matra das competicións o ano anterior, Amon acepta o convite de Tecno, mais o coche se mostra moi malo. Crea o seu propio equipo, pero o coche, o Amon F101, a pesar de bo potencial, móstrase pouco fiable. Ao final do mesmo ano, acepta a invitación de BRM e disputa algunhas carreiras coa mesma. En 1975 é contratado por Morris Nunn para desenvolver o coche do seu equipo, o Ensign. O ano de 1975 mostra poucos resultados, mais o ano seguinte comeza animado co 5º lugar en Bélxica e boas perspectivas en Suecia e Inglaterra, onde abandonou por problemas mecánicos. O accidente de Niki Lauda en Alemaña, aquel mesmo ano, fai que rexeite saír e acaba dimitindo de Ensign. Correu as probas finais do campionato a petición de Walter Wolf que comprara un Willians, abandonou definitivamente a Fórmula 1 ao final daquel ano.

Retirada editar

Logo da súa retirada da F1, Amon dedicouse á traballar na granxa familiar no Distrito Manawatu de Nova Zelandia durante moitos anos. Na actualidade está xubilado e vive na cidade xunto ao lago Taupo na Illa Norte de Nova Zelandia. A principios da década de 1980 foi famoso en Nova Zelandia por ser o piloto de probas no programa de televisión Motor Show e máis tarde por aparecer en anuncios de televisión.

Amon participou no deseño para mellorar o circuíto Taupo Motorsport Park. No Festival Automobilístico de Nova Zelandia de 2011, a vida e a carreira de Amón foron honrados cunha selección dos vehículos cos que competiu, tamén se utilizou o evento para recadar fondos para a fundación Bruce McLaren.[3] Amon volverá ser homenaxeado no festival en xaneiro de 2013.[4]

Legado editar

Malia non gañar ningún Gran Premio no campionato de Fórmula Un, Amon gañou oito Grandes Premios fóra de campionato, o Trofeo Internacional de Silverstone, os 1.000 km de Monza, as 24 Horas de Daytona, as Tasman Series e, quizais o máis importante de todos, as famosas 24 Horas de Le Mans (xunto a Bruce McLaren). Moitas destas carreiras atraían outros pilotos de F1 máis exitosos que Amon, a todos os cales foi capaz de superar.

Na Fórmula Un, Chris Amon participou en 96 Grandes Premios, logrando 5 poles, liderou 183 voltas en 7 carreiras, alcanzando 11 veces o podio e anotou un total de 83 puntos no Campionato. Amon ten a marca de ser o piloto de Fórmula 1 que competiu con máis marcas de coches no Campionato do Mundo, con trece.[5] A biografía 'Forza Amon' dá algunhas ideas sobre a súa vida persoal. O libro deixa claro un punto no que o propio Amón está en desacordo coa maioría dos comentaristas, a cuestión da súa mala sorte. Amon sinalou en varias ocasións que competiu durante unha década e media na Fórmula 1 e sobreviviu algúns graves accidentes, en particular en 1976, mentres que outros, incluíndo amigos como Bruce McLaren, sufriu lesións graves ou morreron.

Reflexionando sobre a morte de Jim Clark en 1968, Amon dixo: "Si isto pode pasarlle a Jimmy, ¿que posibilidades temos o resto de nós?, creo que todos o sentimos. Parece que perdemos ao noso líder."[6][7] En 1995, Amon foi incluído no New Zealand Sports Hall of Fame.

Resultados completos na Fórmula Un editar

(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.

Ano Equipo Chasis Motor 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 Pos. Pts.
1963 Reg Parnell Racing Lola Mk4A Climax V8 MON
NTS
BEL
Ret
NED
Ret
FRA
7
GBR
7
GER
Ret
ITA
NTS
USA NC 0
Lotus 24 BRM V8 MEX
Ret
RSA
1964 Reg Parnell Racing Lotus 25 BRM V8 MON
NSC
NED
5
BEL
Ret
FRA
10
GBR
Ret
ALE
Ret
USA
Ret
MEX
Ret
16º 2
Climax V8 AUT
Ret
ITA
1965 Reg Parnell Racing Lotus 25 BRM V8 RSA MON BEL FRA
Ret
ALE
Ret
ITA USA MEX NC 0
Ian Raby Racing Brabham BT3 BRM V8 GBR
NTS
NED
1966 Cooper Car Company Cooper T81 Maserati V12 MON BEL FRA
8
GBR NED ALE NC 0
Chris Amon Brabham BT11 BRM V8 ITA
NSC
USA MEX
1967 Scuderia Ferrari Ferrari 312/67 Ferrari V12 RSA MON
3
NED
4
BEL
3
FRA
Ret
GBR
3
ALE
3
CAN
6
ITA
7
USA
Ret
MEX
9
20
1968 Scuderia Ferrari Ferrari 312/67 Ferrari V12 RSA
4
10º 10
Ferrari 312/67/68 ESP
Ret
MON BEL
Ret
Ferrari 312/68 NED
6
FRA
10
GBR
2
ALE
Ret
ITA
Ret
CAN
Ret
USA
Ret
MEX
Ret
1969 Scuderia Ferrari Ferrari 312/69 Ferrari V12 RSA
Ret
ESP
Ret
MON
Ret
NED
3
FRA
Ret
GBR
Ret
ALE ITA CAN USA MEX 12º 4
1970 March Engineering March 701 Cosworth V8 RSA
Ret
ESP
Ret
MON
Ret
BEL
2
NED
Ret
FRA
2
GBR
5
ALE
Ret
AUT
8
ITA
7
CAN
3
USA
5
MEX
4
23
1971 Equipe Matra Sports Matra MS120B Matra V12 RSA
5
ESP
3
MON
Ret
NED
Ret
FRA
5
GBR
Ret
ALE
Ret
AUT ITA
6
CAN
10
USA
12
11º 9
1972 Equipe Matra Matra MS120C Matra V12 ARX
DNS
RSA
15
ESP
Ret
MON
6
BEL
6
GBR
4
10º 12
Matra MS120D FRA
3
ALE
15
AUT
5
ITA
Ret
CAN
6
USA
15
1973 Martini Racing Team Tecno PA123B Tecno F12 ARX BRA RSA ESP BEL
6
MON
Ret
SWE FRA GBR
Ret
NED
Ret
ALE AUT
NTS
ITA 21º 1
Elf Team Tyrrell Tyrrell 005 Cosworth V8 CAN
10
USA
NTS
1974 Chris Amon Racing Amon AF101 Cosworth V8 ARX BRA RSA ESP
Ret
BEL MON
NTS
SWE NED FRA GBR ALE
NSC
AUT ITA
NSC
NC 0
Team Motul BRM BRM P201 BRM V12 CAN
NC
USA
9
1975 HB Bewaking Team Ensign Ensign N175 Cosworth V8 ARX BRA RSA ESP MON BEL SWE NED FRA GBR ALE AUT
12
ITA
12
USA NC 0
1976 Team Ensign Ensign N174 Cosworth V8 BRA RSA
14
USW
8
ESP
5
18º 2
Ensign N176 BEL
Ret
MON
13
SWE
Ret
FRA GBR
Ret
ALE
Ret
AUT NED ITA
Walter Wolf Racing Wolf-Williams FW05 CAN
NTS
USA XPN

Resultados non de campionato editar

(key) (Carreiras en letra grosa indican pole position) (Carreiras en italica indican volta rápida)

Ano Equipo Chasis Motor 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14
1963 Reg Parnell Racing Lola Mk4A Climax V8 LOM
GLV
5
PAU
IMO
SIR
AIN
6
INT
Ret
ROM
SOL
Ret
KAN
DNA
MED
AUT
4
OUL
RAN
1964 Reg Parnell Racing Lotus 25 BRM V8 DMT
5
NWT
SIR
5
AIN
Ret
INT
5
SOL
Ret
MED
4
RAN
1965 Reg Parnell Racing Lotus 25 BRM V8 ROC
SIR
SMT
INT
Ret
MED
Ret
RAN
1967 Scuderia Ferrari Ferrari 312/67 Ferrari V12 ROC
NTS
SPC
INT
SIR
OUL
ESP
1968 Scuderia Ferrari Ferrari 312/67 Ferrari V12 ROC
4
INT
3
OUL
2
1969 Scuderia Ferrari Ferrari 312/69 Ferrari V12 ROC
INT
10
MAD
OUL
1970 March Engineering March 701 Cosworth V8 ROC
INT
1
OUL
1971 Equipe Matra Sports Matra MS120B Matra V12 ARX
1
ROC
QUE
4
SPR
INT
12
RIN
OUL
VIC
1972 Frank Williams Racing Cars March 721 Politoys FX3
Cosworth
ROC
BRA
INT
OUL
REP
VIC
Ret
1974 Chris Amon Racing Amon AF101 Cosworth V8 PRE
ROC
INT
NTS
1975 HB Bewaking Team Ensign Ensign N175 Cosworth V8 ROC
INT
SUI
Ret
1976 Team Ensign Ensign N174 Cosworth V8 ROC
5
INT
NTS

Notas editar

  1. "Drivers: Chris Amon". grandprix.com. Arquivado dende o orixinal o 26 de xaneiro de 2011. Consultado o 6 November 2012. 
  2. Prankard; Paragraph 1
  3. "Chris Amon to be honoured at NZ festival". crash.net. 6 January 2011. Arquivado dende o orixinal o 29 de novembro de 2012. Consultado o 30 October 2012. 
  4. "Festival to pay tribute to Kiwi hero". Pitpass. 6 November 2012. Consultado o 29 November 2012. 
  5. "Andrea de Cesaris drove ten different types of car in F1. Is this a record?". Ask Steven – ESPNF1.com. Consultado o 23 June 2012. 
  6. "DRIVERS: JIM CLARK". Grandprix.com. Arquivado dende o orixinal o 03 de febreiro de 2011. Consultado o 29 November 2012. 
  7. "Jimmy Clark". ddavid.com. Arquivado dende o orixinal o 05 de xuño de 2011. Consultado o 29 November 2012. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar